AS   AVES

Indice fotográfico

 

Problemas das aves

 ¿Paxaros ou aves?

Raras en Galicia :
 
Ouriol.
 
Noitebra
 
Gaio común.
 
Aguía real.
 
Aguia calzada.
 
Charrela.
 
Faisán.
 
Na  UVI:
 
Lista deles.
 
Urogallo  R.I.P.

 

Río Navea. Ourense. Fotografía do autor da web.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROBLEMAS  DAS  AVES  EN  GALICIA.  

    A situación das diversas especies da avifauna galaica é variable: frente á clara expansión do picaxuncos, da rula turca, do corvo cereixeiro ou da papuxa cabecinegra, en moitas especies obsérvase un paulatino declive, por exemplo na anduriña común, na rula común, no moucho común; outras están en franca regresión, que mesmo chega a ser dramática, como é no caso do arao, do bufo real ou da aguia real.

  Os factores que motivan esta situación de deterioro son múltiples. Entre eles está a apertura de pistas ata os lugares máis recónditos da xeografía galaica, cun mal entendido afán de promoción turística, de achegamento da cultura do automóvil a espacios ata agora relativamente silvestres; a reducción e contaminación das zonas húmidas así como os verquidos de diversa índole nos cauces fluviales; a progresiva urbanización e especulación do litoral; a elevada presión cinexética e a consecuente cesión da xestión da fauna ás sociedades de caza que, como primeira medida, eliminan ós posibles competidores, isto é, os predadores, en interese do monocultivo cinexético de perdices e coellos; a alteración da cobertura vexetal ( incendios, masivas repoboacións con eucaliptos e piñeiros e paralelamente, a imparable disminución da fraga autóctona); o incremento na utilización de insecticidas e herbicidas, etc.

   Considerando o desinterese manifesto da clase política ( máis atenta a fanfarrias e inauguracións) non podemos ser optimistas en canto á conservación das especies e do noso patrimonio natural en xeral. Velaí, como exemplo, a non toma en consideración polo Parlamento de Galicia da Proposición de Lei de Iniciativa Popular para a Conservación do Patrimonio Forestal de Galicia, subscrita por 34.000 sinaturas. A perda de identidade natural nesta terra só ten paralelismo na perda de identidade cultural. Con esta situación e desde esta perspectiva non se pode ser neutral.

      Xosé M. Penas-Patiño.

      Prólogo do libro Atlas Vertebrados de Galicia . Tomo II

      Aves. 1995.

      Copia ó pé da letra.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paxaros ou aves: unha diferencia.

 

O paporrubio é un paxaro, por suposto tamén unha ave.

A gaivota non é un paxaro, pero si é unha ave.

 

Ata non fai moito estaba a confundir o nome das aves e o nome dos paxaros. Evidentemente non son o mesmo. Todos os paxaros son aves pero o revés non é certo.

Ramón Sineiro, do Grupo Naturalista Hábitat, explica nun libro encantador "Aves do río Gafos", as diferencias:

"Todos os paxaros son aves, mais non todas as aves son paxaros". Por exemplo unha gaivota é unha ave pero no é un paxaro. En troca,...sigue decindo... un paporrubio é unha ave e tamén é un paxaro. Cál é a diferenza?

Os paxaros son todas aquelas aves que posúen a capacidade de emitiren trinos máis ou menos melódicos. Así de simple.

Subir.