Athene noctua.

Moucho galego. Mochuelo común.

O moucho común pódese atopar en toda Galicia inda que cada vez é menos abondoso.

As causas de que cada día vaia a menos,  hai que buscalas na despoboación de Galicia, no uso de raticidas,  nos incendios, na contaminación,  nos que morren debaixo dun coche polas noites, na caza ( hai moitos cazadores que deberan quedar na casa, son auténticos terroristas) , nos roubos ou destrucción de niños, etc.

O caso é que cada día hai menos mouchos  en Galicia e a situación é preocupante.

Ver outras características.

Ver outros bufos galegos.

salir.jpg (922 bytes) Saír                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MOUCHO COMÚN: características.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación habitats
     
Alimentación Curiosidades      Protección
     
Vese nos meses de... Interés          Bufo real   
     
Bufos galegos    O seu canto.                   Bibliografía
     
Videos IBC Birds Moucho salvado no río Lor

Actualizado  --> 09/02/2021

salir.jpg (922 bytes) Saír 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Othene noctua.

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Estrigiformes

Familia: Strigidae

Xénero: Othene

Especie:  Othene noctua

Nota: a familia dos strigidae son aves rapinas nocturnas de ollos grandes, peteiro curto e ganchudo, ás longas e redondeadas. Rostro en forma de corazón ou do símbolo infinito.

Nesta familia están os mouchos, os bufos e a Avelaiona (cárabo común).

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Moucho, Moucho galego, Moucho común.

Nalgunhas zonas de Pontevedra chámanlle o Jatomoucho. A razón está clara o seu repertorío de soídos, algúns bastante agudos imita os gatos miñando.

 

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome castellano

Nome castelán:

Mochuelo común.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

22 cms de media. 200 grs. de peso. 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

A súa plumaxe é de cor pardo. As partes superiores son pardas escuras moi apencadas en branco.

Os ollos son amarelos.

A cabeza é aplanada e a cola corta. Ten manchas blancas por todo o corpo.

É doado identificalo.

A señal de alarma é  "uuuj" ascendente e suave e que repite unhas 20 veces por minuto.

A súa voz é un "miu - miu " ou "mou - mou".

O seu voo e ondulado e baixo, pousa en postes ou penedos.

É moi importante observar que cando se asusta estira e encolle o pescozo nerviosamente.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Dibuxo de Carlos Moreno.

Arañas, grilos, miocas,  gusanos,  en xeral pequenos mamíferos como os topiños que é o que máis lle gusta, tamén  ratas e ratóns.

Tamén pequenos paxaros. Come tamén anfibios.

Caza máis ben pola noite, inda que as veces tamén se ve pola día.

 

Ir a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

É común en toda Galicia está moi ben representado no Xurés en Ourense e tamén na zona do invernadeiro e limítrofes.

De tódolos xeitos non é abondoso. O moucho gústanlle máis os terrenos máis abertos, e árbores separados e non moi densos.

Os insecticidas, sobre todo os raticidas, a caza ( nun campeonato provincial de caza presentouse un moucho, increible) , roubos de niños, etc, afectanlle moitísimo.

Tamén as liñas eléctricas teñan feito mella en todo tipo de bufos.

Os incendios tamén rematan cós bufos galegos.

Era unha ave común en todos os pobos galegos pero hoxe os pobos xa sabemos que non son o que eran, os prados as leiras os cultivos van desaparecendo e por contra veña estradas, veña vivendas, veña coches coas luces pola noite, así non hai maneira... Avanza o monte alto que tan pouco lle gusta, os eucaliptos e un longo etc.

Seica aguanta en Lugo, nalgúns viñedos e ribeiras fluviais do sur de Pontevedra e pouco máis... Tamén na Coruña e pola zona de Betanzos, Pontedeume, Carral e Carballo.

De tódolos xeitos en Galicia dun censo no 2003 que apuntaba a 1.058 parellas nidificantes pasouse a un 3,6% menos entre ese ano e o 2008.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Cría entre abril e xuño.. Pon de 3 a 4 ovos. As  21-29 días os paxaros xa voan.

A Galicia chega en Abril que realmente é cando empeza a cría.

O niño faino en buracos dos árbores. Gústanlle moito as cerdeiras.

Hai que dice que o moucho ten parellas estables para toda a vida. Dende logo non está confirmado.

 

 

Ir a características

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses ...

Dificil de ver xa que é nocturno, pero bueno,  de marzo ata final do verán as veces hai sorte.

 

Ir a características

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Grandísimo. O moucho é básico no campo, un auténtico aliado do labrego.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Está protexido.

Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

O moucho dí Xurxo de Vivero " ten unha pinta moi simpática, sobre todo, a súa mirada enfurruñada, impresión que da pola especial configuración da faceira e a cabeza. Cando colle medo por nos ver, bambolea cómicamente o seu corpo de atrás a adiante, ata que emprende a fuxida cun voo ondulado, semellante o dos petos, voo ven distinto o recto e potente das súas cazatas nocturnas".

O moucho, por común, é personaxe de moitos contos, ditos e cantares populares. Por exemplo:

"Cando o moucho mouchea, ou neva ou xea"

Esta ave estaba mal vista polo vulgo que a consideraba ave de mal agoiro, xa que din que venta a morte.

Por suposto que nona é. É unha auténtica aliada co agro e coa xente que traballa no campo. Imprescindible...

Os ingleses levaron o moucho no siglo XIX xa que o consideran beneficioso. Todo un exemplo a seguir.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Oir como canta e ampliar datos.

Oír como canta:

Oir como canta.   

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nota sobre os bufos galegos:

Nota sobre os bufos galegos:

Por bufos entendemos en Galicia as aves de rapina nocturna da familia dos estríxidos (familia strigidae como o moucho e estos bufos e a avelaiona...) como o Bubo bubo que é o bufo real e otros. En xeral todos teñen unhas características comúns como ter un corpo robusto, unha cabeza grande arredondeada cun peteiro forte e groso e uns ollos grandes redondos. A súa pluma é de cor parda arrubiada e as ás son anchas e longas.

Desgraciadamente en Galicia xa non queda o Bufo real ( Bubo bubo) de ata 1,70 cm. de envergadura, enténdese coas ás abertas... ( pódese atopar algún no Caurel pero teño as miñas dúbidas).

Bufo real, prácticamente desaparecido de Galicia, unha mágoa. Fotografía sacada do libro "As donas do Vento" de Xurxo de Vivero.

Bufo real. Fotografía sensacional de Lubonir Hlasek.

Falan de que se detectou o bufo real nos canóns do Sil, na Baixa Limia e na Serra de Pena Trevinca. Dende logo eu dudo moito estos datos.

José Curt falaba en 1980 de tres ou catro parellas. Mal chollo.

 O Bufo pequeno (Asio utus) sobre 90 cm. tamén moi escaso. Quizais no Courel.

O feito é que a súa población é totalmente descoñecido nestes momentos (decembro do 2005).

Bufo pequeno,prácticamente xa non quedan en Galicia, penoso. Fotografía sacada do libro "As donas do Vento" de Xurxo de Vivero.

Bufo pequeno (Buho chico) vai a menos.

Dende estas liñas apelamos os galegos que aman a súa terra para conservar o que temos e cuidar a nosa natureza.

Por último temos a Avelaiona (cárabo común) , Strix aluco que seica é moi abondoso en Galicia fálase de 1.400 parellas o que é un número importante.

A avelaiona bota entre 37-40 cms. Hai dúas formas unha cincenta e outra parda.

Vese nos bosques, principalmente caducifolios e tamén en parques urbáns con árbores vellas.

Avelaiona. Strix aluco. Cárabo común.

É moi clara a X branca que se ve entre o pico.

Sobre 40 cms.

Ten un cante moi característico.

Nesta imaxen vese perfectamente a X que rodea os ollos.

Oir o canto.

A avelaiona vese en moitos lugares. Aniña nos castaños e carballos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Fontes :

 Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.

O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de  Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.

Algunhas fotografías están sacadas do sensacional libro "As donas do vento" de Xurxo de Vivero.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Salvando un moucho.

 

 

Ir a características

 

Saír.