Larus
argentatus.
Gaivota clara.
(Gaviota argéntea).
Remato esta relación cunha ave que fai anos non se vía
en Ourense, chegaron na década dos anos oitenta. Hoxe (2002)
o río Miño en Ourense está cheo delas. É unha auténtica plaga. Trátase
da gaivota clara e da patiamarela.
¿ Por que será?.
Sin dúbida, si se ven no río Miño é por que non vai limpo. Non é normal. En novembro do 2003 xa son moitas menos: pecharon o
vertedeiro de Eiroás. En decembro do 2005 xa se ven moitas menos...
En Ourense vense gaivotas de dous tipos a
chorona
común e a gaivota clara. Hoxe son un
auténtico problema en Ourense.(No ano 2006 xa hai menos). Inda quedan no
2020 pero moitas menos.
Ve-las características.
Saír
As
gaivotas: características.
Nome
científico |
Nome
científico
Larus ridibundus Linn.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Charadiiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: Larus ridibundus
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Gaivota chorona común.
Outros nomes: en Portugal Guincho, en
Cataluña Gavina vulgar e en Euskadi Antxeta mokogorri.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Gaviota reidora común.
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
35-38 cms. Sexos iguais.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
A plumaxe cambia de inverno a verán,
de feito a plumaxe estival ten a cabeza achocolatada cun anel ocular
branco. En voo destaca o que se ve, unha mancha branca en cuña con beira
negra.
Plumaxe de inverno. É moi
característico a manchiña negra preto do ollo. ( Non é tan branca, a
foto non está ben. As ás son grises).
Mellor esta foto:
Tamén a seguinte:
Plumaxe de verán.
Importante: a gaivota reidora
parece, en tamaño, unha pomba, pouco máis.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Aliméntase de desperdicios, sobre todo
dos basureiros. Tamén come peixes, cangrexos e moluscos. Realmente come
de todo xa que as veces métense nos lugares de labor e comen miñocas e
insectos.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Cada día vense menos. Eu penso que
morren a maus da gaivota clara. É unha opinión persoal sin moito
fundamento, pero ahí queda.
Vese moito na beiramar e nos encoros do
interior.
Vese en toda a cunca do río Miño e o río Sil.
Persoalmente vín unha parella desta gaivota no
paseo das ninfas o día 17/10/2005.
Familia de choronas en Ourense. Novembro 2005
Como invernantes estímase unha población de
20.000 individuos.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
Aniña no chan preto da auga.
Pon a finais de maio 3 ovos que chocan os dous
sexos durante 25 días.
Os pitos voan as 6 semanas.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Veses nos meses de ...
Vese todo o ano.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
As gaivotas están sendo un problema en
Ourense, pero sono en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolado
por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis.
Na fotografía pode verse a orilla chea de
gaivotas. A fotografía está sacada en Ourense por debaixo da ponte
romana-medieval (2002).
Tamén se ve unha garza no medio do río.
Ir a
características
|
Oir
como canta e ampliar datos. |
Oir como canta:
Pódese
visitar esta páxina www. para oir como canta a gaivota e o mesmo
tempo ver outras fotografías e ampliar datos.
Hai tamén un video.
Ir a
características
|
Fotografías no río Miño.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Choronas no paseo das Ninfas. Río Miño en Ourense.
Novembro do 2005.
Ir a características
GAIVOTA CLARA.
Nome
científico |
Gaivota clara. Nome científico
Fotografía Kiko Arcas.
Desembocadura do río MIño. La Guardia. Galicia.
Larus argentatus Pontopp.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Charadiiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: Larus argentatus
Ir a
características |
Nome
galego |
Gaivota clara. Nome galego.
Gaivota clara. (Tamén Gaivota
patiamarela, inda que algúns autores falan de outra gaivota si ten as
patas amarelas). Outros nomes: en Portugal Gaivota de patas
amarelas, en Cataluña Gaviá argentat e en Euskadi Kaio hankahori
Ir a
características |
Nome
castelán |
Gaviota clara: nome castelán
Gaviota argéntea.
Ir a
características |
Nota sobre as gaivotas en Ourense: |
Gaivota
clara: Nota sobre as gaivotas en Ourense.
Nesta denominación utilizo a
bibliografía que aparece abaixo. Efectivamente observo que algúns
autores distinguen a gaivota clara da gaivota patiamarela, a primeira
como Larus argentatus e a segunda como Larus cachinnans. A bibliografía
usada engloba as dúas inda que fai referencias a subespecies.
Hoxe considérase que son a misma.
Para os non especialistas decir simplemente que as
duas son prácticamente iguais salvo que o parecer unha ten as patas
rosadas (Larus argentatus) e outra as patas amarelas (Larus cachinans).
No que sigue describo a Gaivota clara, pensando que
é a misma que a gaivota patiamarela.
|
Dimensións
e outras: |
Gaivota clara: dimensións.
55 cms. 900-1300 grs. Sexos semellantes.
Poden vivir ata 20 anos.
A media é de 13 anos.
Ir a
características
|
Identificación: |
Gaivota clara: identificación
Eu penso que si se ven no interior non
teñen problema de identificación.
Son grandes, moi grandes. Os adultos
teñen as partes superiores cincentas prateadas coas puntas das ás
negras.
Na cola ten manchiñas brancas, sendo a
cola negra.
O peteiro é moi grande e amarelo.
Teñen unha mancha bermella no extremo inferior do peteiro.
Ollos amarelos.
O resto vese na figura.
Os inmaduros teñen unha cor distinta,
máis oscuros.
Fotografía de Christoph
Moning
Nesta fotografía vese no
centro un inmaduro de 1º ano, observar que o pelo e pardo apencado. No
segundo ano xa se fan máis grises.
O seu grito: "kyau" e tamén
"kiaya kiaya kiaya kiayu"
Ir a
características
|
Alimentación: |
Gaivota clara: alimentación
No mar está claro: aliméntanse de peixes.
O que nos interesa nos ríos e ciudades:
Aliméntase de desperdicios, sobre todo
dos basureiros. Realmente come
de todo, incluso fan expolio de niños.
Comen de todo o que atopan, incluso vertebrados
vivos e outras aves. Así: ratóns e ratas, palomas e un longo etc.
No río comen de todo dende vexetais ata peixes.
Ir a
características
|
Habitats: |
Gaivota clara: Habitats
Por suposto que esta gaivota vese moito nas costas,
é unha ave marina sin lugar a dúbidas. Pero dende fai uns anos vese
moito tamén no interior.
Vese, polo tanto, moito o lado dos ríos nas ribeiras, por
suposto nas penedias e, como non, nos basureiros.
En Ourense por Quintela e xunto o paseo
das ninfas, teñen algúns penedos convertidos a brancos das súas
cagadas . É incrible o número delas que hai.
Son un auténtico problema. En Galicia van a máis
fálase de 70-80.000 exemplares segundo o ano. Eu penso que pasan con
moito das 100.000.
Hoxe están criando nos tellados das casas. Foron, polo menos en
Ourense, unha auténtica plaga. No 2005 van a menos.
Ir a
características
|
Niños: |
Gaivota clara: niños.
Cría colonial no chan das illas, nos
acantilados e mesmo, como non, nos tellados das casas.
É un número ver como alimentan a súa niñada,
son cariñosísimas.
Os pequenos fan un canto especial para pedir a
comida. A nai ou o pai ponse preto deles e vomitan o que lles da a gana
do que comeron. É un auténtico espectáculo velas.
Moitas veces os pais vomitan o que traen ou ben,
como se ve na fotografía, os fillos collen a comida da misma boca.
Aquí entra en xogo o punto bermello do pico.
Efectivamente ese punto é utilizado para solicitar o alimento. Os fillos
pican e pican esa zona.
Logo ven a aprendizase do vo que é outro
espectáculo.
Pon 2-3 ovos que chocan o macho e a femia durante
26-28 días, os polos voan as 6 semans.
Fan unha vixilancia incrible, nunca deixan a niñada
fora da vista, ben do macho ou da femia.
Cando están nos niños as gaivotas vólvense moi
agresivas. Esto é unha cousa que hai que ter en conta.
Por certo as gaivotas son monógamas, ou sexa as
parellas sono para toda a vida.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Gaivota clara: veses nos
meses de...
Todo o ano. Como invernante vese tamén
no interior.
As gaivotas son moi boas voadoras. Inda que non o
pareza. Efectivamente son capaces de cazar en voo e fan tamén voos
rasantes nos ríos moi espectaculares.
Ver destes tipos de espectáculos cando se lles tira
pan os parrulos no río Barbaña en Ourense, logo veñen as gaivotas a
collelos e precisamente con voos rasantes que son moi espectaculares.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Gaivota clara: Curiosidades:
As gaivotas están sendo un problema en
Ourense, pero sono en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolados
por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis.
En Ourense búscanse solucións, incluso se fala de
falcóns, unha barbaridade que non da resultado. O caso é que cada día son
máis e están a constituir un problema moi serio.
Na fotografía sacada polo autor da www vense un
grupo grandísimo de gaivotas xusto debaixo da Ponte Vella , no río Miño en Ourense.
Nun barrio de Ourense incluso instalaron un
cañón, por certo moi efectivo, para que non se pousen nos seus
tellados. Incríble.
En Ourense en agosto do 2004 están moi reducidas;
sin dúbida o peche do vertedoiro fixo disminuir moitísimo o número de
gaivotas.
As gaivotas son unhas aves moi queridas por moita
xente, realmente son moi bonitas. O que pasa que últimamente son moi
abondosas e pásanse un pouco.
As gaivotas indicaban e siguen a indicar os pescadores, mariñeiros e
navegantes que a terra está moi preto.
En moitas ciudades hai monumentos dedicados a esta
ave. Por exemplo na Coruña.
Fotografía da zona de Riazor.
Ir a
características
|
Oir
como canta e ampliar datos. |
Gaivota clara:
canto, ampliar
Pódese
visitar esta páxina www. para oir como canta a gaivota e o mesmo
tempo ver outras fotografías e ampliar datos.
Ir a
características
|
Gaivota
clara: fotografía
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Fotografía Kiko Arcas. Desembocadura do
río MIño. A Guardia. Galicia.
Ir a
características
|