Nome científico |
Nome científico:
Fotografía de Claude Rouche.
Motacilla alba alba. (Lin.)
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Paseriformes
Familia: Motacillidae
Xénero: Motacilla
Especie: Motacilla alba alba
Outros nomes: en
Portugal chámase Alvéola branca, en Cataluña Cuereta
blanca e por último en Euskadi Biztanikara zuri.
Nota:
Esta lavandeira é a máis común nos
ríos galegos, como o río Miño por exemplo onde se ven con
facilidade, aliméntandose de mosquitos e insectos. É a
Lavandeira branca.
Ir a
características
|
Nome galego |
Nome
galego:
Lavandeira blanca
Outros nomes: en Portugal chámase
Alvéola branca, en Cataluña Cuereta blanca e en Euskadi:
Buztanikara zuri.
Ir a
características
|
Nome castelán |
Nome castelán:
Lavandera blanca común.
Ó parecer o nome de "lavandera", en
galego "lavandeira" venlle de que o seu andar é exactamente
o mismo que as lavandeiras que lavan no río. Efectivamente
anda coma elas...
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
Sobre 18 cms. É un paxaro máis
ben pequeno pero a cola é longa. Ten unha envergadura de 34 cms
de media.
Ir a
características
|
Identificación |
Identificación:
Macho.
É un dos paxaros máis
coñecidos de Galicia xa que é moi abondoso sobre todo a beira do
río.
O macho ten negro a cabeza
a gorxa as patas e o peteiro. Son blancas a testa e o peito.
Gris ou cincentos as ás. A cola é negra.
Femia.
A femia é moi parecida pero
a cabeza e a gorxa son cincentas en vez de negras.
O camiñar move
constantemente o rabo.
O voo é moi característico
xa que vai subindo e baixando continuamente, e tamén capaz de
parar no aire.
Trátase dunha experta
collendo mosquitos no aire. Ten unha vista ademais prodixiosa.
É dos poucos paxaros que
podemos decir que camiña ou sexa que non vai a saltos. É moi
elegante.
Ver como camiña
13/05/2010
Ir a
características
|
Habitats |
Habitats:
Atópase sempre preto de
lugares de auga, pero últimamente podemos atopar este paxariño
en calquera lugar, incluso nunha acera de calquera cidade.
Gusta, de tódolos xeitos,
dos lugares de labor, prados, a carón do ganado, etc.
Ir a
características
|
Alimentación |
Alimentación:
Come preferentemente mosquitos
e insectos voadores de todo tipo. En terra tamén arácnidos,
vermes, pequenos moluscos, etc.
Ir a
características
|
Nidificación |
Nidificación:
Construe o seu nido en ocos
dos edificios, paredes, etc. Normalmente a unha altura
considerable, sobre 2,5 metros. Pon de mediados de abril a
agosto entre 2-6 ovos, que choca a femia e nacen os 15 días.
Ir a
características
|
Vese nos meses de |
Vese nos meses de ...
Realmente vese todo o ano
en Ourense polo menos. É moi común en todos os ríos de Ourense
cidade.
En Ourense tamén é gregaria
e as veces viven máis de cen xuntas.
Seica se teñen anelado
exemplares en Gran Bretaña e aparecer en Ourense. Chegan tamén
individuos ata de Islandia.
O seu canto.
Ir a
características
|
Protección |
Protección:
Está protexida e ademais está
considerada como de interés especial pola súa singularidade.
Ir a
características
|
O seu canto-ampliar datos sobre a
lavandeira: |
O seu
canto:
Neste
link
marabilloso podedes oir o seu canto e ampliar datos con
fotografías moi boas.
Ir a
características
|
Videos sobre a lavandeira |
Videos sobre a lavandeira.
Neste links tendes 14 videos especiais sobre
esta paxaro dos nosos ríos.
Links varios
Non funcionan.
Ir a
características
|