Ardea
cinerea.
Garza. (Garza real).
A garza vese actualmente en moitos ríos.
(A fotografía é de Gray Herón).
No río Miño en Ourense hai
moitas. Tamén no río Arnoia. O normal e vela no inverno
en Galicia.
Aliméntase de peixes, insectos, etc.
No ano 2000 vin unha garza
nun lugar incríble, na Serra de Chandrexa de Queixa nun regato. É a
primeira garza que vexo nun regato en plena serra.
É sedentaria, invernante e de interés especial.
Ver
características.
Saír
GARZA REAL:
características
Nome
científico: |
Nome
científico:
Fotografía sensacional de Dubois.
Penso que se trata dun inmaduro, polo cor gris da frente.
Ardea cinerea. (lin. 1758)
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Cicuniformes
Familia: Ardeidae
Xénero: Ardea
Especie: Ardea cinerea
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome galego:
Fotografía de Claude Ruchet.
Parece un inmaduro.
Garza. Garza real.
Outros nomes: en
Portugal chámanlle: garça real. En Cataluña: Bernat pescaire e
en euskadi: Lertxun hauskara.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Fotografía de Claude Ruchet.
Garza Real.
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
Unha media de 91 cms. Sobre 1600 grs. de
peso.
Presenta unha envergadura entre 1,65 m. a 2 m.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Casi do tamaño da cegoña (90 cms.), é doado
identificala nos ríos e lagoas galegos.
Nesta fotografía sensacional de Lynn Morag
vense as características típicas da garza, como son o peteiro
amarelo, a gran cella negra, así como o pescozo branco.
Pico amarelo e afiado, ten
ademais unha crista
ou sombreiro característico, como un mechón "O afro",
moi típico... Unha especie de boina que remata e dous plumóns máis longos. Nos ollos unha lista ocular negra.
O pescozo é branco pero no medio ten
unha linea negra. O lombo é gris cinza.
O seu voo é moi característico
xa que é moi lento e o seu pescozo forma unha ese, ademáis leva as
pernas estarricadas totalmente.
Pode confundirse coa cegoña, pero
esta ten en voo as ás brancas e negras e van rectas, mentras que a
garza son grises e as ás van arqueadas formando unha ponte.
A voz é un aspero "craac
croae". No voo un "creicc".
Os inmaduros teñen a frente gris. Fotografía
de Dubois.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Peixes, reptis, anfibios e insectos. Realmente come de todo
o que se atope na charca ou lugar onde esté, incluidos moluscos,
anfibios, etc.
De tódolos xeitos o que máis lle gusta son os
pequenos peixes.
Garza no río Miño
A garza caza inmovil totalmente, o peixe non
detecta as patas da garza e o seu pico atravesa o peixe que seguidamente
o traga sempre da cabeza a cola.
Esta garza está a comer unha troita no río Barbaña
en Ourense. Seguramente as troitas que suben a desovar. Fotografía
de xaneiro de 2021 que firma Oscar Pinal. Facía uns días que vin
subir dúas troitas, un macho e un femia, eran as únicas troitas
daquel anaco de río preto da desembocadura no río Miño, sin dudalo
iban o desove.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Nas lagoas e ríos.
Últimamente vin unha en Chandrexa de Queixa nun regato. Incríble.
O normal é vela no río Miño cando vai moi baixo
( pechan as comportas en Ourense) ou en río que van baixos, onde
poda andar e buscar a comida.
Evidentemente tamén en encoros sobre todo na cola
destes. O que pasa é que prefiren os ríos, os encoros cada vez teñen
menos que comer.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
Cría entre marzo e maio,
pon de 3 a 5 ovos e veñen o mundo os pequenos o cabo de 25-28 días.
Os niños fainos en árbores pero as veces ocultos
entre as canas e carrizos da orilla do río.
Os polos da garza son moi agresivos e deféndense moi ben.
A mai pesca e trae a pesca facendo ó chegar o niño
unha regurxitación (como si bomitara o que trae). Este proceso é
provocado metendo o pico o poliño no pico da nai. Cando xa é grande o
polo incluso chega a sacar do buche da nai a comida.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Veses nos meses de...
En outono , inverno, pero
realmente eu teñoa visto incluso en abril e no verán, dicen que estos
son exemplares inmaduros que quedan.
Na fotografía vese unha garza no medio do río
Miño en Ourense. As orillas están cubertas de gaivotas.
O mellor momento para ver as garzas é o anoitecer.
Poden verse garzas en Ourense, no río Miño, xunto a depuradora,
seguindo o paseo das ninfas, por Reza.
No outono do 2000 estou vendo duas parellas de
garza o redor da Ponte Vella. Unha delas ponse preto da ponte nunha
ramilla na orilla dereita xusto para arriba da ponte. Un espectáculo.
No 2005 en novembro hai máis de 10 parellas no río Miño.
Incrible.
Na fotografía, sacada no paseo das ninfas en Ourense,
o día 24 de novembro do 2005 había máis de 10 garzas e por riba de 50
cormoranes. Incrible.
Observar os cormoranes. As garzas estaban no
coiñal
Vín tamén garzas no río Lor. Mal chollo.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moitísimo. Como o de tódalas aves. O peor é que xa
se comenzan a ver en alta montaña, eso quere decir que a comida escasea
bastante noutros lugares habituais. Ademais a especulación e o momento
en que vivimos fan que os humedais, lagoas vaían desaparecendo.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Está protexida.
As garzas son beneficiosas para a pesca.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
"Cando a garza vai pró
mar, colle os bois e ponte a arar"
"Cando a garza vai prá terra, colle a brosa e
fai a estela"
Ir a
características
|
Defensa conxunta, unha curiosidade incrible: |
Defensa conxunta das garzas:
Conta Félix Rodriguez de la Fuente, no cuaderno
dedicado As Garzas, escrito no ano 1971, o susto que levou no río
Pisuerga una noite de acampada nunha andanza con outros compañeiros.
Dice que o entrar nunha zona do río, xa a noitiña,
foron recibidos por ruidos moi grandes, xunto con trozos de peixes
putrefactos, ras e un pouco de todo. O susto foi moi grande.
Efectivamente as garzas deféndense deste xeito, a
colonia de garzas vomitan todo o que comeron no día, todo xunto cun
ruido incrible.
Una forma orixinal de defenderse.
Ir a
características
|
Oir
o seu canto: |
Oir o canto das garzas:
Aquí
tendes varios tipo de cantos.
Neste outro tamén se pode oir
o canto das garzas. Ademais ver outras características.
Ir a
características |
Fotografías e bibliografía:
Río Miño 24/11/2005 o coiñal xunto a
depuradora estaba chea de garzas e no río había moitos cormoráns. A fotografía
está sacada dentro o outro lado do río.
A misma fotografía noutro lugar.
A misma fotografía aplicando un zoom moi
alto permite ver as garzas e os cormoranes.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
As curiosidades e outras cousas están
sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro
"Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un
libro
sensacional.
Tamén utilizo os cadernos de campo: la
garza. de Félix Rguez. de la Fuente.
Ir a características
Saír.
|