Cinclus cinclus..Merlo
rieiro.
(Mirlo
acuático)
Esta é unha ave abondosa en Galicia.
En Ourense inda se atopa en algúns ríos, con moita facilidade.
É unha auténtica
marabilla, é capaz de camiñar baixo a auga en busca de insectos, mesmo voar por debaixo
da auga. É un mergullador fantástico. O mirlo rieiro é un dos principais medidores da
contaminación dun río.
As
minicentrais e a contaminación rematan con este fenomenal buceador e
pescador.
Características.
Saír
MERLO RIEIRO
Características
Subir.
Cinclus cinclus.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Paseriformes
Familia: Cinclidae
Xénero: Cinclus
Especie: Cinclus cinclus.
Subir.
|
Merlo rieiro.
Merlo peixeiro. Merlo troiteiro. Merlo acuático.
Fotografía do autor da www. Río
Barbantiño. Ano 2004
Subir.
|
Mirlo acuático.
Fotografía do autor da web.
Subir.
|
Dimensións.
Fotografía de Luis M. Iglesias
Nuñez, sacada do libro "Ríos de Lugo" do diario El
Progreso.
Mie unha media de 18 cms. e ten sobre sobre 60 gr. de peso.
Subir.
|
Identificacións:
É inconfundible. Sempre á beira dos ríos pescando
unha e outra vez. Mellor sobre unha pedra sainte do río. Está sempre
tomando pulo, de arriba abaixo, non para...como si fixera reverencias.
Ten como un babeiro blanco debaixo da cabeza ata o
peito. A plumaxe é castaño escuro, tirando a negra. O rabo é moi
curto, que leva lixeiramente ergueito e move constantemente. Voa rápido
a rentes da auga. Esta é unha característica moi a ter en conta, tan
pronto se asusta, voa seguindo o curso do río en voo rasante, hai que
estar atentos.
O voo é moi rápido con gran aleteo.
Fotografía do libro
"Ríos, lagos, lagunas y marismas" de H. Blume.
O seu territorio non pasa dos 300 metros de río
máis ou menos nós novos, e 2 km. os adultos.
Subir.
|
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de insectos (larvas de
tricópteros, cabaliños do demos, escarabellos acuáticos,...etc) , caranguesos e
peixes, tamén ovos de peixe.
É un perfecto mergullador, capaz de
camiñar no leito do río levantar coios e comer o que se atopa de baixo.
É o número un como mergullador. Todo un artista...
Ver nun video como se alimenta.
Video especial.
Subir.
|
Habitats:
En moitos ríos galegos, pero sempre en augas claras e
de moita corrente, preferiblemente de máis do 5% de pendente, polo
tanto preferentemente nos cursos altos e medios dos ríos.
É , a súa existencia nun río calquera, sin lugar a dúbidas, unha
medida perfecta do
estado do río.
Está especialmente dotado para este habitats: os seus ollos son
planos e actuan como os dun buceador (con gafas claro), ve
marabillosamente debaixo da auga. Por outra banda os seus oídos e
orificios nasais péchanse o entrar en contacto coa auga. Unha
marabilla.
A súa plumaxe é moi densa e pasa varias horas cubríndoa dun
aceite impermeable que segrega dunha glándula que posúe na base da
cola, desta forma as plumas están secas cando o merlo sae da auga.
Fotografía de Flemming
Ahlmann.
As súas garras son incribles e suxétanse perfectamente o fondo do
río. Trátase dunhas garras bastantes grandes.
Nesta fotografía sacada da revista Quercus de
novembro do 2003 poden verse estas garras, moi grandes en relación o
tamaño do paxaro.
Subir.
|
Niños:
Cria de marzo a xulio. Os niños faino baixo
as pontes
e tamén en gretas e en zona de canóns ou gargantas, ou tramos
encaixados do río, onde o acceso dos humáns non é tan doado.
.
As veces tamén utiliza as fervenzas para facer o
nido xusto por debaixo a medio metro de onde cae a auga, de forma que
para entrar no niño ten que mollarse.
O macho e a femia construen un niño abovedado de musgo, herba e
follas. ( Ver a fotografía sacada da Guía visual Océano).
No niño ten normalmente entre catro
a seis ovos que choca a femia e alimenta tamén a o macho, normalmente
sobre 25 días. Nesta época é cando máis se ven xa que non paran en levar
comida o niño.
Dúas roladas.
Subir.
|
Vese
nos meses:
De marzo a setembro. Inda que eu teño visto mirlos en xaneiro.
En ríos de alta montaña vese
perfectamente nos meses de verán. Algúns empezan o cambio de plumas a
finais de agosto, entón desaparecen do río xa que busca refuxio o non
poder voar, durante unhas semáns.
Vín merlos en marzo
en Chandrexa de Queixa, tamén no río Arenteiro na parte baixa, por
Pazos.
Nesta fotografía hai un merlo,
sinto que non sexa mellor. Por certo neste lugar había máis de tres
parellas de merlos rieiros.
Normalmente hai entre 3 a 10
parellas cada dez kms. de río.
Subir.
|
Interés:
De interés especial. O merlo vai marcar a calidade
das augas; un merlo nunca estará onde o índice de macroinvertebrados
sexa baixo ou nulo, por unha razón moi sinxela, non terá que comer.
Os datos que hai actualmente é que estos
índices
teñen que ser superiores a 40 o que vai corresponder cunha calidade de
auga aceptable, boa ou moi boa.
Trátase polo tanto dun bioindicador fundamental.
Ver este video marabilloso:
Subir.
|
Protección:
Nidificante-sedentaria, de interés especial y
estrictamente protegida. Trátase dunha especie terriblemente sensible a contaminación dos ríos.
No está considerado como unha especie ameazada
actualmente.
Subir.
|
Curiosidades:
É un pescador nato cunha técnica moi depurada. Parece
que nada debaixo da auga.
Está de moda "a proba do mirlo" para medir a
contaminación dun río galego calquera.
O mirlo rieiro é un dos principales medidores da
contaminación dun río.
Fotografía de Luis M. Iglesias
Nuñez, sacada do libro "Ríos de Lugo" do diario el
Progreso.
A "proba do mirlo" consiste neso, ver si no
río hai mirlos, si nonos hai malo...o río está contaminado.
De tódolos xeitos as veces vense en lugares incribles. En
xaneiro do 2001 co río Barbaña ( en Ourense) moi crecido vín un mirlo a altura do
Polvorín, cando o río Barbaña leva unha porcentaxe enorme de augas
fecais. Claro que era unha enchenta.
Si hai mirlos o río goza de boa saude , si non
existen está contaminado dalgunha forma. O normal son 3 a 10 parexas
cada 10 km de tramo de río.
Sobra que diga, cae de caixón, que as minicentrais nonas pode ver, non lle aportan
nada máis que disgustos, moitos máis que ó que escribe estas liñas,
que xa é decir.
Fotografía do autor da www. Río
Maceda 2005.
Subir.
|
Oir o canto:
Un link onde se pode escoitar o canto do
merlo rieiro é
o seguinte.
Este link ten a peculiaridade dos distintos tipos de canto.
Aparte ten outras peculiaridades este link marabilloso.
Subir.
|
Fotografía
de José Luis Gómez de francisco, revista Quercus Novembro do 2003
Nesta revista faise un estudio sobre o
merlo na comunidade valenciana, estudio que fai referencia os
tamaños, habitat, problemas de conservación, niños, etc.
Descoñezo si hai estudios feitos en
Galicia, si me consta que hai en Navarra (onde houba unha disminución dun
10% nós últimos anos) e en Cataluña (unha disminución dun 25%
entre 1975 e o 2002.
O que está claro é que vai a menos.
Subir.
|
O
MIRLO BUCEA A CONTRACORRIENTE.
Fotografía do autor da www. 2004. Río
Barbantiño Ourense.
Efectivamente o mirlo é capaz de
bucear nun río, sempre a contracorriente. Baixa o fondo e levanta as
pedras para buscar gusarapas, besbellos e o que se tercie. Sempre a
contracorrente. A operación dura entre 5 a 10 segundos, como moito 15
segundos. Mesmo que voa por debaixo da auga. Logo camiña polo fondo,
sempre coa cabeza gacha e o corpo oblicuo. É a propia forza da corrente
a que o mantén pegado o fondo, todo un truco do merlo rieiro
descuberto nos videos sacados.
Características
especiais do merlo para o buceo:
Este merlo da fotografía pasouno mal cando veu
a avalancha da apertura da minicentral. Ano 2004. Río Barbantiño-
Ourense. Fotografía do autor da www.
Evidentemente para
facer todo o anterior necesita ter unhas cualidades que non ten
ningunha ave no mundo a saber:
.-Os ollos
convértense en planos cando bucea, como se foran unha escafandra,ou
mellor inda unhas gafas de buceo sensacionais.
.- Tapónanse os oidos
e o nariz totalmente para que non entre auga.
.-Aíllase as súas
plumas totalmente, para elo nos momentos que está fora unta as ás
cun producto especial, un aceite impermeable, que ela mismo elabora
nunha glándula que posee na cola.
.-Ten unhas garras
que lle permiten moverse polo fondo do río sin ningún problema de
resbalar ou que sexa arrastrada pola corrente do río.
As garras son incribles.
Subir.
|
Links sobre o mirlo acuático:
La Sociedad Albacetense de
ornitología..
Este link
últimamente non funciona. Unha mágoa
Un link interesante onde se pode ver unha película deste paxaro é
:
As aves na ría de
Noia.
Tamén este
link é
sensacional. Para buscar o sonido basta escribir cinclus na ventana
de búsqueda. Merece a pena...
Por suposto este é único.
Subir.
|
Videos sobre o merlo rieiro.
Hoxe en internet podemos atopar de todo,
é certo que moitas cousas de "pouca calidade" pero tamén cousas
de moita, moitísima calidade.
Esta é una dirección que selecionada
videos de aves de todo o mundo, pero sensacionais para entender e
saber sobre elas.
A miña admiración a esta páxinas que
ofrecen calidade. Este é o link.
Aquí atoparedes varios videos (14 videos
sensacionais) dedicados o Merlo rieiro.
Outros videos.
De todos eles gústame persoalmente
este de J. Falagan feito en Riaño:
Riaño, León, Spain (ssp aquaticus).
©
J. Falagán
Duration 39 s Recorded 17 September 2005 Added to IBC 19 January 2007
Play
video (3941 Kb) ( V.Q: 4.78 O.I: 4.56 )
Video especial.
Video superespecial. Félix Rguez. de la Fuente.
Subir. |
|