Columba palumbus.
Pombo torcaz.
(Paloma torcaz).
Esta paloma atópase en todo o territorio galego; é
bastante común. Cria ata 1500 m. de altitude e atópase donde hai prados alternando con
terreos de cultivos intercalados.
Tamén se pode atopar en alamedas e xardíns.
Aliméntase de millo, sementes de gramíneas, miñocas, caracois e
insectos.
Ver características
Saír
Pombo torcaz. Paloma torcaz.
Nome
científico |
Nome
científico:
Columba palumbus
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Columbiformes
Familia: Columbidae
Xénero: Columba
Especie: Columba palumbus |
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Pombo torcaz
Outros nomes: en Portugal pombo torcaz, en
Cataluña Tudó e en Euskadi Pagauso.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Paloma torcaz.
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
41 cms de media. Sexos iguais. Envergadura sobre 70 cms.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Coloración xeral cincenta, peito e patas granates,
extremo do rabo negro.
Na parte posterior do pescozo ten claramente dúas manchas
unha verde e outra blanca que se observan claramente na fotografía.
O voar vense dúas manchas brancas, a xeito de anel unha en
cada á. Observar o dibuxo.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Millo, sementes de
gramíneas, bagas de loureiro, landras e unha completa dieta con
miñocas, caracois e insectos.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Fragas caducifolias, piñeirais, alamedas e parques
urbáns.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
Cria de abril a xullo. Niño nun árbore entre 3 e 15
m. Pon 2 ovos que chocan os dous ata 17 días. Os pichóns voan os 30
días.
Os pichós seica reciben o leite
de papo dos seus pais. Este seica é un feito excepcional no mundo
das aves. Pola miña parte descoñecía este feito.
Dúas roladas.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de ...
Abril a agosto.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Especie vulnerable, xa que é
unha das especies máis cotizadas e perseguidas polos cazadores.
Evidentemente esto pode facer peligrar a súa existencia.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Especie vulnerable.
É unha das especies máis cotizadas e perseguidas
polos cazadores. Evidentemente esto pode facer peligrar a súa
existencia.
Ir a
características
|
Oir
o seu canto: |
Oir o seu
canto:
Oir o
seu canto. O pombo e a rula
dise que arrola.
Arrolo: un canto monocorde e rouco co que a rula e o pombo atraen
as súas femias.
Idea recollida do libro "As
linguas dos animais", dentro da colección "Contos do Miño" de
A nosa terra. O autor do libro é Anxo Fariña. 2006. Bonito conto.
Ir a
características |
Bibliografía
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están
sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro
"Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un
libro sensacional.
Tamén ampliei datos co libro "As aves do
río Gafos" de Ramón Sineiro. Vaipolorío.
Ir a características
Saír.