Cuculus canorus.

Cuco. (Cuco común)

 

Poño esta ave xa que para mín representaba nos meses de marzo e abril o canto máis salientable que se escoitaba nos ríos de Ourense. O cuco escoitabase moi lexos... "cu - cu...cu-cu" daba gusto... Ademais, non fallaba, era moi común.

Hoxe en xuño do 2009 xa se comenza a decir que o Cuco xa non se escoita en moitos bosques galegos. Pode ser casualidade, pode, quero pensar que sexa cousa deste ano, que o ano que ven teñamos o cuco a cantar a tope... Quero pensar que aquela "Primavera Silenciosa" da que falaba unha ecoloxista nos anos sesenta inda non chegou a Galicia, inda está lonxe... Dende logo mal camiño levamos cos nosos ríos e os nosos bosques... a contaminación, os malos usos, os incendios, as talas indiscriminados e nada científicas e sobre todo os pesticidas están levando todo a perdición absoluta...Ademais...os que mandan e podían facer algo, non fan nada. Eu penso que non saben...

 Ver características. 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do Cuco

 

Fotografía de Hannu Ekblon.

Fotografía de Hannu Ekblom

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación. Video BBC. Habitat
     
Alimentación Niños. Videos 10. Vese nos meses de ...
     
Protección Canto do Cuco    Interés                           
     
Folk do Cuco Curiosidades          Bibliografía.
     
Outro cuco máis en Ourense Bibliografía. Reloxo de cuco
     
 

Modificada 06/06/2024

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Nome Científico:

Nome científico:

Cuculus canorus Linn.

riosnat96.jpg (23552 bytes)

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Cuculiformes

Familia: Cuculidae

Xénero: Cuculus

Especie: Cuculos canorus.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Cuco

Outros nomes: en Portugal chámase Cuco-canoro, en Cataluña Cucut e en Euskadi Kukú.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Cuco

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Fotografía de Hannu Ekblom

Sobre 33 cms de envergadura de media.

 

 

 

Os machos e as femias son semellantes, inda que a femia soe ser máis apardada.

Fotografía Nicolai/Singer/Wothe

Nesta fotografías vense os dous. A femia é a da dereita.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

riosnat96.jpg (23552 bytes)

Os machos teñen a coloración cincenta que se ve na fotografía. O seu peito permite doadamente identificalo. Ten una ala caudal moi longa e cincenta o mesmo que as  ás, que son estreitas.

Voando semella un falcón. Pero é distinto.  O pico non ten nada que ver, aparte do vo.

O cuco non planea e move as ás de arriba abaixo dunha forma especial. Normalmente non pasa coas súas ás da media do corpo.

Nesta sensacional fotografía de Jiri Bohdal está collida nun momento que as ás se acercan o punto central.

Nesta outra, tamen sensacional, descoñezo o autor pode apreciarse que as ás non pasan dun plano teórico que atravesaría o cuco polo medio e por suposto paralelo o horizonte.

A femia é similar pero algo máis apardada.

Ver na fotografía anterior o cuco femia. É moi máis apardada.

Fotografía de Hannu Ekblom

Ten amarelas as patas,a base do pico e o iris dos ollos.

Sensacional fotografía do cuco. Descoñezo o autor.

:

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía de Hannu Ekblon.

Aliméntase de vermes, eirugas, especialmente a procesionaria do piñeiro (trátase dunha ave moi beneficiosa para os piñeiros), arácnidos, avelaiñas e insectos.

Claro que cós tratamentos que hai hoxe para as plagas de estos piñeiros, evidentemente o cuco ten que verse afectado.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Fotografía de Hannu Ekblom

Monte baixo, cultivo con arboredos intercalados. Tamén na beira dos bosques.

Teño oído cucos nas beiras dos ríos, nas primeiras árbores en segunda liña, sobre todo en Leboreiro (Ourense).

Este ano 2010 escoito o cuco nos lugares habituais de sempre así en Calvos (Vilasouto-Lugo), en Barxa (A Gudiña), etc.

No escoitei o cuco en Calvos no ano 2024. Mal síntoma...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

O cuco é un páxaro que pon o ovo en nido alleo, xeralmente de lavandeira, carrizo, etc.

O que máis utiliza é o carrizo, pero tamén ferreiriños e paporrubios.

Esto sábese dende moi antigo, o cuco pon os ovos en nido alleo. O cuco femia está vixiando a femia de outros paxaros e cando esta se aparta do niño pon o seu rápidamente e guinda un dos outros, así a nai non se dará conta do cambio.

É asombroso o parecido dos ovos do cuco cós ovos do paxaro onde fai a operación anterior. O único que o ovo soe ser un pouco máis grande, polo demais é clavado. Incluso pode cambiar a cor según sexa o nido de lavandeira, carrizo ou outro.

O pito o cabo duns días guinda fora do niño os outros paxariños. Os 12 días xa voa.

Fotografía de Hannu Ekblon.

Este proceder do cuco produce cousas moi curiosas: as veces o cuco fillo é moi maior que os seus pais, pode darse o caso de que o pai sexa un chochín ou unha carriza. Este dende logo alimenta o seu fillo sin rechistar.

Nesta fotografía sacada deste link vese perfectamente a un carrizo pequeniño como todos os carrizos alimentando a un xigante como o cuquiño. Hai cousas na vida...

 

Hai paxaros que rechazan estos ovos como son a rula que se da conta e guinda o ovo que é máis grande, pero esto é a excepción. Tamén si non se da conta logo cando os cría deixa morrer de fame o cuco, xa que non o alimenta por ser distinto os outros... O carrizo sempre acepta o ovo.

Ver este video de youtube, sobre este detalle do cuco. Aquí vese como nun niño puxo o cuco o seu ovo, e o cuquiño que nace o primeiro que fai e guindar o resto fora...

Seguidamente os pais soio alimentan ao cuquiño que come todo ó que lle chega e crece moito, moitísimo...as veces é tres ou catro veces os pais e estos non se dan conta...como ensina a vida na natureza... Ver este video. Onde os pais alimentan o cuco, ata fora do nido...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

Chega en marzo e marcha (baixe para Kenia, África do Sur, etc.) en xullo e agosto. É moi común.

O cucu marca a primavera,  é todo un reloxo, normalmente canta no mes de abril a mediados, pero pode adiantarse.

Hoxe en xuño do 2009 xa se comenza a decir que o Cuco xa non se escoita en moitos bosques galegos. Pode ser casualidade, pode, quero pensar que sexa cousa deste ano, que o ano que ven teñamos o cuco a cantar a tope... Quero pensar que aquela "Primavera Silenciosa" da que falaba unha  ecoloxista, en realidade era unha investigadora que escribía libros en defensa da natureza,  nos anos sesenta inda non chegou a Galicia, inda está lonxe... Dende logo mal camiño levamos cos nosos ríos e os nosos bosques...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Nidificante- estival de interés especial.

Aliméntase de vermes, eirugas, especialmente a procesionaria do piñeiro (trátase dunha ave moi beneficiosa para os piñeiros) entre outras cousas.

O interés por manter este paxaro é moi importante.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Nidificante- estival de interés especial

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

riosnat96.jpg (23552 bytes)

Poño esta ave xa que para mín representa nos meses de marzo e abril o canto que se escoita nos ríos de Ourense. O cuco escoitase moi lexos.... "cu - cu...cu-cu" da gusto...

Pero ollo...

Hoxe en xuño do 2009 xa se comenza a decir que o Cuco xa non se escoita en moitos bosques galegos. Pode ser casualidade, pode, quero pensar que sexa cousa deste ano, que o ano que ven teñamos o cuco a cantar a tope... Quero pensar que aquela "Primavera Silenciosa" da que falaba unha ecoloxista, Rachel L. Carson,  nos anos sesenta inda non chegou a Galicia, inda está lonxe... Dende logo mal camiño levamos cos nosos ríos e os nosos bosques...

 

Confirmo que no ano 2010 o Cuco cantya en Galicia onde tiña que cantar... Menos mal...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Oir como canta e ampliar datos.

O canto do cuco:

Fotografía de Hannu Ekblom

Canto directo do cuco.

O cuco seica canta co pico pechado, así o sonido é fortísimo e chega moi lonxe, casi nun círculo dun quilómetro. Ver este video que o demostra.

Por certo o cuco cuca, así é a súa fala. Cucar é sin dudalo cantar o cuco.

 

Idea recollida do libro "As linguas dos animais", dentro da colección  "Contos do Miño" de A nosa terra. O autor do libro é Anxo Fariña. 2006. Bonito conto.

 

 

Atención:

Hoxe en xuño do 2009 xa se comenza a decir que o Cuco xa non se escoita en moitos bosques galegos.  Quizás vamos hacia unha "primaveira silenciosa" como decía Rachel L. Carson en 1962 e que tanto criticaron...decía que os insecticidas remataban con todo incluso o home...e seguramente sexa certo...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Folk do cuco:

Folk do Cuco:

Fotografía de Hannu Ekblom

O cuco ten sona entre os labregos de paxaro moinante (amigo de enganos), polo ben que se apaña para enganar aos compañeiros. Trátase polo tanto do símbolo do egoismo.

É considerado o pregoeiro da primaveira.

Fotografía de Hannu Ekblon.

Algúns utilizan o cuco para saber cantos anos lle quedan de vida, para elo a mañanciña hai que ir onde se escoite o cuco, por exemplo preto do río mao en Leboreiro no mes de marzo, unha vez no lugar hai que decir:

Cuco rei, cantos anos vivirei?.

Tantas veces como faga cu-cú o cuco, eses son os anos a vivir.

Tamén se lle pode preguntar:

 "Cuco, Farruco, cando me casarei?.

Cada cu-cú de resposta indica os anos de soltería.

Algúns refráns:

Canta o cuco, tempo enxuto.

"Cu-cú, tapo-cú, Cu-cú tapo-cú" (para indicar que pode chover, ou sexa cambiar o tempo).

 "Dende que ven o cuco, fora o pulpo".

"Cando canta o cuco logo ven o grau o suco"

riosnat96.jpg (23552 bytes)

Un conto moi interesante sobre o cuco é o seguinte:

  "Dicen que cando os rapaces atopan un niño calquera, non convén falar en alto,  xa que si se entera o cuco estará moi atendo. Si os rapaces falan deben falar de seixos, ou sexa chamarlle os ovos seixos, xa que si lle chaman ovos ven o cuco e comeos, mentras que si lle chaman seixos ven o cuco e deixaos".

O cucu tamén está moi presente na poesía, por exemplo:

O cuquiño a cucar,

a ruliña a rular;

colle o foliño e vai sementar

É unha boa mostra do anterior.

Catro aves escollidas

son as que pasan o mar;

o cuco e máis a anduriña,

a rula i o paspallás.

Poesía chea  de saudade. 

Outra poesía que sona moi ben é a seguinte:

O cuco

O cuco, cuco, cuqueiro.

O cuco, cuco, cucón.

¡Madrugón e cantareiro!

¡Cantareiro e madrugón!

Óise pola carballeira

o vello cuco souril

ó nacer a Primaveira

entre o Marzo e o Abril.

¡O vello cuco, cucou

e moito máis cucará!

¡O cuco non me capou

e nunca me capará!

Polas mañás ben cediño

o cuco canta "cú-cú".

¡Como o teño por veciño

eu trato ao cuco de tu!

Sacada dun traballo sobre o cuco feito por Antonio Pestana.

Convén aclarar que cando se fala de que o cuco pode capar os homes estase referindo a unha historia que se escoita por Galicia de que a primeira vez, soio a primeira, que se escoita o cuco na primavera debemos ir co estómago non baleiro si non é probable que non teñamos fillos...Logo o resto do ano non importa...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Outro cuco en Ourense:

Outro cuco en ourense:

En Galicia houbo ata non fai moito outro cuco o cuco papudo (Clamator glandarius Linn) que era moi común sobre todo en zonas cálidas de Ourense.

Hoxe xa non é tan común.

Este cuco pon tamén os ovos en niño alleos, máis os seus polos críanse xunto cos das grallas, pegas, choias i estorniños.

Fotografía de Ricard Gutiérrez.

A parte de arriba son mouras apencadas en branco. O pescozo é branco amarelo. O rabo ten socalcos na parte posterior.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía da ficha:

Fontes :

 Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Tamén o Libro "As aves". Tomo II. Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.

Tamén o libro "Más allá de la corredoira" de Jose Curt Martínez.

"Primavera silenciosa". Rachel L. Carson. 1962

 

Ir a características