Troglodytes troglodytes.

Carrizo. Chochín.

 

O carrizo é un paxariño pequeno moi curioso. Sempre co rabiño levantado é un parente do mirlo acuático; polo tanto non está moi lonxe dos ríos galegos.  Por outra banda é bastante abondoso.

Ten uns amores que son todo un poema. O seu canto figura nos primeiros números do hit parade da natureza dos ríos...

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carrizo: características.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación O seu niño Veses nos meses de...
     
O seu canto protección Curiosidades        
     
Fotografía Videos marabillosos. Bibliografía
     
Mod. 07/02/2021 O carrizo na poesía de Manuel María Mod. 07/02/2021

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Troglodytes troglodytes (Linn.)

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Paseriformes

Familia:Trogloditidae

Xénero: Troglodytes  

Especie: Troglodytes troglodytes

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Carrizo. Hai quen dice tamén carriza.

Outres nomes: en Portugal CarriÇa, en Cataluña Cargolet e en Euskadi Txepetx.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Chochín.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Mide sobre 9,5 cms.  e pesa 9 gramos aproximadamente. Trátase polo tanto dun paxariño máis ben pequeno.

Moi pequeniño.

Nesta fotografía da que descoñezo o autor vese o tamaño do carrizo en relación a man. Trátase polo tanto dun paxariño moi pequeno.

A súa envergadura non pasa dos 15 cms.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

É  rechoncho, de cor pardo, de cola corta que sempre trae para arriba, moi vivaracho, o seu voo é recto.

Canta dende tódolos sitios un "teck teck" "trr - trr" o un ronroneante "zerr".

As veces voa por riba da auga e pousase en milésimas de segundo, con gran dominio do seu voo. Esto vino en xaneiro (2001) por debaixo da Ponte Vella en Ourense.

A cola é moi peculiar, corta e sempre para arriba.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Preferentemente de insectos, hemípteros e coleópteros.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

É moi abondoso e atópase ata 1.400 metros de altura aproximadamente.

Habita en vexetación mexta e baixa, xardíns, fragas, cultivos.

Atópase tamén preto da auga.

En Galicia é máis abondoso na Coruña e Pontevedra que en Lugo e Ourense.

En Ourense vino en xaneiro do 2002 por debaixo da Ponte Vella.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Niños:

O seu niño:

O seu niño é totalmente característico, xa que fai un niño esférico con entrada lateral, como se ve no dibuxo sacado do libro  "Guia das aves de Galicia"  xa citado na bibliografía.

Faino ben agachado en lugares baixos, moi globoso e a base de musgo.

Pon de primeiros de abril a principios de xullo de 4 a 6 ovos brancos, que chocan os 14 días. Os paxariños xa voan  os 17-18 días.

Trae dúas ruladas o ano.

O seu niño e parasitado polo cuco. Xa se sabe o de poñer o ovo en niño alleo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

Vese dende abril ata finais do verán.

Tamén o vín en Ourense en xaneiro do 2002.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Moitísimo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Protección:

Protección

Está protexido pola lei, claro que para algunhos esto pouco importa. Eu penso que en Galicia xa vai sendo hora de que estas cousas se estudien na escola primaria. Logo na ESO se repasen un pouco, con coñecementos in situ destes paxariños, é a única forma de amalos , respetalos e conservalos. O demáis non é nada.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Os seus amores son moi ternos, canta moito e fan entre os machos concursos de canto e concursos de arranxar e facer o niño. Incríble.

///¡Ai, como chora o carrizo!///Alguén lle desfixo o niño,///o seu niño de primores, /// o seu primoroso niño /// o seu niñiño de amores.///   ( Poesía recollida do libro "Aprendendo coas aves", un libro sensacional ).

Debido a estos amores é normal que apareza na literatura galega así:

/// Sei dun niño de carrizo /// na cabeza dun repolo,/// certáronme as nenas del /// roeron a cabeza e todo///. ( Cancionero popular) .

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Canto:

O seu canto:

 

Este é o canto do carrizo. Realmente hai distintos cantos nesta fatástica web.

Ver este pequeno video. escoitar o seu canto.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.

O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de  Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.

As fotografías son de Vren Scriccido e varios.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía sensacional:

Fotografía sensacional de P. Dubois.

 

Ir a características

Saír