Alimentación: |
Alimentación:
Aliméntase de insectos, vermes, moluscos, etc.
Cando comen en lugares onde crían, comen
preferentemente escarabellos, lombrices e arañas.
Fora desta época de cría comen de todo incluido
pequenos peixes e anfibios así como toda clase de invertebrados.
Gústanlle
moito nas costas: as pulgas de mar e os caranguesos. No seu buche non
faltan almexas, berberechos e mexilóns. Un pouco de todo.
Ir a
características
|
Habitats: |
O seu
habitats:
O seu habitat son as lagoas e cursos
fluviais.
Gústanlle os ríos montaña e onde o molesten
pouco. Sobre todo non lle gusta que o molesten cando está na
reproducción, logo xa se fai máis visible.
De tódolos xeitos en Galicia vese moito o parecer
en terrenos preto dos desagües de depuradoras e cañeiras.
Fotografía Kiko Arcas.
Por exemplo vense moito na desembocadura do
Lagares en Vigo. Sin dúbida pola cantidade de invertebrados que hai
na zona, con anos e anos e botar porquería. Pobres andarrios, non saben
o que comen...nesa zona...
Tamén os vín no río Barbaña en Ourense, pola zona
do Polvorín e preto de cañerías, efectivamente. Novembro do 2005.
Teño visto andarríos no paseo das
ninfas a carón do río Miño en Ourense.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
En Galicia pode verse todo o ano pero
non consta, de momento que aniñe nesta terra.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de ...
Todo o ano.
De tódolos xeitos non é seguro que anide en
Galicia. O andarrios é un ave que emigra ademáis pode andar grandes
traxectos ou pequenos, adáptase as circunstancias de forma marabillosa.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
As xa ditas de que é un bailador constante, xa que
mome a cabeza e a cola constamente.
Tamén seica ten no pico un detector de comida
bastante bon. O andarrios come directamente os seus insectos, lesmes,
etc. ben por visión directa ou ben introducindo o pico na area. O
sistema que ten, detecta a comida. Trátase dunhas papilas que conteñen
uns corpúsculos sensibles ó tacto e as vibracións, que se
chaman "corpúsculos de Herbst".
Esta información está sacada dun traballo que
firman José Arcas e Andrés Barbosa publicado na revista
"Quercus" de febreiro do 2005.
Fotografía de Manuel Fernández Pajuelo.
Tamén
seica é posible que teñan unha visión especial que lles permita
picotear pola noite...
De feito no
traballo xa citado faise esta hipótesis.
Ir a
características |
Problemas
do andarríos: |
Problemas do andarríos
Os problemas dos andarríos son os
típicos hoxe da maioría das aves: a contaminación galopante dos ríos
galegos, a caza e as actividades humáns en xeral.
Os ríos cada día están máis
contaminados, logo tamén os invertebrados que son dos que se alimenta o
bailón.
A caza tamén é un problema xa que
actualmente por exemplo en Galicia de cada 10 andarríos anillados que
aparecen mortos, 7 o foron por caza, por suposto ilegal.
Por último a actividade humana, por
exemplo os pescadores e outros.
Ir a
características |
Oir
como canta e ampliar datos. |
Canto:
Cando decide despegar sempre
emite un pequeno canto moi
característico. Neste link tendes
diversos tipos de canto. Unha web que hai que felicitar.
Ir a
características
|