Phalacrocorax carbo.

Cormorán grande. Cormorán.

É un ave moi grande sobre 90 cms e ata 2,5 kg. Distínguese fácilmente pola súa maxestuosidade e o seu voo potente, tanto a poucos cms. da auga como cando van moito máis altos.

Nada dunha forma característica. Nada mergullado, só se ve a cabeza, lixeiramente inclinada. Cando está de pesca, mergúllase rápidamente e hai que estar moi atento xa que pode aparecer incluso 100 metros río arriba.

Este detalle comprobeino o día 4-11-2000 dende a ponte vella de Ourense, onde andaba unha parella, pescando no río Miño.

Últimamente, 2010, está a ser unha plaga nos ríos de Lugo, unha auténtica desfeita dos bancos de troitas, por exemplo no río Neira, onde se viron bandos de ata 100 cormoráns. Tamén en Ourense, no río Miño é abondoso...

Características. 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO  CORMORÁN.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación. Video BBC Habitats
     
Alimentación. Video BBC. Niños Vese nos meses de
     
Interés protección Ave pescadora
     
Os voos. Outros links. Curiosidades
     
O seu canto      Videos varios.        

 Video BBC

     
Fotografías. Video cormorán mergullando.

Modificado 18/11/2015

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Phalacrocorax carbo (Linn.)

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Pelecaniformes

Familia:Phalacrocroriae

Xénero: Phalacrocorax  

Especie: Phalacrocorax carbo

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

 galego

Nome galego:

Cormorán, corvo mariño real, canilongas, patas.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Cormorán. Cormorán grande.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Nesta sensacional fotografía, da que descoñezo o autor,  vese un cormorán secando as súas plumas.

90 cms. 2500 grs. É un ave bastante grande.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

É inconfundible polo seu tamaño e forma estilizada. Vese perfectamente a súa forma nos fenomenais dibuxos de Carlos Silvar. As meixelas son brancas  o mesmo co peteiro, por certo bastante considerable. Ten na misma punta  un gancho en vértice. 

Na fotografía de Guilles Murray apréciase perfectamente o gancho que ten na punta do pico.

A plumaxe e cor bronce metalizada, moi bonita o meu gusto. Nada dunha forma característica. Nada  prácticamente mergullado, só se ve a cabeza, lixeiramente inclinada.

   

Nestas fotografías vese perfectamente cando anda de caza como se desliza pola auga, tamén cando colle unha presa como a come xeralmente empezando pola cabeza.

 

Cando está de pesca, mergúllase rápidamente e hai que estar moi atento xa que pode aparecer incluso 100 metros río arriba.

Ten unha posición coas ás abertas que utiliza precisamente para seca-las plumas.

Fotografía de T. Nedelec onde se ve o cormorán extendendo as ás e deste xeito secando as plumas.

 

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía de Jean - Sébastien Rousseau.

Preferentemente todo tipo de peixes.  Os peixes os captura mentras se mergulla ( en base a velocidade e desplazamento pesca os peixes cós que se alimenta).

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Atópase en moitos ríos galegos, principalmente na conca do río Miño e Sil.

Non é moi abondoso, inda que en algúns lugares vense moitos. No 2007 comenzo a cambiar de opinión. Polo menos no río Miño en Ourense vai a máis.

A fotografía mostra a evidencia do que estou a decir. Está sacada en Ourense a altura da depuradora. O coial está cheo de cormoráns.

Vense nos encoros e dende logo na parte baixa do río Miño, onde o encoro de Selas de chegar a construirse lle faría moitísimo dano.

 Nada dunha forma característica. Nada mergullado, só se ve a cabeza, lixeiramente inclinada. Cando está de pesca, mergúllase rápidamente e hai que estar moi atento xa que pode aparecer incluso 100 metros río arriba.

Este detalle comprobeino o día 4-11-2000 dende a ponte vella de Ourense, onde andaba unha parexa, pescando no río Miño.

Na fotografía de Niigata - Kem vense un grupo de Cormoranes preto do mar.

En xaneiro do 2002 vense moitas parellas no río Miño en Ourense, deben atoparse a gusto. Péganlle uns repasos o río Miño incribles.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 
Voos:

Os Voos.

O seu voo é bastante poderoso, ten ás longas e estreitas e cando voa demostra a súa maxestuoxidade. Voa con moitísima velocidade e ademáis chámame a atención o preto que vai da auga, parece que vai chocar; esto último cando ando de pesca; por suposto que o teño visto voar moi alto.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Cria de abril a xuño. Pon de 3-5 ovos, que en 23-29días  saen do cascarón,  e nadan como máximo os 45-50 días., os niños están en rocas ou en árbores.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de...

De setembro a marzo. O cormorán en Galicia procede de Gran Bretaña principalmente.

Cormorán no río Miño en Ourense, a verdade son moi abondosos nesta zona.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

De interés especial.

O que se ve enfrente son cormoráns. Trátase do río Miño en Ourense por debaixo da depuradora.

Últimamente en algunhos ríos galegos comenza a ser un problema.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Fotografía de Steve Lobay.

 Especie protexida en Galicia e Portugal.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

 

É un pescador nato. Vese moito no baixo Miño. Tamén en encoros. Últimamente tamén se ve en Ourense capital. ( 04-11-2000) e 20-01-2002.  Pesca os peixes que constituen o básico da súa dieta por rapidez, fai un mergullo rápido detrás das presas, pode estar moito tempo baixo a auga, e nadar río arriba o mismo que para abaixo.

Fotografía de Jean - Sébastien Rousseau.

Según Adega en perigro si se chega a facer o encoro do Sela no Miño. Está claro que o cormorán non lle van os encoros, quere ríos de verdade, con máis ou menos profundidade, onde poda facer os seus mergullos a xeito. Nun encoro pérdese.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ave pescadora en Oriente:

Ave pescadora en Oriente:

Efectivamente trátase dunha ave mergulladora, que foi utilizada, e aínda ó é, polos pobos orientais como sistema de pesca. Efectivamente, atan o cormorán polo pescozo de tal maneira que cando colle a súa peza de pesca nona pode tragar. Seguidamente sácaselle o peixe e listo. Incrible.

Ir a características

 

 

 

 

 

Oir ó cormorán:

Oir o cormorán:

Neste link tendes diversos sonidos do seu canto. Un link sensacional.

Neste outro podedes oir o cormorán e ver outras cousas interesantes sobre esta ave dos nosos ríos e lagoas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS DO CORMORÁN

 SECANDO AS ÁS.

Cormorán no río Miño secando as ás. 25/09/2008. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Cormorán no río Miño secando as ás. 25/09/2008. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Fotografía  que me envía o Páxaro (Julio Taboada) sacada no Tinteiro en Ourense, a carón do río Miño. Outubro do 2010. A verdade que hoxe no Miño hai moitos, demasiados...

Outra imaxen de familia. Río Miño por baixo dos caños. Setembro 2012. Hoxe o cormorán é xa un problema serio. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Sensacional fotografía de Marcial R. B.

 

Trio de cormoráns no río Miño, secando as ás. 2015. Félix Valeiras.

Ir a características