Alcedo
atthis. Martiño Peixeiro
(Picapeixe)
.
Martin Pescador
O Martiño Peixeiro, xunto co merlo rieiro,
é o paxaro por excelencia dos ríos galegos.
Para eles, o que o
río esté limpo é fundamental, e para mín tamén. Por eso empeza a escasear
en moitos ríos-pocilga.
É todo un espectáculo poder contemplalo.
É un perfecto mergullador.
A fotografía (de Satarou Ishimori) fai xustiza a este paxaro marabilloso,
que se pode atopar nos ríos galegos (de momento...).
Ver características.
Saír
Características:
Martiño peixeiro
Subir.
Alcedo atthis ( Lin.
1758).
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Coraciiformes
Familia: alcedinidae
Xénero: Alcedo
Especie: Alcedo atthis.
Volver.
|
Martiño
peixeiro. Picapeixe.
anda-río. Chichi. Ruiseñor
da mar.
Páxaro mariñeiro. Paxaro pescador. Garda ríos.
Outros nomes: en Portugal chámase Guarda
ríos, en Cataluña Blauet e en Euskadi Martin arrantzale.
Volver.
|
Martin
pescador, Alción, Guardarío.
Volver.
|
Dimensións:
Nesta fotografía sensacional de Pascal
Dubois, que por certo, o martiño non está morto soio está inmovilizado,
vese perfectamente o tamaño deste paxariño.
16 cms. Case cabe nun puño. Pesa sobre
38 gramos. A lonxitudes das ás varía entre 71 e 78 mm.
O pico pode medir 4,5 cms.
Ten una envergadura media de 25 cms.
Volver.
|
Identificación:
É inconfundible. A coloración é moi rechamente, a
parte superior é azul cobalto apencada de branco, ten irisiacións
turquesa por riba, o ventre alaranxado (eu diría roxo castaño) bastante rechamante, que o chegar a gorxa se troca en branco.
A
cabeza bastante grande igual que o pico ou peteiro, que por certo é
vermello por debaixo.
As patas son pequenas e vermellas.
O seu voo é paralelo a auga e dende
logo moi rápido (pode voar a 72 km/h. según algúns autores). Que mo digan a mín, a única vez que o vín foi visto e
non visto.
As femias non é doado distinguilas dos
machos, prácticamente son o mesmo, a única diferencia é que por debaixo
do pico as femias teñen a cor vermella máis grande.
Os peixes, lóxicamente colleos co
peteiro (prácticamente é como un puñal) que é largo dabondo.
A súa voz é
"tititii".
Volver.
|
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de peixes (
escalo, lorcho, muxo) ata 6 - 8 cms., tamén caranguesos, así como vermes, insectos acuáticos como os cabaliños do
demo, etc.
É un perfecto mergullador.
É normal velo sobre unha rama, entre un e tres
metros sobre o río, moi atento, cando avista unha
peza, por exemplo un peixe, voa moi rápido e colle a presa , si fai
falla nada hacia abaixo, ou sexa mergúllase sin problemas, logo volve a ramilla e está a sacudir o peixe
contra un árbore ou unha ramiña ata que morre. (Conta Carlos Lastanao
no seu libro "Huellas y rastros de animales del Pirineo", que
viu, unha vez, como un picapeixe golpeaba máis de 50 veces a un peixe
durante 20 minutos seguidos, ata que lle deu morte).Logo ponse a comelo empezando pola
cabeza, normalmente sempre a favor da escama (é listo, o paxariño...).
Nestes dibuxos sacado do "cuaderno de
campo" de Félix Rguez. de la Fuente vese ó martiño en situación
de coller un peixe.
Os peixes da súa dieta poden chegar a 6 cms de
lonxitude.
Ten especial predilección polos alevíns de troita
e salmóns, polo menos en Galicia. Tamén lle gustan moito os meixóns
(angulas).
Foto de Fuji Hukatsu.
Despois da operación anterior fai un acicalamento
da plumaxe e unha lubrificación cunha substancia grasa que el mismo
xenera.
Do análisis feito do seu estómago
dedúcese, por regra xeral, que come un 65% de peixes e o resto son
insectos: cabaliños do demo, libeliñas, etc.
Volver.
|
Habitat:
En moitos ríos galegos. Pero non é moi abondosa.
Parece preferir augas abertas, desembocaduras de ríos, lagoas, etc.
Incluso as veces na beiramar.
Non é abondoso, de feito en Ourense atópase pola
zona do invernadeiro, no Limia, no río Bibei, no Salas pola zona de Randín, pero pouco máis.
En Lugo polo Caurel poden verse, pero moitos menos.
Recentemente vín martiños no río Bibei por riba
de Viana, na provincia de Ourense (xulio do 2001). Tamén vin un
picapeixe no río Arnoia en Allariz (Ourense) pola zona do Rexo.
Vin un picapeixe no río Loña en
Ourense no ano 2007.
Vín outro no río Barbaña (Ourense)
pola zona do Pabellón de Deportes en outubro de 2012.
Volvo a ver
outro no Barbaña en Ourense, en decembro de 2020.
Nesa zona hai moito peixe pequeno e
tamén carangueso, o americano e o martiño aproveitase, o malo é que o
río Barbaña vai moitas veces contaminado.
Fotografía do 30/09/2012 onde vin tamén o
picapeixe. Este é o caranguexo roxo ou americano.
Zona do Barbaña onde vin pasar o picapeixe,
que é inconfundible pola parte de atrás azul forte.
Na primavera de 2015
vin un martiño no río Deva na Cañiza, estaba descansando da
pesca e tomando un bocata e veu xusto a poñerse a un metro de
mín nunha pola dun amieiro, que era para el unha postura
perfecta. Enseguida me viu e marchou. Que ave máis bonita.
Xa digo, pouco abondoso.
O Martiño pode recorrer moitos kilómetros
buscando ríos en bon estado, hai datos: por exemplo Aragües anillou
varios en Santander e apareceron a 200 km. en Asturias. Pero poden
recorrer espacios máis grandes, así un anillado en Bélgica
recuperouse en Cadiz, incluso cruzar o mar como algúns que aparecen nas
Islas Baleares, en Mallorca recuperouse un anillado en Alemania.
Dime un amigo entendido en aves,
Miguel Angel Amorín,
que no río Barbaña en Ourense, pola zona do Polvorín viu picapeixes,
unha gran noticia dende logo.
Confirmado en
decembro do 2020.
Ver este
video meu.
O malo do río Barbaña é
que está moi abandonado e ademais de cando en vez fan
unhas talas sin pés nin cabeza e cortan árbores, en vez
de podalos, e fastidian desta forma as posturas deste
peixiño. A última en xaneiro de 2022 onde arrasaron a
zona do Parque Barbaña, na misma ciudade de Ourense,
onde precisamente saquei no seu día o video anterior.
Outro día, polo 15 do mismo mes vín un martiño voar
moito tramo para ter unha ponla onde poñerse e ver o río
e mirar de coller algún peixe. Para todo hai que saber.
Foi poñer na ponte que cruza o Barbaña na Plaza de
Abastos, dende a ponte anterior non había un árbore
aproveitable, si o había debaixo desa ponte. É moi
triste o que estou a contar...
Volver.
|
Niños:
É troglodito, ou sexa habita en
pequenos tobos, buracos, ou covas que é onde fai o seu niño.
Aniña, polo tanto, en buratos de ata 1,5 metros de longo. O niño soe ser ascendente, para evitar que lle entre auga nas enchentas. O final
fai unha cavidade esférica onde a femia pon os ovos. Soen ser 6 a 8 ,
brancos, redondos e moi brilantes.
Normalmente a cámara está revestida
de espiñas de peixe.
Imaxen sensacional de Günter Ziesler.
A parella traballa a par para incubar
durante os 20 días máis ou menos que tardan en chocar. Logo veñen os
polos e comenza a labor de alimentalos. Os pais teñen que pescar para
eso peixes de aproximadamente 1 cms. O cabo dun mes xa voan. Dúas
roladas.
A femia é un pouco máis pequena có macho.
Femia.
Da rolada non soen sobrevivir máis de dous, os
depredadores dan conta deles e outros morren afogados nos seus primeiros
intentos de pesca.
Volver.
|
De abril a setembro.
Co cambio climático, que para mín é evidente, pode verse
ata no mes de octubro (24/10/2007), así me pasou a mín recentemente.
Non se vé no inverno, lóxicamente.
De tódolos xeitos non é un paxaro doado de
distinguir, pola miña banda únicamente o vín dúas veces e sempre en
voo. É polo tanto un paxaro moi esquivo. O normal é oilo xa que é moi
rápido e pequeno.
Vin tres veces o martiño peixeiro, una no
río Bibei moi por riba de Viana, pasou rápidamente por debaixo da
Ponte onde eu estaba. Outra no río Arnoia no couto de Allariz. As
dúas veces pasou moi rápido voando e facendo o típico crii, criit..
Fai pouco, 2007, vin outro no río Loña en
Ourense, este tuven a sorte de seguilo e atopalo na ramiña
correspondendente.
Poden observarse tamén cando están en celo, xa
que entón teñen bastantes liortas entre eles e persíguense bastante.
Volvín a ver o martiño o 24 de
octubro do 2007, ademais vino no río Lonia a altura da ponte de Mende.
Estuven máis dunha hora para localizar o seu posadeiro, unha vez que o
conseguín esta é a fotografía que saquei, pero a miña cámara fotográfica
non da para mais...
Martín peixeiro no río Lonia, en Ourense,
24/10/2007
Volver.
|
De interés especial.
O Martiño peixeiro é unha auténtica xoia para os
ríos galegos. É unha demostración de que inda están vivos, polo
menos algúns...
Volver.
|
Protección:
Estrictamente protexida. Aparece citado
no anexo II do convenio de Berna e no anexo I da directiva 79/409 da
C.E.E.
A población europea actual non chega as 20.000
parellas. Evidentemente necesita unha protección especial, sobre todo
hacia o seu habitat. Non é así, en Galicia, e en particular en Ourense
o habitat destrúese tódolos días, os ríos, empédranse, acótanse con
muros, tálanse as árbores e un sin fin de barbaridades...
Realmente de pena.
Volver.
|
É un pescador nato cunha técnica moi depurada.
Lánzase en picado . É moi dificil que falle.
De tódolos xeitos hai que decir que o picapexe non é doado de
ver no río. É moi dificil localizar nun posadeiro do martin
pescador, moi dificil. Habería que buscar algún lugar preto do río, a
carón do río onde existan uns grupiños de depósitos dunha cor blanca
totalmente, estas deposicións, que se chaman en términos técnicos
egagrópilas están compostas por espiñas e un polvillo blanco que
serán espiñas dixeridas ou escamas. As egagrópilas son boliñas de
diferentes tamaños e texturas que algunhas aves botan o exterior pola
boca e que conteñen materiais que éstas non poden dixerir, como
escamas de peixes, espiñas, etc. Normalmente estas caen a auga do
río e resulta imposible velas. As outras aves non son totalmente
blancas...
Tamén intuindo o nido nunha parede arenosa do río
e vendo as deposicións... o lugar para pescar no está lonxe...
Pola miña banda non tuven a sorte de atopalo nada
máis que cando voa, desa forma si é doado polo rechamante azul das
súas plumas.
Na fotografía sensacional de
José
Luis Rodriguez, pode verse dentro da auga. Realmente sensacional.
Dice o autor da fotografía levoulle 3 lustros conseguilo. Gracias Jose Luis Rodriguez por conseguilo.
Outra imaxen sensacional é a seguinte:
É demasiado rápido e dende logo moi pequeniño.
( Dibuxo sensacional do martiño voando. Aparece
no libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos
Pedreira. Un libro sensacional. )
Esta é unha boa fotografía:
O martiño entra na auga coas ás
pegadas o corpo e os ollos pechados. Frena coas ás colle o peixe e
seguidamente cun meneo do corpo e o movemento das ás xira e baixe ata
tona da auga apoiándose nas ás. Sae da auga cunha potencia
incrible. Calcúlase que en augas de poca corrente e con profundidade de
30 cms. a caza do peixe pode durar un cuarto de segundo. De tódolos
xeitos caza moitos peixes que están na superficie.
As causas da pouca abundancia xa as pode supoñer o
lector: o martiño depende da limpeza do río, así e impensable ver un
martiño no río Miño en Ourense ciudade ou no río Barbaña ou Lonia, polo
menos de momento. Ademais cázase para embalsamalos, incrible.
Ocasionalmente atópanse nas estradas sempre que estas estén preto de
ríos ou lagoas, por exemplo na ría de Ribadeo.
Foi perseguido en tempos por unha
suposta acción negativo sobre os peixes...xeralmente por xente que
non ten nin idea, e de bioloxía e habitat dos seres vivos ...cero.
A contaminación hoxe está a rematar
co martiño...
Está demostrado que o martiño non
existe en ríos contaminados, é lóxico si as augas non son claras. En
ríos onde hai fábricas de papel e outras industrias o martiño non
existe.
Dibuxo feito por Fran Ameixeiras reivindicando
"Un río Umia vivo" non o encoro do Umia que rematará có
martiño nesa zona.
Outra curiosidade:
-----------------
Dice Gustavo Guerrero que "el martín pescador
muere ciego". Tanto se tiran al agua que se queman los párpados, a
él se lo dijo un pescador de La Laguna de la Restinga, en la isla
Margarita, Venezuela.
------------------
O texto anterior aparece o principio do libro
"Papaventos" de Xavier Queipo.
Outra curiosidade que non me colle de sorpresa...
-------------------
Neste video
que atopo en
Youtube pode verse tamén como caza o Martiño
peixeiro, é todo un espectáculo.
Ver este
video meu. (Pouca calidade, móvese un pouco)
Volver.
|
Escoitar
o martiño:
Imaxen José Luis Rodriguez. Sensacional.
Ver este
link con distintos
cantos do martiño. Tamén moitas cousas sobre
este paxaro marabilloso.
Para oir o martiño tamén se pode con
este video.
. Trátase dun ( o
tiit.tiit).
(Video de Youtube de Daniel Alon.)
Volver.
|
A verdade é que non é doado
fotografiar o martiño no seu medio, eu levo moitos anos a pé dos ríos
e non tuven ninguna oportunidade de facer unha boa fotografía.
Esta é unha imaxen sensacional do Martiño, é
propiedade de José Luis Rodriguez e está sacada da revista Moi
Interesante do mes de marzo do 2004. A miña enhoraboa o autor.
Ver en grande.
Por eso cada vez que vexo unha fotografía do
martiño peixeiro, fágome con ela para poñer nesta folla e de cando en
vez poder contemplar unha imaxen ben bonita.
É o caso desta imaxen
sacada da libro sensacional "El Agua sorbos de vida" do
que é autor Joaquín Araujo y no que poñen as suas fotografías
moita xente sensacional. Merece a pena o libro.
Outra imaxen, sacada da revista Natura do mes de
setembro do 2004, é algo espectacular. Trátase dun martiño remontando
o voo cun peixe. Sensacional. A Imaxen é de Antonio Manzanares,
sensacional. Ve_la imaxen.
Hai outras imáxenes sensacionais que me permito
poñer neste link meu, no que
remito o autor.
Volver.
|
Bibliografía:
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
"Cuadernos de Campo" de Félix
Rodriguez de la Fuente. Pájaros de río.
Tamén o Libro "As aves". Tomo II.
Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.
Tamén o libro "Animales
amenazados". Gran guía de la Naturaleza. Editorial Everest. S.A. Autores
M.A. de la Cruz Alemán, J.L. de la Cruz Alemán y F. Cámara Orgaz.
Volver.
|
Links
O
martiño na ría de Noia. Moi interesante xa que ten un video.
Fotos do Martiño de Jose Luis Rguez. (Sensacional).
Alcedo
Athis. Sonidos e fotos.
Les
oiseaux du moulin.
Martin
pescador.
Leyenda
argentina del Martin pescador.
Csts
slovaquia.Photo: P. Áč
Martin-pecheur
de Europa
NTT
World Bird Count" Photo
Bird
Photo Library.
Coté
Nature.
Link sensacional de
fotografías.
video de De Re Naturae
Videos
sensacionais sobre o martiño.
Este video gústame.
Volver.
Volver.
O MARTIN
PESCADOR.
Imaxen de Xose Luis Calleiras de Vigo. Sensacional.
Aparece na revista natura en febreiro do ano 2000.
Seica a fotografía ten unha historia: xusto no
momento en que o martín pescador colle un peixe, outro individuo invade
o seu territorio de pesca e adopta esta postura ameazante.
Moi boa
foto.
Volver.
VOA COMO
UNHA FLECHA.
Martín pescador entrando en picado no río para coller o
peixe.
Realmente é todo un espectáculo.
Merece a pena ve-lo.
Non fai moito, na revista Natura do
mes de octubre do 2001, aparece unha fotografía de José Luis
Rodríguez, que é toda unha marabilla. O autor da fotografía pasou horas e horas matinando o método para sacar unha fotografía o
picapeixe dentro da auga.
Na revista Natura José Luis Rodríguez
explica o procedemento seguido, a miña admiración o autor da
fotografía.
Pinchar neste
link para ver a marabilla en grande.
Outra imaxen incrible. (CST Slovalia) .
Volver.
|
|