Identificación:
A plumaxe é bastante variable de pardo
obscuro ata claro.
Na fotografía de Marc Delsalle vese
o aspecto do miñato. O corpo tira a pardo oscuro.
Esta sacado deste link, onde tamén se pode escoitar.
Cando planea identifícase máis doado
xa que leva as ás completamente abertas, estas ás vistas por debaixo
teñen a punta obscura e a metade posterior clara , e a rabo
moi extendido e redondeado.
Na fotografía de Frans Hoogstraten vese
perfectamente o detalle do voo.
As báteas son lentas. Planea en circulos e tamén fai
peneira. O maullido é "iee" .
Normalmente vense en solitario, máis
non é raro velos en parellas e incluso varios xuntos.
A distancia pode confundirse coa aguía
pero está ten a cabeza moi longa as ás cuadrangulares e a cola moito
máis ancha.
Por outra banda o número de aguías en Galicia, en
abril do 2007 non chega a media ducia, o normal é que sexa un buxato.
En Galicia vese frecuentemente pousado
nos tendidos eléctricos e tamén empoleirado nun poste.
Podería confundirse co lagarteiro pero este e moito
máis pequeno e o seu voo non ten nada que ver coa maxestuosidade do
miñato.
Ir a
características