Apus apus.

Vencello. (Vencejo común)

Os vencellos son os mellores voadores do ceo. Rápidos é precisos. Abondan no verán nos ríos collendo mosquitos. Famoso o seu pirii, piriii...

A miña anécdota con este tipo de paxaros pasoume no río Cenza,  (en Vilariño de Conso-Ourense),  nun mes de maio xusto nunha ponte do río, por baixo da famosa fervenza do Cenza (sin dudalo a máis alta de Galicia de caída non directa). Dous vencellos non deixaban de voar sobre a miña cabeza en ataque continuo.  Incríble.

Moi asustado descubrín que a un metro por debaixo de onde eu estaba apoiado, tiñan o seu niño. Inda non o creo hoxe. Paseino moi mal, ata que me dín conta e deixei facer...como debe ser...

Nidificante/Estival , de interés especial.

Ver as características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VENCELLO COMÚN: características.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Niños Interés
     
Vese nos meses de ... Potección Curiosidades           
     

Video

Canto

outros links

     
Vencellos caídos que facer. Vencellos e arquitectura.

Modificada 06-02-2021

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Apus apus (Linn.)

 

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Apodiformes.

Familia: Apodidae

Xénero: Apus  

Especie: Apus apus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego

Vencello, vencello común, birrio, cirrio, anduriñón.

 

Outros nomes: en Portugal chámase Andorinhao preto, en Cataluña Falciot negre e en Euskadi Sorbeltz arrunt.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Nome castelán:

Vencejo común

Na fotografía nunha posición incrible, collido a parede, as súas patiñas son moi curtas e pode facer este xesto.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensión:

riosnat94.jpg (34297 bytes)

Sobre 16,5 Cms. Envergadura sobre 42 cms. de media.

 

Observar as patiñas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Sexos iguais.

Totalmente negro, a non ser unha pequena mancha clara na gorxa, moi dificil de ver.

Picos cortos, boca grandes. Ás moi grandes, longas e lixeiramente curvadas.

O rabo e gallado, a plumaxe negra, un pouco máis clara na gorxa.

Parece unha andoriña.

Ten un voo moi forte, aerodinámico, rapidísimo, bate as ás constantemente e por veces tamén planea pero pouco.

No solpor voan moi , moi arriba.

Moita xente confunde os vencellos coas anduriñas comúns e coas andoriñas de cu branco, distínguese de forma doada toda vez que os vencellos teñen as ás en forma de gadaña e a cola curta.

Este é o vencello ou cirrio, ás en forma de lanza ou gadalla de segar e cola corta. Papo blanco. A cola é ahorquillada pero moito máis corta que na anduriña. O voo é moito máis rápido que a anduriña e os sonidos son moito máis ruidosos.

Esta é unha andoriña normal. As ás son distintas e a cola e longa e moi distinta tamén. Papo vermello e dende logo a cola moi ahorquillada e longa.

No son tan rápidas nos seus vós e fan menos ruido o voar.

 

 

 

...

 

Esta é a andoriña de cu branco. Creo que o feito de ter blanco a parte central é definitivo para distinguila.

       

Vencello común no ceo.

Fotografía sensacional de Jiri Bohdal.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Insectos que captura en voo. Gústanlle moitos as moscas, os pequenos escarabellos e as polillas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

riosnat94.jpg (34297 bytes)

Vense en campo aberto e tamén sobre masas de auga.

Os cirrios son os mellores voadores do ceo. Rápidos é precisos.

Chegan na primeira quincena de abril. Marchan a primeiros de agosto. Veñen do norte de África.

Viven nas gretas dos edificios, que lamentablemente según a construcción moderna van a menos. Ver o artigo sobre o chamamento os Arquitectos para resolver estos problemas.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Descoñezo o autor desta sensacional fotografía.

Aniña a finais de maio ata agosto. Cría en buracos de construcción e baixo tellas. Pon de 2 a 3 ovos brancos que chocan ámbolos sexos durante 18 días; os polos voan ás cinco semáns.

Ver o problema que teñen os vencellos actualmente para facer os seus niños.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

Todos os anos as mismas familias, dende finais de abril ata agosto. En agosto volven para Africa.

En Ourense tamén se ve o cirrio pálido (Apus pallidus), moi similar o anterior  pero un chisco máis palida e coa mancha no papo máis extendida. Seica se ven en Ourense, Monterrei, Verín e Xinzo de Limia. Chega en marzo.

Apus pallidus, descoñezo o autor da fotografía.

Apus pallidus, descoñezo o autor da fotografía.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Nidificante/Estival , de interés especial.

Os vencellos son unha axuda importantísima dado o que comen,  preferentemente moscas e mosquitos así como polillas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non está protexido que eu sepa, pero é considerado como un paxaro de interés especial dende tódolos punto de vista.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

riosnat94.jpg (34297 bytes)

A miña anécdota con este tipo de páxaros pasoume no río Cenza nun mes de maio xusto nunha ponte do río, preto da cenza ou fervenza (a máis grande de Galiza, de caída non directa). Dous vencellos non deixaban de voar sobre a miña cabeza en ataque continuo, o principio por sorpresa. Incrible. Moi asustado, despois de 6 ou 7 ataques en voo, descubrín que a un metro por debaixo onde eu estaba apoiado tiñan o seu niño. Inda non o creo hoxe. Paseino moi mal, non caín o principio, pensaba¿ que mal lles podía haber feito?. Logo dinme conta e aparteime...

Esta é a fervenza do Cenza, en Vilariño de Conso,  por debaixo a poucos metros está a ponte que digo onde me pasou esto que conto, estaba co meu compañeiro Félix.

As veces vense cópulas no aire. Son aves que nunca se pousan no chan, teñen pouca pata e sería moi dificil levantar o voo, fan de todo no aire e únicamente se pousan para facer o niño ou alimentar a súa prole. Curioso.

Observar as patiñas o curtas que son...

Dicen algúns libros que ata dormen en pleno voo, sobre 1000 a 2000 m. aproveitando as correntes a esa altura.

Descoñezo o autor desta sensacional fotografía.

Outra cousa curiosa son os "niños de golondrina" que tanto aprecian os chinos son en realidade niños de vencellos, feitos con saliva. Por certo os chinos comen destos niños...a verdade é que os chinos comen de todo...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Oir como canta e ampliar datos.  

 

O seu canto

O seu canto é bastante raro, defeito hai xente que fala do "Canto do demo".

As femias teñen un canto distinto (suiiii) dos machos (sriiii).

 

O canto podedes escoitalo neste sensacional link.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vencellos caídos ¿que facer?.

Por mor da enorme lonxitude das súas ás  e do curtas que son as súas patas, os vencellos comúns (salvo os adultos máis  fortes) son incapaces de despegar cando están nunha superficie plana.

 Por esta razón, cando caen ao chan, están condenados a morrer se non atopan un  lugar elevado dende o que lanzarse. Desta forma as crías de vencello común  só teñen unha oportunidade para despegar, e se todo sae ben, non volverán facelo ata dentro de catro anos máis tarde, cando regresen para criar.
Se te atopas cun vencello no  chan examínao para asegurarte de que non ten feridas maiores, que non estea desnutrido ou deshidratado (ao collelo mira se se lle marcan moito os ósos do  peito) e que teña todas as plumas ben desenvolvidas (que non sexa un polliño).

 Se o  ave cumpre estas tres condicións proba  a poñelo nun lugar elevado, por exemplo a fiestra da túa casa, e coloca ao vencello na palma da túa man mirando cara ao exterior. A continuación move suavemente a túa man arriba e abaixo  de forma que o ave senta o aire baixo as súas  ás. Se o animal esta san lanzarase en picado e voará sen problemas. Se non se atrevese a lanzarse a voar é porque ou  está tenso ou, tal e como dixemos anteriormente, trátase dun exemplar novo, ferido ou mal nutrido. Nese caso o mellor é deixalo nunha caixa e probar de novo á mañá seguinte. O tempo que estea na caixa podes intentar alimentalo cada hora con insectos, trocitos de carne crúa ou ata comida para cans ou gatos previamente humedecida. Recorda que non poden coller a comida do chan polo que debes alimentalos o teu mesmo. Usar un escarbadentes é un bo método. Cun pouco de sorte á mañá seguinte recuperouse e voará sen problemas. Se non fose así  e o ave estivese ferida, terás que levala a un veterinario especializado ou a un centro de recuperación.
 

Artigo copiado e traducido deste link.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vencellos e arquitectura.

No link posto máis abaixo tendes toda unha petición para os novos arquitectos para que teñan en conta a construcción de niños adosados os edificios, convén facerlle caso tendo en conta que os vencellos non van a manchar a fachada para nada e son moi necesarios de cara a disminución dos insectos voadores como os mosquitos, moscas e polillas.

Esta é unha posible caixa nido que se pode colocar en calquera fachada

A solución é doada.

Artigo copiado deste link.

Ir a características

Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. Tamén algúns datos o libro "Aves" , guía visual océano.

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.