Oriolus
oriolus.
Ouriolo.
(Oropéndula)
Famoso polo seu forte canto na
primaveira (ver este video e oir o canto, de Antonio Villaespesa.
Youtube).
. É un pouco máis grande co estorniño.
Chámanlle o viaxeiro, xa que ven de Africa
a pasar aquí o verán.
É unha ave marabillosa. Dende logo, nas ribeiras onde eu pesco síntese moito. Da
gusto.
É un honor que aniñe en Galicia.
Ver
as características.
Saír
O ouriolo: características
Nome
científico:
Oriolus oriolus
Reino: animalia
Clase: Aves Orden:
Passeriformes Familia:
Oriolidae Xénero:
Oriolus
Especie : Oriolus oriolus
Ir a
características |
Nomes
galegos:
Ouriolo, vichelocrego, galo cereixeiro,
velaugarrido, papafigos, ouriol, oureol, viaxeiro, milipéndora, milleiro, marelao,
nicolao, maría rosa, riçadigo, tiroliro, figomarelo, figorrodrigo, galo
cereixeiro, ouripenlo, entre outros moitos...
Nota:
dime Manuel Busto Galego que na zona de Agolada chámanlle
velaugarrido (velaí o garrido?), nome que parece exclusivo da conca do
río Arnego. Sobre o ouriolo escribe Manuel Busto non fai moito este
texto marabilloso.
Ir a
características |
Nome castelán:
Oropéndola.
Ir a
características |
Dimensións:
Mide sobre 24 cm /e cunha media en peso de 72 gr.. É do tamaño dun merlo
e un pouco máis grande cun estorniño.
A súa envergadura en voo é de 44
cms. de media.
Ir a
características
|
Identificación:
O macho é inconfundible. A coloración é moi rechamente, ten
unha cor amarela característica, as ás e a cola son negras e o
peteiro de cor vermella fano inconfundible. O borde do ollo tamén é
negro.
A femia é distinta xa que as partes superiores son verdosas e as
inferiores brancas grisáceas.
Fotografía de LLuís Gay.
O voo é rápido subindo as copas dos árbores. É desconfiado.
Este paxaro non ten outro parecido.
Pero ollo non é doado velo, hai que estar moi atentos e ter moita
sorte para velo con claridade.
Non fai moito vin este paxaro preto dos Peares, na estrada que leva
dende os Peares ata A Barrela, en Lugo.
O problema é que raramente toca o
chan, sempre está nas cimas das árbores onde vive. Din que non baixa nin
a beber, que bebe a auga do rocío das follas.
Hoxe, 11 de xullo tuven ocasión
de ver e escoitar o ouriolo no pobo de Calvos en Vilasouto (O Incio
- Lugo), chámame a atención como se acercan, este ano as casas, a
verdade que no pueblo casi non hai ninguén e tamén os cantos típicos
da primaveira cando estamos no verán. Que marabilla de paxaro...
Ir a
características
|
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de insectos e sementes
das árbores. Tamén
lle gustan as cereixas e os figos, o nome que se lle da en algúns
lugares, galo cereixeiro, ou papafigos non deixa lugar a dúbidas.
Ir a
características |
Habitats:
En moitos ríos galegos. É bastante común. Tamén se
pode atopar en carballeiras e bosques de frondosas preferentemente
de coníferas. Por suposto tamén nos
chopos.
O que non é normal que faga o niño
en árbores aislados e espacios abertos.
Sempre anda pola cima das árbores,
polo que non é doado observalo. Simplemente hai que estar atentos o
canto. O seu voo é rápido e recto entre as árbores.
Xa citei que ten preferencia pola beira dos ríos e dentro destos
polos amieiros.
Ir a
características
|
Niños:
O ouriolo comenza tarde a facer no niño.
Preferentemente encargase a femia. Normalmente faino nun amieiro, os
seus nidos están tan ben feitos que normalmente duran anos.
Por suposto tamén lle sirve un
carballo ou outras árbores.
Así despois de aproveitar un niño xa feito ou ben
facelo novo a femia dedícase a incubación, o macho pasa o día cazando
eirugas, arañas, caracois, ballas, moras , uvas para comer el e a súa
femia. Os 15 días xa teñen os 4 ovos eclosionados. Os pitos tamén
crecen con rapidez. A finais de agosto a familia enteira regresa a
Africa. Toda unha carreira.
Sensacional fotografía de Jiri
Bohdal.
Ir a
características
|
Vese
nos meses de ...
De maio a xullo. Chega a finais de abril é permanece
ata agosto. Ven de Africa e voa de noite.
Os machos adiantan a súa chegada unha ou dúas semáns as femias.
Ir a
características |
Interés:
De interés especial. É un honor que aniñe en Galicia este paxaro
tan sensacional e distinto.
Ven nada menos que de Africa, voa durante varias noites,
descansando polo día.
Ir a
características
|
Protección:
Nidificante/estival, de interés especial e
estrictamente protexida.
Ir a
características |
Curiosidades:
É un agasallo para o bosque galego do río que unha
especie africana escollera criar no seu seo.
É moi dificil de ver,
únicamente temos que estar atentos o seu canto ou ven cando se asusta
por un chasquido que lembra o do corvo.
O canto do ouriolo (de
Antonio Villaespesa. Youtube).
está sacado dunha www
española.
Normalmente este canto ten lugar
pola mañan cedo e a media tarde nos períodos de incubación, xa que o
macho axuda nas horas centrais do día.
O canto pode escoitarse a moitos
metros de distancia xa que é moi potente.
O seu asubíu aflautado como
"fiu luí" co que disque fala e dí "María Rosa, ¿ti vés
ou non?
Neste link tamén podedes
oir o ouriolo en varias ocasións.
Ir a
características
Saír.
|
|