Alectoris
rufa.
Perdiz rubia. (Perdiz
común)
A perdiz rubia é moi abondosa en Ourense,
sobre todo pola zona de Casaio, Chandrexa de Queixa, Manzaneda e Vilariño de
Conso. Por suposto vai a menos...
Non é moi frecuente atopala, pero dende logo teño
visto niñadas bastante a menudo sobre todo cruzando estradas dos lugares
citadas.
A súa identificación é moi doada, non
así o distinguir os machos das femias que casi son iguais; ou os
inmaduros dos pais.
Trátase dunha ave moi buscada e
apreciada na caza menor. As de repoboación non van arriba e apenas
sobreviven...
Os incendios, os abandonos de
cultivos de centeo, as repoboacións de coníferas, a presión da caza son
algunhas das causas da súa disminución en Galicia.
Ver características.
Saír
Características
da Perdiz rubia, Alectoris rufa
Nome
científico |
NOME
CIENTÍFICO
Alectoris rufa, Linnaeus 1758.
Clase: aves
Orden:
Galliformes Familia: Phasianidae.
Regresar a
menú. |
Nome
galego |
NOME GALEGO
Perdiz rubia. Perdiz vermella. Perdiz. Perdiz roxa.
Paradela.
Regresar a
menú. |
Nome
castelán |
NOME CASTELÁN
Perdiz chocando os ovos...
Perdiz común. Perdiz roja. Perdiz real. Perdigana
e Pájara.
Regresar a
menú. |
Dimensións
ou medidas da perdiz: |
MEDIDAS DA PERDIZ
Sobre 390 gr. o adulto. Ten unha altura entre 33 a 38 cms. e
unha envergadura en voo entre 50 a 60 cms. A cola mide sobre 12 cms.
aproximadamente.
A femia é máis grande que o macho.
Unha perdiz podría vivir 20 anos en libertade e 25 en cautividade.
Por suposto tal como están as cousas vexo moi mal...
Regresar a
menú. |
Identificación: |
IDENTIFICACIÓN
É inconfundible.
A perdiz destaca pola súa cor marrón pardas
arrubiadas, coa zona do ventre
cor cincento (grisáceo) e a inferior alaranxada.
A papada é blanca ribeteada de negro.
As plumas destacan por ter tres cores blanco, negro e marrón nunha
especie de franxas moi bonitas.
A silueta é rechoncha, con ás curtas e redondeadas.
Ten preferencia a camiñar máis que a voar.
O pico, o contorno dos ollos e as patas son vermellas.
Ten unha especie de cella totalmente blanca e por riba un antifaz
negro.
Na fotografía arriba a femia e abaixo o macho.
Notar o espolón do macho que se ve perfectamente.
Os machos poseen un espolón ben
marcado mentras que as femias é soio unha prominencia.
No dibuxo vense as diferencias destes
espolóns entre o macho e a femia.
Aquí vense as diferencias dos inmaduros nas ás.
A distinción cando son novas cós adultos xa é máis
dificil, faise analizando as puntas das plumas máis externas das ás; nos
novos son cor crema e puntiagudas e nos adultos non son puntiagudas
nin cor crema.
Tamén os inmaduros ou novos teñen a gorxa
cincenta sen colar negro, pero si con pencas negras.
Para unha distinción máis pormenorizada
visitar este link
, onde describe o aspecto que van tendo as perdices según os meses
de vida.
En voo e moi rápida, potente e alternando batidos e planeos.
Esta é a silueta do voo da perdiz. En
total presenta unha envergadura de 50-60 cms. As ás son cortas e
redondas.
Voz de Galicia do día 21-octubro do
2006.
De tódolos xeitos o seu voo é curto xa que as súas ás non están
dotadas para realizar vós longos. Así as arrancadas son curtas, inda que
poden recorrer planeando grandes distancias. Esto sábeno ben os
cazadores...
Regresar a
menú.
|
Alimentación: |
ALIMENTACIÓN
Preferentemente todo tipo de cereais, semillas e
plantas silvestres. Cando son novas gústanlle os saltóns que
constituen o seu "postre" favorito.
O normal na súa alimentación é o seguinte:
Na primaveira-verán: talos, granos froitos,
semillas, moluscos, coleópteros e ortópteros.
No outono e no inverno: talos de herbáceas e
granos de cereal.
Regresar a
menú.
|
Habitats: |
HÁBITAT
Alternan o monte con fincas ou lugares de labor.
O
habitual é atopala en terrenos de cultivos con lindes, regatos ou fontes e de vexetación densa. Por suposto na época de cría nos pastizais, regadíos e
zonas onde abunden a auga e os saltóns.
De tódolos xeitos a
perdiz adaptase a todo, incluso en áreas de montaña...
O
progresivo descenso evidente da perdiz no medio rural débese o abandono
notorio de zonas de cultivo. Está claro que cada día hai menos perdices
debido a este abandono. Por suposto tamén se fixeron mal as repoboacións,
con moitas coníferas que non favoreceron esta especie. Tamén o abandono
do cultivo do centeo foi nefasto para elas...
En Europa únicamente existe perdiz en
España, Francia, Sur de Inglaterra e Italia.
Mapa sacado dos Cuadernos de Campo do
Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. Unha xoia.
En Galicia as perdices eran moi abondosas na parte oeste e
menos na parte este salvo o Courel, os Ancares e a Zona do Barco e Pena
Trevinca. Eran abondosas no Ribeiro pero
as circunstancias adversas xa menionadas fan que hoxe esté catalogada de
perigro crítico. En Ourense dicen que abondan moito en Casaio,
Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso. Efectivamente pola miña banda
foron os lugares onde vín máis perdices.
(Aclaro que non
son cazador). Hai tamén repoboación con
outros tipos de perdices como a perdiz greca e a perdiz chukar.
Estas perdices aparecen xunto a perdiz
rubia no dibuxo sacado do libro Guía de aves de Galicia de Xosé M.
Penas Patiño, Carlos Pedreira López e Carlos Silvar, un
libro imprescindible e básico para calquera afecionado as aves de
Galicia.
As repoboacións, xa está dito, non van arriba.
As perdices morren o primeiro ano a mans dos cazadores ou dos
depredadores. Polo tanto non se integran no ciclo biolóxico por esa
causa. Pasa coa perdiz o mismo que pasou e pasa coas troitas de
repoboación. O primeiro ano pescanse todas ou morren, xa que son medias
"parvas" e non se adaptan a vida dura do medio. Eso sí, contentan os
cazadores e pescadores novatos...
,
Regresar a menú.
|
Paradas nupciais e niños: |
PARADA NUPCIAIS E
NIÑOS
As paradas nupciais da perdiz, son espectaculares.
O importante e básico para a perdiz macho é a exhibición dos flancos,
moi chamativos, e a ostentación de poder e forza dos machos. Esto
repítese en moitas aves. En principio o macho ponse nos cantadeiros a
chamar por suposto as femias, as liortas están o orden do día. Unha vez
que a femia acude o cortexo o macho fai as exhibicións de ás típicas,
seguidas do cortexo en posición horizontal e as danzas ao redor.
Finalmente a femia acostase sumisa e o macho fai a monta coa cópula.
O celo ven sendo por maio, a incubación dos ovos
en xuño.
Femia incubando os ovos.
No serán a perdiz vive en nucleos familiares, pero
pequenos. A perdiz é monógoma , o celo faino na primavera e os ovos
eclosionan entre maio e xuño , ata 16 ovos.
Os niños, xeralmente cunha pouca herba seca e
algunhas plumas de ave, soen estar ocultos pola vexetación nun 40%
dos casos, tamén cunha probabilidade dun 25% baixo árbores ou
ocultos por matorrais, un 8% ocultos por pedras e nun 2% sin
protección.
Normalmente choca os ovos a femia pero as veces tamén o macho. Os
ovos son blancos amarelos con puntos cor café, poñen entre 10 a 16 ovos. O
tamaño está entre 4 x 3 cms. A incubación leva sobre
25 a 25 días.
Os polos son nidífolos, abandonan o niño o nacer. Son cuidados
polos pais xa que teñen moitos depredadores, aproximadamente o cuidado é
de 60 días. No inverno xa viven pola súa conta.
Regresar a
menú.
|
Os seus inimigos: |
OS SEUS
INIMIGOS
Aparte dos incendios e por suposto do home que é quen provoca
estas desfeitas; outro dos seus inimigos son os cazadores de perdices.
Aparte ten estos inimigos:
Así por exemplo o zorro, o azor, as aguias perdiceiras e por
suposto a aguía real (prácticamente non existe en Galicia), o falcón e
por suposto todos os mustélidos.
Os grandes lagartos, os córbidos e os ofidios actuan sobre os ovos e os polos,
é moi dificil que collan unha perdiz salvo que sexan as tontarronas que
botan de repoboación...
Non se pode esquecer os herbicidas e pesticidas que afectan
moitísimo a perdiz. Tamén a perda de habitat.
Regresar a
menú.
|
A súa defensa: |
A SÚA DEFENSA
As perdices confian plenamente no seu mimetismo,
eso é o fundamental e a boa fe que o consiguen en moitísimos casos.
Nesta gran fotografía de Josef Hlasek
vese un poliño e o mimetismo do que falamos.
Nesta fotografía de polarfoto.com está
clarísimo o mimetismo do que falamos.
De tódolos xeitos teñen tácticas cando se ven
desesperadas:
1.- Ante os cazadores: levantan o voo e cambian de
lugar deixando a niñada a cuberto.
Dibuxo de Félix Rodriguez de la Fuente. A
perdiz faixe a ferida ou media morta, co que o zorro atacará sin
piedade e con ventaxa (aparente).
2.- Ante outros enemigos como por exemplo o zorro
poden incluso facerse as heridas para que o zorro as siga, despistando
para que os polos se agochen e escapen. Y por último cando o zorro ou
similar pensa que xa está feita a captura levantar o voo rápidamente.
Unha técnica que fan outros animais incluso algún réptil como a Natrix
natrix ou a Chioglossa.
Dibuxo de Félix Rodriguez de la Fuente o
falcón ataca a familia de perdices, os fillos quedan sin moverse a
femia desplázase de lugar para esconderse e o macho, valiente
levanta o voo para que o falcón o ataque e así salvar a familia.
3.- Ante o falcón o macho dominante intentará
atraer o falcón inda que lle coste a vida e así os poliños quedarán a
cuberto e a femia escapará.
Regresar a
menú.
|
Vese
nos meses: |
VESE NOS MESES
Todo o ano.
Persoalmente teño visto moitas perdices coa
súas niñadas polos meses entre marzo e xuño en moitísimos lugares da
provincia de Ourense. Está claro que na temporada de caza tamén
se ven perdices entre octubro e decembro sinon os cazadores mal o teñen...
Regresar a
menú. |
Interés: |
INTERÉS
De interés especial para a caza preferentemente.
Non está protexida.
As repoboacións que se efectuan nos montes galegos non van arriba.
Esta claro que os depredadores como zorro, os mustélidos, o gato montés, lobo, algunhas
aves e por suposto os incendios e o home dan boa conta das perdices.
Regresar a
menú. |
Curiosidades: |
CURIOSIDADES
Simplemente é bonito ver unha perdiz coa súa niñada.
Cando son descubertos os pequenos quédanse quietiñós a mai levanta o voo
para despistar. Logo cando pasa o peligro regresa, por suposto.
O seu canto é
moi característico.
As perdices son difíciles de ver e observar debido o seu mimetismo
có que se rodea. Así cando está agazapada é dificil de ver. Esto utilizao
para salvarse dos seus depredadores.
Esta é a pegada da perdiz.
Hai cousas curiosas sobre a perdiz, por
exemplo a falta de auga e para asearse utiliza zonas de area onde se
revolca, esas zonas son detectables perfectamente. Son os chamados
revolcadeiros. No dibuxo vese eses revolcadeiros.
Outra señal poden ser os excrementos que deixan as
perdices.
------------------------------------
A perdiz forma parte do noso folclore e de moitos
refráns e adiviñas como:
Canta a perdiz, canta o
merlo
cantan tódolos paxaros
Tamén eu cantaba onte
e hoxe choro os meus
traballos.
Tamén en adiviñas:
Dentro dun caixón
vai un perdigón
atrás os trilarás
e máis xente detrás.
Recollidas por X.M. Penas-Patiño no Atlas de
Vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves.
Regresar a
menú.
|
O seu canto e ampliacións: |
Canto da
perdiz.
Para oir o seu canto e ademáis ampliar datos
usar este
sensacional link.
A perdiz acocora, así se deci en galego
o seu canto.
Idea recollida do libro "As
linguas dos animais", dentro da colección "Contos do Miño" de
A nosa terra. O autor do libro é Anxo Fariña. 2006. Bonito conto.
Regresar a
menú.
|
Links sobre a perdiz: |
LINKS SOBRE A
PERDIZ
As imáxenes de
Josef Hlasek sensacionais.
Hai moitos links en internet sobre a perdiz, estos
penso que son os mellores:
A perdiz. Fortuneci. Pajaricos.es
Sao-Albacete.
Fauna ibérica.
Sobre granjas de perdices.
Traballo sensacional sobre a perdiz en Burgos.
Perdrix rouge.
As
imáxenes de Josef Hlasek sensacionais.
Regresar a
menú.
|
OS
CUADERNOS DE CAMPO.
O Mapa, algúns dibuxos e moita
información desta ficha están sacados dos Cuadernos de Campo do
Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. Unha xoia.
Foron publicados por Airtel no ano
1978.
Repito unha xoia auténtica deste home
que foi naquela época a referencia para a xente coma mín
que nos gustaba a natureza. Foi unha pena a súa morte...
-----o-----
Por suposto tamén utilizo, como en
tódalas fichas sobre aves o libro Guía das
Aves de Galicia de Xosé M. Penas
Patiño, Carlos pedreira López e Carlos Silvar de
Bahía Editores.
Regresar a menú.
Saír.
|