Accipiter nisus.

Gabián. Gavilán.

O Gabián pódese atopar en tódolo o territorio galego. Pero non é abondosa.  Moitas non debe haber xa que os corvos que é o seu manxar favorito abunda moito. Tamén se alimenta de vertebrados.

Come paxaros do tamaño dunha pomba o un corvo.

Nidifica en árbores altos : carballos, castiñeiros, piñeiros.

Realmente o gabián é unha réplica en pequeno do azor.

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír                                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Gabián: características

 

Nome científico Nome galego e outro nomes. Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Niños Inimigos
     
Protección Canto                   Video Bibliografía

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico

Accipiter nisus.

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Falconiformes

Familia: Accipitridae

Xénero: Accipiter

Especie:  Accipiter nisus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Gabián.

 

Outros nomes. Portugal Gaviao da Europa, en Cataluña  Esparver vulgar e en Euskadi Gabirai.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Gavilán.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

28-48 cms.

O macho ten sobre 28 cms. mentras que a femia sobre 38 cms. Hai polo tanto unha gran diferencia.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

O macho é de cor gris como se pode observar e ten unhas raias atravesadas moi vistosas (que tamén ten o azor).

Ten tamén tonos avermellados nas partes ventrais e no peito.

Fotografía de Eduardo Nogueras.

Na fotografía vese ese tono avermellado.

 

Paréceme moitísimo o azor. De feito o gabián femia ten un gran parecido có azor. Os especialistas falan dunha distinción en canto os tarsos das patas que o gabián os ten máis longos; esto por suposto xa son palabras maiores...)

Este é o azor.

 

Este é o gabián.

O adulto ten os ollos tirando a laranxa, mentras que os inmaduros son amarelos.

O macho do gabián é moito máis pequeno que a femia.

Este é o gabian voando.

Este é o azor. Realmente non se distingue en voo do gabian. Este é máis grande pero...

O voar teñen un rabo moi longo que é característico.

Pódese confundir tamén co cuco.

Este é o cuco.

A cabeza dende logo é moi distinta. En voo o rabo do cuco é redondeado. As ás son  apuntadas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Come paxaros do tamaño dunha pomba o un corvo, tamén lle gustan as pegas, os pardaos, os merlos  e os estorninos.

Na imaxen remata de cazar unha pomba.

Por suposto as presas do gabián son un pouco máis pequenas que as do azor.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Prefire os bosques de pinos, inda que tamén se atopan nas carballeiras.

O Gabián pódese atopar en tódolo o territorio galego. Pero non é abondosa.  Fálase de 3000 parellas. As veces aparece en terrenos habitados.

Moitas non debe haber xa que os corvos e as pegas que son o seu manxar favorito abundan moito. Tamén se alimenta de vertebrados.

Pódese ver todo o ano.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Construe o niño en árbores entre 7 a 16 metros.

Pon entre 3 a 5 ovos no mes de xuño.

Os polos voan as 5 semáns.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Moitos: o home por suposto, sempre se falou do gabián como alimaña; e logo os mamíferos do tipo sobre todo a xineta, garduña e  a marta.

A guerra que teñen declaradas as aves nocturnas as diurnas tamén afecta bastante o gabián. Así os buhos poden expoliar niños, etc.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Está estríctamente protexido.

Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.   

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Oir o canto do gabián:

Oir o seu canto:

O canto é tamén moi parecido o do azor.

Oir o seu canto (canto do gabián).

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fontes : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.

O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de  Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.

Tamén me gusta o libro "As donas do vento" de Xurxo de Vivero.

 

Ir a características

 

 

 

 

Saír.