Bufos
galegos:
Desgraciadamente en Galicia
xa non queda o Bufo real ( Buho buho) de ata 1,70 cm. de envergadura (
pódese atopar algún no Caurel pero teño as miñas dúbidas).
Bufo real, prácticamente desaparecido de
Galicia, unha mágoa. Fotografía sacada do libro "As donas do
Vento" de Xurxo de Vivero.
En Galicia no ano 2005 estase a recuperar, é a
única ave que se está facendo algo, o parecer nas Fragas do Eume, estase
a recuperar esta ave. Lévase un ano intentando facer algo e inda non se
coñecen os resultados, estaremos atentos.
Esta información está sacada da Voz de Galicia do
día 8 de maio do 2005. Esperemos sexa certa.
Outro bufo é:
O Bufo pequeno (Asio utus) sobre 90 cm.
tamén moi escaso. Quizais no Caurel. Os únicos que nos quedan, de
momento, son o bufo asubiador e o moucho.
Bufo pequeno, prácticamente xa non quedan en
Galicia, penoso. Fotografía sacada do libro "As donas do
Vento" de Xurxo de Vivero.
Dende estas liñas apelamos os galegos que aman a
súa terra para conservar o que temos e cuidar a nosa natureza.
Ir a
características