Turdus merula. 

Merlo común. (Mirlo común).

O merlo é moi abondoso en Galicia.

Alegra moito os campos onde habita, xa que ten un canto variado e agradable.

Pódese confundir cun corvo, pero é  doado distinguir a un merlo dun corvo, o merlo ten o peteiro distinto, é máis estilizado, máis pequeno e canta marabillosamente.

No Incio, e concretamente en Calvos-Vilasouto chámanlle cochorra. Gústanlle moito as cereixas.

Ver características.  

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MERLO: características

 

Fotografía de Peter Vogel.

Nome científico Nome galego e outros. Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Niños Alimentación Protección
     
Canto do merlo-Video Folclore do merlo               Videos Vese nos meses de...
     
Merlo-canto-calvos

O merlo. Manuel María.

Modificado ---->17/05/2016

 

salir.jpg (922 bytes) Saír    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Turdus merula

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Aves

Orden: Passeriformes

Familia: Turdidae

Xénero: Turdus

Especie : Turdus merula

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Merlo, merliño, cochorra, cochosa, cotrosa, melro.

 

O nome de cochorra dinllo na zona do Incio, concretamente no pobo de Calvos en Vilasouto oinlle decir cochorra a Mari Carmen do Crego e a miña tía Mercedes.

Manuel María chámalle melro.

Outros nomes: en Portugal chámase melro, en Cataluña dise Merla e en Euskadi dise zozo.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Nome castelán:

Fotografía de Peter Vogel.

Mirlo

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

25 cms. Trátase dunha ave máis ben grande. Distínguese de tódas formas dos corvos xa que os merlos son máis pequenos.

A envergadura vai os 36 cms. de media.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

O macho é totalmente negro. O peteiro alaranxado.

As femias son pardas moi oscuras.

 

A esquerda o merlo femia, máis pardo oscura, e a dereita o merlo macho.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía de Peter Vogel.

Come de todo, froitos e insectos. Come tamén arañas e miñocas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Campos, fragas, xardíns, hortas , sempre que haxa vexetación a media altura.

Vese tamén a carón dos ríos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Cría en hedras e silveiras. Fai un niño bastante voluminoso sobre 2 metros do chan.

Pon entre 3-4 ovos que choca a femia durante 14 días. Os polos voan as dúas semáns.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Especie vulnerable.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Oir como canta e ampliar datos.

Canto do merlo:

Oir como canta.   

Os datos do canto están sacados dunha www sensacional  Xeno-Canto.org.

 

Ver tamén este video:

 

Decir que o merlo canta como todos os paxaros pero sería mellor decir que o merlo trila.

 

Idea recollida do libro "As linguas dos animais", dentro da colección  "Contos do Miño" de A nosa terra. O autor do libro é Anxo Fariña. 2006. Bonito conto.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Folclore:

Folclore.

Entre outras moitas cancións escollo "O Sacristán de Coimbra" onde se fai referencia a un merliño de pico encarnado ou alaranxado.

A canción, que é preciosa dice así:

O sacristán de Coimbra//facía dez mil diabluras// Mollaba o pan en aceite//deixaba os santos a escuras.

E vate fado//e vate ben//ti es a causa do meu querer.// E vate fado, e vate forte,//ti es a causa da miña morte.

O mar tamén ten amores,// o mar tamén ten mulleres//.Está casado coa area//dalle bicos cando quere//.

Fotografía sensacional sacada desta dirección.

© Leif Høxbroe

Eu quixera ser merliño// e te-lo bico encarnado.//Para face-lo meu niño//no teu cabelo dourado.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de...

Vese nos meses de...

Realmente vese todo o ano.

Ir a características

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Canto do Merlo.

O merlo é un paxaro que imita o que lle poñan diante. Un fenómeno. Non hai máis que observalo e escoitalo. Para mín é un cantor nato...

No video que sigue demostro como o merlo contesta o meu silbato, realmente imita o que quere e lle da a gana...

O merlo trila pon de feito varias notas en xogo...

Videos

Ir a características