Erithacus rubecula. 

Paporrubio. (Petirrojo).

É un páxaro abondoso en Galicia.

É moi familiar, permite que nos acheguemos mentras canta,  por certo moi ben. Ten moita cantidade de sonidos, é todo un artista.

O seu habitat son os xardíns, cultivos, soutos e fragas.  Vese a carón dos ríos galegos.

Vense paporrubios incluso en decembro. (En Ourense vín paporrubios en Reza, a carón do río MIño), tamén nós ríos Barbaña e Barbañica en Ourense ciudade.

Por suposto nos vales do Incio e Vilasouto, moitos en Calvos,  a carón dos ríos Cabe e Mao vense moitos.

Repito que é moi familiar.

 

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paporrubio: características.

 

Nome Científico Nome galego e outros. Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Niños Protección
     
Vese nos meses de ... Interés Canto do pap.    Videos
     
Paporrubio de Calvos.

Outros cantos

Modificado  ---->08/02/2021

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Erithacus rubecula

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Aves

Orden: Passeriformes

Familia: Muscicapidae

Xénero: Erithacus

Especie : Erithacus rubecula

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

galego

Nome galego:

Paporrubio, pisco (en Ourense chámase así). 

Nota: en Portugal chámanlle o "Pisco do peito ruivo". En Cataluña chámase Pit roig e en Euskadi Txantxangorri.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Petirrojo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Sobre 14 cms. Pesa 15 grs. É pequerrecho.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Sexos iguais. A parte superior é parda olivácea. A fazula,gorxa, papo e peito rubio.

O ventre blanco sucio.

Vese cantando sobre todo o amencer e ó solpor.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Preferentemente invertebrados (as miñocas gústanlle moito...), caracois, bagas de bieteiro, hedra,etc.

É todo un experto en extraer miñocas do chan, un verdadeiro especialista.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

É bastante común. É doado encontralo preto dos cursos fluviais, árbores de campos e tamén nos parques.

Ten preferencia polos cursos fluviais.

Atopei paporrubios a carón do río MIño en Reza, Ourense.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Anida nas paredes e mesmo no chan (sempre que haxa ortigas preto). Tamen en arbustos, preferiblemente espiñosos.

Pon de marzo a xunio de 2-6 ovos blancos apencados de rubio que choca a femia durante 13 días.

Os 13 días xa voan os polos.

Dúas e ata tres roladas o ano.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de :

Todo o ano pero preferentemente na primaveira e no outono. É sedentario en Galicia onde se mezcla cós que veñen do norte de Europa.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moito.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non está protexido.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como canta o paporrubio.

Como canta o papurrubio:

O papurrubio ten cantidade de acordes musicais distintos, ata 1300, ten polo tanto un repertorio incrible.

Oir como canta o papurrubio.

Ver tamén estos link.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O meu amigo paporrubio de Calvos.

Digo meu amigo xa que este paxariño leva dous anos vindo coa súa familia anidar a dous metros da salida da cociña da casa da familia da miña dona. O ano pasado 2012 fixo o niño nun arbusto a dous metros da cociña este ano casi a carón.

Come de todo e dende logo é moi avispado e rápido. Da gusto velo tan pequeniño e tan inqueto. Inda por riba é bonito...

O meu amigo de Calvos (Vilasouto-Incio-Lugo). Canto do paporrubio      Videos 

Abril 2013.

Ir a características