Falco
tinnunculus.
Lagarteiro peneireiro. (Cernícalo).
O lagarteiro peneireiro é un falcón que abonda
moito en Galicia.
Pódese confundir co gavián pero o seu voo é
completamente distinto: este peneirase dunha forma característica e dende
logo ten un voo que non bate e planea o mesmo tempo. Merece a pena
observalo. A forma de peneirarse é moi característica e
distintiva.
Vense algunhos embalsamados nos bares galegos.
¡ Mal
síntoma !!.
Ver
outras características.
Saír
Lagarteiro peneireiro:
características
Saír
Nome
científico |
Nome
científico:
Falco tinnunculus ( Lin.)
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Falconiformes
Familia:Falconidae
Xénero: Falco
Especie: Falco tinnunculus
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Lagarteiro peneireiro, lagarteiro, peneireiro,
Páxaro da chuvia, peneiriño.
Outros nomes: en Portugal Peneireiro de dorso
malhado , en Cataluña Xoriguer comú e en Euskadi Belatz gorri.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Cernícalo vulgar.
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
O normal 26 - 33 cms. 150- 280
grs.
Ir a
características |
Identificación: |
Identificación:
A plumaxe é bastante clara con manchas
oscuras. As ás son castañas con manchas negras moi características en
forma de lágrimas.
A cabeza do macho é cincenza azuada o
mesmo que a parte de abaixo do rabo o que o fai inconfundible cando voa. O
rabo é primeiro azuado, logo unha banda negra e finalmente unha banda
blanquiña. Non hai dúbidas.
En voo é a silueta típico do falcón:
ás e rabos longos, rápidos batidos coas ás planas, peneirase de modo moi
característico, precisamente de ahí o seu nome de peneireiro, é capaz
de estar nun lugar quieto - parado simplemente batendo rápidamente as
ás. É único.
A voz é un claro "quiqui".
Canto
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Gran fotografía de P. Dubois.
Pequenos mamíferos,
insectos e reptís.
Gústanlle moitísimo os saltóns.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Campiñas con penedías,
tamén en monte baixo.
En Ourense hai moitos pola zona de Trives, Castro
Caldelas, Montederramo, etc.
Houbo moitos criando nos piñeirais que había a carón
das viñas no Ribeiro, hoxe non hai ningún. A última cita foi no ano
1979. Este dato está recollido do libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de
Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e outros.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
Construe o niño en
penedías en pontes ou árbores. Pon de maio a finais de xuño
entre 2-6 ovos brancos con manchas arrubiadas.
Os 28 días chocan e o cabo do mes xa boan os
paxariños.
As veces tamén utiliza niños vellos de pombos
e córvidos.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de ...
Febreiro a finais do
verán perfectamente.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moitísimo.
Ir a
características
|
Protección |
Protección:
Está protexida pero vense
moitas nos bares galegos momificados. Mal síntoma.
Nidificante-sedentaria, de interés especial y
estrictamente protegida.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
Trátase dunha especie moi
popular, aparece en contos, preséntase nas cantigas populares, por
exemplo:
Lagarteiro peneireiro, /// deixa xa de peneirar;///
non me lémbre - la mociña /// que me ten a tolear.
-------
Aló arriba naquel outeiro/// haivos un niño de
lagarteiro./// Eu fun alá, non tiña nada;/// ¡ malia o pai que a
filla non daba !!
------
Non te rías porque bailo,/// que non caio anque
tropezo /// non caen tódolos polos /// nas unllas do lagarteiro.
--------
Outra curiosidade é que atribúese á esta ave a
predicción da chuvia, que anuncia cando se peneira no ceo, polo que
recibe o nome de Paxaro da chuvia.
Este é o canto.
Ir a
características
|
Ver
outros links: |
Ver outros links:
Ampliar
coñecementos.
Ir a
características
|
Falcón pequeno (alcotán): |
O falcón pequeno:
alcotán
En Galicia tamén se ve o falcón
pequeno, en castelán alcotán, sobre todo preto das masas de auga.
Bota sobre 36 cms. Tamén se alimenta
de aves pequenas que captura en voo.
Por suposto pódese confundir co
lagarteiro.
Lagarteiro.
Ir a
características
|
Bibliografía
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están
sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro
"Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un
libro sensacional.
"Fauna vertebrada do Ribeiro" de
Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e outros.
Ir a características
FOTOGRAFÍA EN
VOO.
A fotografía é de Ludomir Hlasek é
mostra como se pode peneirar perfectamente o lagarteiro, e todo
un espectáculo. Ademais é marabilloso.
Outra mostra. Sacado de IVN Vecht&Plassengebied -
Kennis der natuur.
Sensacional fotografía de Ruchet.
Ir a características
Saír
|