Garrulus glandarius.

Gaio común.(Arrendajo común).

A este  paxaro fágolle ficha por varios motivos, en primeiro lugar xa que se pode atopar a carón dos ríos, sempre onde teña moitas árbores; logo tamén polo seu canto que é moi curioso e capaz de imitar a outros, tamén xa que ten unha plumaxe moi chamativa e fermosa, e finalmente, teño que recoñecelo non coñecía esta ave.

Ten razón polo tanto Ramón Sineiro cando lle fai unha ficha no libro "As aves do río Gafos", cando dice que é descoñecida por moita xente.

Últimamente xa ó vexo máis a miudo, gusta moito das árbores do bosque pero non moi lonxe das hortas xa que é un especialista por exemplo comendo chícharos, tamén figos e outros, menudo elemento...

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gaio común: características.

 

 

Nome Científico Nome galego e outros. Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Niños Protección
     
Vese nos meses de ... Interés e curiosidades Canto           Video moi bon

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

 

Garrulus glandarius

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Aves

Orden: Passeriformes.

Familia: Corvidae

Xénero: Garrulus

Especie : Garrulus glandarius.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Gaio común, gaio, pega rebordá, pega marza.

Nota: en Portugal chámanlle Gaio,  en Cataluña chámase Gaig e en Euskadi Eskinoso.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Arrendajo común.

 

Nota: o nome de arrendajo en castelán seica ven de arrendar, e efectivamente este paxaro toma a voz prestada de outros xa que os imita perfectamente. No bosque enseguida da a voz de alarma.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Sobre 34 cms.   Ten unha envergadura media sobre 55 cms.

Trátase polo tanto dunha ave bastante grande.

Ademáis é común.

Estarei atento a partir de hoxe para vela no bosque e fotografiala, non teño perdón...é un decir.

Xa vín a este paxaro, concretamente facendo unha ruta preto de Lovios e camiño da fervenza da corga da  Fecha.

Últimamente vexo que abunda pola zona do Incio, concretamente en Calvos, Vilasouto (Incio - Lugo). Vin varias parellas en xuño do 2009. De feito andan os chícharos, a primeira hora da mañán, o sair o sol e póñense a botas...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

O corpo é unha mestura de rubio e gris.

A gorxa é a zona da cloaca é branca.

As ás son incribles xa que teñen zonas azul-negro en mosaico, outra parte é negra con branco e outra parte e cinza.

A cabeza é grande en relación o corpo, ten ollos grandes, un peteiro moi considerable e uns bigotes negros baixo as meixelas. É moi curioso.

O voo semella o de unha bolboreta, trátase polo tanto dun voo bastante incerto e pesado, non me estrana que teña inimigos que aproveiten esta circunstancia como depredadores.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

 

Preferentemente landras e castañas. Tamén todo tipo de froitos, sobre todo de acivro, bagas de hedra, figos, tamén coleópteros.

Teño observado que é un especialista por exemplo comendo chícharos, primeiro arranca a casula completa e logo con calma abre a casula e come de un en un. Todo un especialista. É moi abondoso en Calvos, Vilasouto (Incio-Lugo) onde en xuño do 2009 vexo dúas parellas facendo a operación anterior nas primeiras horas do día, un espectáculo...

No 2015 vexo a varios galos comendo figos da nosa figueira, escapan nada maís acercarse un ...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

É bastante común en toda Galicia.

Pode atoparse en calquera lugar: fragas, soutos, carballeiras e piñeirais. Normalmente non sae destes bosques.

Pode atoparse ata 1.400 metros de altitude.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Anida en árbores.

Pon entre 3 a 6 ovos azuis. Gústalle moito facer o nido nos piñeiros, pero tamén o fai noutras árbores.

Choca a femia sobre 15 días e deixan o niño os otro 20 días.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de :

Dicen que todo o ano.

Eu dende logo non o teño visto.

De tódolos xeitos seica é a especie máis forestal dentro dos córvidos e seica moi ruidosa. Hai que fixarse, esta claro...

Nota: efectivamente si que vín o gaio concretamente no Xurés na miña última visita, ademais é bastante abondoso. É cuestión de observación e levantar un pouco a vista.

Volvo a ver este gaio en xuño do 2009 en Calvos-Vilasouto (Incio-Lugo).

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

Moito.

Ten a costume de enterrar as landras que atopa, o que fai que moitas delas medren na primaveira seguinte como novas árbores. Pódese, polo tanto, considerar como un sementador de bosques.

É moi ruidoso.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Non está protexido.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como canta:

Para oir o seu canto, en distintas posicións pulsar este link marabilloso.

 

Taménmerece a pena visitar este link:

https://www.bird-songs.com/indexes.htm

Ten un canto bastante curioso xa que é capaz de imitar outras aves, sobre todo as dos seus inimigos como o miñato ou o azor.

 

Ir a características

 

Fonte : "Guía das aves de Galicia". Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Tamén utilizo o libro "As aves do río Gafos" de Ramón Sineiro.

Saír