Curiosidades:
//// Na carballeira da Pena //// está a curuxa
pousada;/// non lle teñas medo, nena //// a curuxa non fai
nada.///
(Texto sacado do sensacional libro
"Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos
Pedreira. Tamén o dibuxo) .
As curuxas son consideradas como predictoras do
tempo, así o dito "Curuxas na carballeira, caldeiros á
goteira".
Dicen que tamén son predictoras da morte. Tamén
se asocian co demo e os agoiros.
Realmente tense a coruxa como ave de mal agoiro,
moito mais cando anda a voar arredor das casas onde hai enfermos, nas
nosas aldeas ténselle medo pois hai xente que pensa que o seu voar silandeiro leva
a desgracia e a morte sobor de todo cando vota o seu axurido perto
dalgunha casa.
A verdade é que eu non creo no anterior inda que
fai anos as coincidencias poden ser reais e a xente asocia, a curuxa é
evidente ten que voar, ten que cazar e ten que facerse ouvir, o resto
son causalidades e producto da lei de probabilidades. É unha opinión.
A expresión "parece unha curuxa" é típica en
Galicia para decir que é unha muller vella.
Dicen que bebe o aceite nas igrexas ( esto é unha
tradición). Por suposto non é certo.
Hai moitos ditos populares sobre a curuxa:
"Curuxa noiteira, maiadores á eira",
este
refrán refírese a que si se ve moito pola noite, hai que facer a malla
e preparar o pan na eira que son tempos...
"Xa lle vín os ollos a curuxa",
este refrán dícese daquela persoa que xa pasou por todo na vida.
"Curuxa tardega, auga noitega",
este é un refrán metereolóxico, é unha broma, pero é certa. Si se
ve unha curuxa pola tarde, quere decir que pola noite vai chover,
normalmente estos ditos teñen moito que ver coa realidade.
///Se canto son unha tola //// se non canto, unha
curuxa;//// se me lavo unha profana;/// se non me lavo unha sucia////
Canción popular.
Ir a
características