É inconfundible. Polos seus cores. Ten o lombo pardo,
rabo negro con puntas brancas e lixeiramente gallado; ás negras coas
puntas brancas, a boca e cara é vermella. O peteiro é cónico.
Voa en ondas.
Canta "chu-gui, chirú, chu-gui". Inconfundible, sempre
que a primeira vez estemos cun experto, logo non se olvida.
Construe o niño en árbores e sebes.
Pon na primeira semán de maio 3 ovos que choca a femia en 13-15 días.
Os 13 días están voando os polos. Ten dúas niñadas o ano.
É un paxaro abondoso na zona de Ourense e dende
logo preto dos ríos. En setembro é máis doado atopalo preto do mar
nas costas, xa que lle gustan moito os cardos.