Perdix
perdix .
Perdiz Charrela. (Perdiz Pardilla).
Esta é unha ave que prácticamente non
existe en Galicia ou está en franca regresión.
Vese en zonas de monte baixo e labradío de zonas
montañosas.
A Xunta cita a charrela recentemente como de proteción especial
en Ourense na zona do Invernadeiro.
Eu nunca vin esta perdiz.
Aliméntase de todo: insectos, semillas, etc.
É distinta
da perdiz rubia, típica. Ver características.
Saír
PERDIZ
RUBIA E PERDIZ CHARRELA.
|
|
Perdiz Charrela. |
Perdiz común. |
Os dibuxos están sacados do libro Guía das Aves de
Galicia, citado na bibliografía. Un libro de campo imprescindible para ir
o campo en Galicia.
Concretamente Guía das Aves de
Galicia. Bahía Edicións. Xosé M. Penas Patiño, Carlos Pedreira López
e Calros Silvar.
Ir a
características
CARACTERÍSTICAS DA CHARRELA
Nome
científico |
Nome
científico:
Perdix perdix (Lin.).
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden: Galliformes
Familia:
Phasianidae Xénero: Perdiz
Especie : Perdiz perdiz
Ir a características
|
Nome
galego |
Nome galego:
Perdiz charrela, perdiz cincenta (
chámanlle en Portugal).
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Perdiz Pardilla.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
Sobre 390 gr. o adulto. Sobre 30 cms. A femia é
máis pequena e menos marcada co macho, por exemplo non ten a ferradura
( casi) que ten o macho no peito.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
É inconfundible. Os machos poseen un espolón ben
marcado mentras que as femias é soio unha prominencia. Por outra banda
as cores non deixan ocasión para confundirse. As gorxas son grises
tirando a azulado e
non teñen collar negro. A parte superior é arrubiada.
A súa voz é "kirr - girr", que o
espantarse convírtese nun rápido cacareo.
De tódolos xeitos non debe confundirse coa perdiz
rubia, xa que esta non ten no peito dibuxada unha ferradura e o pescozo
é totalmente distinto.
Na charrela a cabeza, e a cara son
rubias; o pescozo e o peito cincentos, o dorso pardo; as costas riscadas en
castaño e branco, e ten unha mancha castaño oscura no peito en forma de
ferradura.
Pode confundirse en voo,
pero ver as diferencias.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de cereais, semillas y
plantas silvestres. Tamén come insectos e arañas. Cando son xóvenes gústanlle os saltóns que
constituen a súa principal dieta.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Xeralmente en zonas de montaña alta e
escarpada.
Alternan o monte con fincas ou lugares de labor.
Está en plena regresión, atópase limitada as serras orientais a
partir de 1200 metros. Tamén nos Ancares e no Caurel.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
No verán a perdiz vive en nucleos familiares, pero
pequenos. A perdiz é monógoma , o celo faino na primavera e os ovos
eclosionan entre maio e xuño , ata 14 ovos.
O niño faino no chan. Pon entre
abril a xuño; a posta normalmente retrásase nas zonas montañosas. Os
ovos son amarelos -verdosos, sobre 12 a 18 ovos, que choca a femia
durante 23-25 días, os polos son nidífugos ( deixan o niño as poucas
horas) e voan os 15 días.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese nos meses de ....
Todo o ano.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
De interés especial para a caza preferentemente.
Está a punto de desaparecer de Galicia. Razóns moitas : esta especie
vive en terrenos de alta montaña, terrenos que son moi duros, con neve
en moitas partes do ano, logo a caza que é incrible. A charrela é moi
perseguida.
Pode desaparecer de Galicia si non se toman
medidas.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
No outono esta perdiz reúnese en bandos
familiares, que se disgregan o final do inverno, formándose entón as
parellas, tornandose os machos moi agresivos defendendo o seu
territorio. No cortexo as parellas saltan polo aire perseguíndose un o
outro. Espectacular.
Simplemente é bonito ver unha perdiz cua súa niñada.
Cando son descubertos os pequenos escóndensen e a mai levanta o voo
para despistar. Logo cando pasa o peligro regresa, por suposto.
Hai unha www sobre a caza da
perdiz
na zona de Verín que pode ser interesante.
Así
canta a charrela.
Ir a
características
|
|