Accipiter
gentilis.
Ave
das galiñas. (Azor).
O Azor pódese atopar en tódolo o territorio
galego. Pero non é abondoso (hai quen sostén que sí, e fala de 800 a 1.400
parellas).
Moitos non debe haber xa que os corvos que é un dos
seus manxares abunda moito.
Tamén se alimenta de vertebrados.
Come páxaros do tamaño dunha pomba o un corvo.
Nidifica en árbores altos de 10 ou 20 metros.
No Courel hai uns cantos.
Pode confundirse en voo co cuco.
Ver características.
Saír
AZOR:
características.
Nome
Científico: |
Nome científico
Accipiter gentilis ( Linn.)
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Accipiter
Especie: Accipiter gentilis
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome
galego:_
Azor, ave das galiñas.
En Portugal chámanlle AÇor, en Cataluña
Astor e en Euskadi Aztore arrunt.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Azor
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
Gran fotografía de Bob&Peter Wood.
É un paxaro bastante grande, entre 50 a 60 cms. Cunha
envergadura de 95-120 cms.
O macho é máis
pequeno que a femia. Mentras que o macho pesa entre 520-1100 grs. a femia
faino entre 750-2000 grs.
Ir
a características |
Identificación: |
Identificación:
Resulta inconfundible, o
macho e a femia son un pouco diferentes pero parecidos.
Os ollos son inconfundibles.
En voo destacan por ter un rabo moi
longo así como as ás redondeadas, con cabeza pequena.
Para máis detalles ver a bibliografía
citada.
O azor ten unhas bandas horizontais de cor
gris no corpo
que son moi abondosas. Tamén as ten o gabián, pero son menos
abondosas. De tódolos xeitos un azor pequeno parécese moito a un
gabián femia.
Fotografía de Josef Hlasek.
O azor ten unha linea blanca por riba do ollo que lle chega
ata atrás. Pode verse na fotografía perfectamente.
Por suposto que se pode confundir
co gabián e co cuco. O azor é moito máis corpulento que o gabián.
Así mentras o azor bota entre 50-60 cms o gabián é casi a mitade
entre 28-48.
Con respeto o cuco son distintos
na cabeza e sobre todo na cola e nas ás que son apuntadas as do
cuco).
Este é o
cuco. Observar o apuntamento das ás e a cabeza que é moi distinta.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Fotografía de Hanm Hautala.
Aliméntase de outras aves principalmente, en
especial, as córvidas. Pero tamén gusta das pegas, estorniños e pombas.
Realmente aliméntase tamén de outros tipos de aves.
Do anterior dedúcese que si en Galicia hai moitos
corvos, e por que hai poucos azores (Pero seica non é así si realmente hai no
ano 2005 entre 800-1400 parellas, datos da Voz de Galicia, especial de
fauna galega).
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Forestal. Gusta moito dos pinares e das carballeiras. Dos pinares
aproveita para facer niños. Móvese ben por eles.
A auga non debe andar lonxe.
Non é doado velo pero si escoitalo xa que enseguida
berra cando se merodean os niños. O seu berro é bastante especial. (Ver
máis abaixo)
A súa forma de voar e o seu estilo permítelle
moverse perfectamente entre as árbores.
Ir a
características |
Inimigos: |
Inimigos:
Moitos: o home por suposto, sempre se falou do azor
como alimaña; e logo os mamíferos do tipo sobre todo a xineta, garduña e
a marta.
A guerra que teñen declaradas as aves nocturnas as
diurnas tamén afecta bastante o azor. Así os buhos poden expoliar niños,
etc.
O azor é unha ave diurna.
Ir a
características |
Niños: |
Niños:
Construe un niño (as veces aproveita un niño de
corvo ou xa feito doutro azor ) en árbores de 10 a 20 metros, xeralmente
pinos ou carballos.
Pon a partir de xunio de 3 - 4 ovos rancos - azulados. Choca os 35-40
días.
Os pitos voan as 5 semáns.
Ir a
características
|
A desgracia das rapaces galegas: |
A desgracia
das rapaces galegas:
Pois sí, a desgracia foi que sempre
foron consideradas alimañas e por suposto sempre se falou delas como
nocivas para a caza, polo tanto sempre perseguidas. Incluso houbo épocas
que se pagaba a súa morte.
Hoxe as cousas parece que empezan a
cambiar, de tódolos xeitos como caza hai pouca, e malos cazadores
moitos, os azores pásano mal, moi mal.
Ir a
características |
Vese
nos meses: |
Vese nos meses de ...
En Galicia é sedentario, non é escaso.
Pode verse todo o ano.
O seu canto pode
oírse
neste link. Trátase dun berro de alarma moi característico.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Está estrictamente protexido.
Nidificante-sedentaria, de interés especial y
estrictamente protegida.
Ir a
características
|
O azor na cetrería: |
O azor na cetrería
O azor foi e sigue sendo moi usado en
cetrería pola súa rapidez en cobrar as pezas.
Ir a
características
|
Bibliografía
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Ir a características
Saír.
|