Aquila chrysaetos.

Aguia real. (Águila real).

"Poucas quedan en Galicia" 

A aguia real case que non se atopa en Galicia.   A Xunta (1997-2005) citaba esta especie como protexida no Parque do Xurés.  En outubro do 2000 está casi a punto de desaparecer. Posteriormente, tamén en octubro,  do 2006  deixaron en libertade unha parella, o 15/10/2006 no Xurés. ¡Enhoraboa!. Seica hai cinco máis nos Ancares. Fálase doutra parella no couto de caza de Xares na Veiga.

En novembro do 2008 matan unha aguia do Xures nun couto de caza de Salamanca. No 2009, en setembro,  morren electrocutados dous exemplares novos que se incorporaran en xuño o Parque do Xurés en Ourense.

Seica se consolida a súa presencia no Xurés, en Ourense, en xullo do 2011. Agora en febreiro de 2014 parece que as aguías reais anidaron no Xurés?. Non sei si tomar a noticia como propaganda electoral, por decir que fan algo ou como realidade.... Finalmente, novembro 2014, soio quedan tres das 13 introducidas.

Seica no 2016 atópanse, por avistamentos, 13 parellas en Galicia...costa creelo...

 Ver características.   

Saír                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AGUIA REAL: características.

Saír                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Aquila chrysaetos

 

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Aves

Orden: Falconiformes

Familia: Accipitridae

Xénero: Aquila

Especie : Aquila chrysaetos

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome galego:

Photo de BorealForest org.

Aguia real.

Si son pequenos chámanse aguiotos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Aguila real.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Sobre 76-90 cms. Cando voa e leva extendida as ás mete medo, pode chegar ata dous metros.

O seu peso está entre 3 a 6 kg.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É inconfundible. Sexos semellantes na cor.

Castaña oscura coa cabeza, parte posterior do pescozo e ás arrubiadas.

En voo destacan as ás longas, anchas, rectangulares. Ata dous metros pode medir coas as abertas.

Pódese confundir en voo co miñato, pero este non ten tan ancha a banda terminal negra do rabo.

Observar a fotografía.

O pico xa se ve que é negro e a cera de cor amarelo intenso é outra das características da aguia real.

Na cera están tamén as fosas nasais.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Preferentemente coellos, pero tamén gusta de grandes lagartos e cobras, así como diversos mamíferos, incluso animais mortos, mesmo domésticos.

É unha cazadora marabillosa: a aguia está diseñada para cazar e neste arte non ten rival. Garras poderosas, voo incrible. As suas presas poden botar ata 7 kg. O coello é o que máis lle gusta pero na súa ausencia come de todo.

O seu voo, repito, é incrible, xogando o factor sorpresa utilizando os picados longos e rasantes para sorprender as suas pezas, aproveita os saintes da orografía como ningunha outra ave.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Zonas de montaña con moitos penedos. En Galicia en regresión total. Hai algunhas en zonas da serra dos Ancares e o invernadeiro, pero cada vez menos.

Tamén nas zonas preto de Portugal, onde habitan moitas mais.

En Galicia dicen que soio hai 5 parellas. Eu penso que nin eso. Dende logo na Coruña e en Pontevedra non hai ningunha parella.

A Voz de Galicia do día 8 de maio do 2005 dice que hai dez exemplares, realmente non sei que pensar, dentro dun mes son as eleccións. O que si sei é que A Xunta de Galicia (1990-2005) non fixo nada por esta gran ave...

En Portugal falan de 30 parellas.

Realmente lamentable.

Na Voz de Galicia do 22 de agosto do 2004 falaban  de 5 a 7 exemplares...que foron botadas pola Xunta de Galicia. Como dice Adega "tirar caldeiros o mar", algo parecido.

A aguia ten os días contados, en Galicia o seu habitat estase a cubrir con Parques Eólicos que dan máis cartos... Lamentable.

Seica deixaron libres no Parque do Xurés unha parella; concretamente o día 15/10/2006 (seica son unha de Aragón e outro de Castela)  esperemos que críen e vaian para arriba. ¡Enhoraboa!.

O parecer está prevista porlle comedeiros e suministrarlles comida a parella: coellos, perdices e algúns animais mortos. Tamén un seguimento especial da parella vía GPS e en base a combinalo coa telefonía.

Este é un anaco da noticia:

 

Pola súa parte, José Benito Reza destacou ante os xornalistas que a solta de aguias reais de hoxe "é emblemática por se tratar dunha ave incluída no catálogo de especies ameazadas por estar case extinguida en toda Europa".

Tamén relatou que desde fai tres anos se liberaron no Xurés catro aguias reais macho "dos que un morreu, e só outro formou parella cunha femia do veciño Parque Natural dó Geres en Portugal polo que a parella liberada hoxe é La Primera do Parque Natural do Xurés e a sexta de Galicia, onde estas aves encontraron un medio adecuado, ata agora, no sur de Lugo e a zona raiana entre Ourense e Castela-León".

Reza engadiu que o lindeiro parque natural portugués implantará en breve o sistema de seguimento das aves utilizada agora no ourensán e sinalou que a liberación da parella de aguias reais é un fito na reintroducción de especies no Xurés "xa que pode completar o éxito obtido coa cabra montesa".

Entre a fauna que se mantén na zona protexida, Reza aludiu ó lobo, o corzo, o cervo, o xabaril e o gato montés e lembrou a perda do oso pardo, ocorrida fai anos".

Xosé Benito Reza é actualmente o Director Xeral de Medio Ambiente en setembro do 2006.

Engadir que no 2009 Xosé Benito Reza xa non está como Director Xeral de medio Ambiente, inda máis xa non existe esta consellería. có P.P. no goberno xuntáronse total en Infraestructuras e obras.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Finalmente:

Dous exemplares novos que liberaron no Xurés no 2009

No 2009 quedaron liberadas catro aguias en Galicia ver a noticia.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Niños:

É sedentaria e ocupa territorios de hasta 100 km2.

Ten diversos niños que alterna según os anos. Os niños fainos en oquedades e paredes a gran altura.

Fai a posta en marzo, e os 45 días de incubación nacen os polos.

(1 ou 2 como máximo, os cales voan o cabo de 70 días). 

As aguias forman unha parella de por vida. Fan rotación a hora das tareas e de incubar. Son incribles.

Seica non comenzan a súa reprodución ata que teñen cinco anos. Esto é un gran inconvinte para as aguias que están actualmente no Xurés e que teñen, en setembro do 2006 tres meses.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

De abril a setembro.

Pola miña banda nos últimos trinta anos non levo visto ningunha aguia, e eso que ando moi a menudo por lugares onde debera habelas: Chandrexa de Queixa, a Veiga, Prada, Randín, O Incio,  O Caurel, O Xurés,... nada de nada, cero patatero.

Realmente para chorar. Eu penso que a maioría das aguias caeron baixo as escopetas...cazaban moitos coellos...realmente falta moita educación ecolóxica en Galicia, temos que aprender moito si queremos que esto se manteña mínimamente.

Tamén, seino e boa tinta, hai moitos cebos envelenados soltos polas serras de Ourense; non hai conciencia ecolóxica nin no labrador e penso que en moitos cazadores. Estos cebos envelenados para as aguias son trampas mortais...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

De interés especial. Está a punto de desaparecer en Galicia. Probablemente xa non quedan parellas en Galicia. No mapa de Arroyo e Ferreiro sobre "A aguila real en España" únicamente aparece reseñada nos Ancares.

Hoxe en setembro do 2006 rematan de botar no Xurés unha parella de aguias que teñen tres meses de vida. O parecer hai tres máis nos Ancares.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Protección:

Estrictamente protexida. Aparece citado no anexo II do convenio de Berna e no anexo I da directiva 79/409 da C.E.E.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

 

É sen lugar a dúbidas a raíña das aves galegas, pero unha raíña moi perseguida polos "cazadores asasinos" que hai uns cantos... Según Xurxo de Vivero na súa andaina por Galicia soio viu aguia real nos Ancares e unha parella no Caurel.

A súa caza está penalizada con 750.000 pts (4.500 €). (Eu penso que a maiores o cazador debera inhabilitarse e ir a cárcere).

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Canto da aguia:

Aguia real.

Pulsando este link pode oirse a aguila.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Matan unha aguía.

Hai que ser bárbaros...Cazadores da piolla...Eu diría escopeteiros que hai moitos máis do que parece.

Matan un exemplar xoven do Xures en Salamanca nun couto de caza. A aguía nacera en cautividade no centro de Majahonda en Madrid, e tiña un transmisor. Había sido liberada no Xurés en Ourense.

O nome era Eufemia e foi localizada o 20 de novembro nun couto de caza de Salamanca onde foi abatida a tiros.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fontes :

 Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Tamén o Libro "As aves". Tomo II. Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Fotografía

Descoñezo o autor da fotografía. De tódolos xeitos e sin quitar méritos observar que a aguia está en cautividade.

Ir a características

 

 

 

 

 

LINKS SOBRE A AGUIA EN GALICIA

  Grefa

  Las rapaces de Galicia

 

    A Aguia real volta o Xurés.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A aguía real volta o Xurés.

Silverio Cerradelo. ( Copia exacta do seu artigo, sacado da Pineira.)

 

Crías en cativerio da aguia real.

No parque transfronteirizo Gerês-Xurés a aguia real non chegou verdadeiramente a extinguirse, pero das parellas que antano aniñaran nos seus penedos só quedou un exemplar, unha femia, asentada hoxe na banda portuguesa. No ano 2001 iniciouse no Parque Natural do Xurés (provincia de Ourense) un proxecto de reintrodución de aguiotos nacidos en cativerio, unha actuación máis dentro do programa que leva a cabo a Xunta para a recuperación da especie en Galiza.

 

A aguia real (Aquila chrysaetus) está en perigo de extinción na nosa terra. É un imperativo legal que cada especie así considerada posúa o seu programa de recuperación, coméntanos Alberto Gil Carrera, coordinador do Plan de Recuperación da Aguia Real da Xunta, con quen falamos para a redacción deste artigo. Actualmente crían unhas 6 parellas en territorio galego, todas elas en áreas fronteirizas das provincias de Lugo e Ourense.

Esta ave de rapina é particularmente sensíbel á presenza humana durante o período de nidificación. Os adultos axótanse e abandonan definitivamente os aguiares, como consecuencia por exemplo da apertura dunha devasa ou dun camiño nas súas proximidades. No espazo natural transfronteirizo Gerês-Xurés en concreto –engade Alberto– a especie minguou no pasado por causa da colocación de iscos envelenados ou da pillaxe de aguiotos, e mesmo aguias adultas foron abatidas.


Esforzos a ambos os lados da fronteira

Mais hoxe en día, súmanse os esforzos galegos e portugueses para tentar recuperar a aguia real na zona. No Parque Nacional da Peneda-Gerês, desenvólvense actuacións educativas destinadas á erradicación do veleno e á mellora do hábitat, e os gardas velan atentamente pola preservación da fauna. No Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, alén das tarefas educativas e de vixilancia, lévase a cabo o proxecto de reintrodución de aguiotos nados en cativerio. Os moradores da zona son conscientes de que a supervivencia das aguias implica un ecosistema equilibrado e a abundancia de presas, nomeadamente de coellos, outro dos obxectivos do P. N. do Xurés.

Desgrazadamente, non todas as actuacións son positivas para as aguias inclusive na actualidade. Unha das negativas foi a construción do parque eólico do Minho, abeirando o límite mesmo do P. N. da Peneda-Gerês. Os aeroxeradores comportan un alto risco de colisión para as aguias reais, que poden atinxir 2'30 m de envergadura.


Reintrodución de aguioto nados en cativerio

O proxecto da reintrodución de aguiotos coordínase principalmente co programa de reprodución en cativerio de aguia real do Grefa, Grupo para a Rehabilitación da Fauna Autóctona e o seu hábitat, con sede en Madrid, alén de contar con algún aguioto procedente doutros centros, como o de Sevilleja de la Jara (Toledo) ou Los Hornos (Cáceres). Todos os animais pasan un control sanitario no centro do Grefa, que inclúe a exploración clínica, a sexaxe, análises coprolóxicas e sanguíneas.

Desde o ano 2001, xa se teñen depositado máis de 10 exemplares nos niños axeitados para este fin nas penedías do P. N. do Xurés. Cada primavera é preciso arranxar o substrato do niño e colocar un tubo por onde se lles vai fornecer o alimento aos aguiotos, que se poñen alí cando teñen dous meses de idade, uns días antes de que comecen a voar. Axiña fan exercicio batendo as ás e ao cabo duns días bótanse fóra no seu primeiro voo. Logo de realizaren as primeiras revoadas aínda son alimentados polos vixiantes e axentes forestais do P.N., que deixan carne crúa nos arredores do niño até que as novas aguias aprenden a cazar e a sobrevivir de seu. Desta maneira, os animais identifican este territorio como se fose o seu lugar natural de nacemento.

 A historia da Eufemia

Eufemia é o nome dunha aguia real que naceu e foi criada polos seus proxenitores nas instalacións do Grefa, dentro do programa de reprodución en cativerio da especie. Despois de ser ceibada por primeira vez no P. N. do Xurés, no verán de 2008, permaneceu no parque até finais de outubro. Contra ao final deste mes, Eufemia iniciou a dispersión posnatal. Levaba un transmisor vía satélite, e grazas a el constatouse que atravesaba o norte de Portugal cara ao leste e que se instalaba nunhas devesas da provincia de Salamanca. Guiados polo transmisor, membros do Grefa achegáronse alá e descubriron que a zona era un couto de caza; atoparon a aguia pousada nunha cerca de pedra e cunha á caída. Procederon a capturala e axiña foi trasladada ao hospital de fauna salvaxe do grupo onde se comprobou que fora tiroteada. Logo despois, informouse ao Seprona, á Comunidade de Madrid (onde nacera), á Xunta de Galiza (promotora do proxecto de reintrodución) e á Comunidade de Castela-León (onde apareceu tiroteada).

 
Eufemia tivo que ser operada con urxencia de fractura aberta de cúbito. Desde entón até este verán, a aguia permaneceu en instalacións de rehabilitación, e no mes de xuño pasado practicou varios voos de musculación en campo aberto até recuperar completamente a capacidade de voar.

 
Felizmente, na clara mañá estival do pasado 8 de xullo, a xove Eufemia foi ceibada novamente no P. N. do Xurés, no mesmo lugar onde o ano anterior realizara os primeiros voos. A solta converteuse nun brevísimo acto social, onde estiveron presentes, entre outros, José Antonio Amoeiro, director do parque natual; Juan José Gómez, xefe do Servizo da Conservación da Natureza; Ricardo Vecillas, xefe territorial da Consellaría do Medio Rural; Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense; ou Javier Silva, representante de sectores locais implicados na caza e na xestión do monte.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Soio  tres de trece aguias reais son as que quedan no Xurés

O programa das aguias no Xures que data de 2001 e no que se introduciron 13 parellas no Parque Natural Baixa-Limia Xures está actualmente en novembro de 2014 bastante disminuido,  soio quedan tres parellas. Fai pouco morreron dúas electrocutadas.

Sobra decir que as aguias están dentro das especies ameazadas en Galicia.

Seica teñen en contra os impactos dos raios, por suposto os tendidos eléctricos e os ataques  das mismas aguias.

 

Ir a características

 

 

 

Saír.