Sturnus
unicolor.
Estorniño negro. (Estornino).
Fotografía de Josef Hlasek.
Famoso en Galicia xa que está moi
espallado por toda ela.
É doado atopalo no campo, nas zonas de
cultivo, parques e xardíns, por suposto tamén nas cidades. Nás zonas montañosas é máis dificil
velo.
Famoso o seu voo en grupo que semella un ballet,
compoñen figuras espectaculares, ver algunhas fotografías miñas nesta misma ficha.
Ver
características.
Saír
Estorniño negro:
características
Nome
Científico. |
Nome
científico:
Sturnus unicolor ( Temm.)
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden:
Passeriformes
Familia:
Sturnidae
Xénero:
Sturnus
Especie : Sturnus unicolor
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome galego:
Estorniño negro, estorniño
mouro, chirlo, chirlomerlo, estornillo.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Estornino negro.
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
21,5 cms. Peso 75 grs. Sexos semellantes. É un
pouco máis pequeno cun merlo.
Estorniño negro.
Nota: en Galicia hai dous estorniños o estorniño
negro, que se describe nesta ficha e o estorniño pinto (Sturnus
vulgaris).
Estorniño pinto, que é o Sturnus vulgaris, que se ve moito menos en
Galicia. En Ourense vese no mes de xaneiro este estorniño polas ribeiras
do Barbañica no ano 2008.
O que máis se ve en Galicia é o estorniño negro xa que o
outro emigra para criar cara o norte, mentras que o estorniño negro
reprodúcese na nosa terra.
Son moi parecidos. O vulgaris é apencado.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
O macho é totalmente negro brillante, co peteiro
amarelo.
A femia é máis apagada.
É máis grande cá un pardal
e máis pequeno que o merlo (có que se pode confundir, pero o merlo é
máis grande non é tan brillante, canta distinto e ten o peteiro
alaranxado e os ollos distintos).
O merlo é máis grande ten o peteiro
alaranxado e mismo que os bordes dos ollos. O corpo non é tan
brillante.
Voan
formando unha punta de flecha. Son inconfundibles, as veces, xa que se
xuntan a miles.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Insectos, larvas de
insectos, miñocas, sementes e froitas.
Seica lle gustan moitos as aceitunas.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
É bastante común atopalo en campos, zonas de
cultivo, parques e xardíns. Non é normal atopalo en alta montaña ou
nas serras.
Dormen nos parques das nosas ciudades. Dormen a
miles ( si poden claro).
Pernoctan polo tanto nas árbores das nosas
ciudades.
En Ourense é normal que durman nás árbores da
Alameda, inda que últimamente fano nas árbores que hai xunto o Pabellón.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
Cría en pequenas colonias en buracos de árbores,
paredes e penedos. De fin de maio a fin de xuño pon de 4-7 ovos azuis
claros que chocan ambos sexos durante 13 días. Os polos veñen os 22
días. Dúas roladas.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de ...
Abril a agosto.
Últimamente có cambio climático están na nosa zona
ata decembro. Xa, polo que vexo, xaneiro incluido (2008).
Moi común en toda Galicia, sobre todo en zonas
baixas.
Son moi gregarios.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Especie sensible o medio.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Non está protexido.
Ir a
características
|
Outras
curiosidades dos estorniños: |
Curiosidades:
Fotografía do autor da web. Ver no "ballet dos
estorniños esta e outras fotografías..."
A fotografía, francamente espectacular, é do voo dos
estorniños. Resulta incrible.
Fotografía do autor da web en Ourense,
paseo do Barbaña, ó fondo o edificio Solaina e a nube de
estorniños...Novembro do 2007.
Trátase dun auténtico ballet, teño visto
en Ourense, pola zona das Lagoas este baile incrible, feito por miles de
estorniños.
Fotografía de Oriol Alamany. Estorninos nos fíos
da luz.
Seica si se presenta o falcón, a danza é moito máis
fantástica, sobre todo si hai un crepúsculo luminoso.
Fotografía de estorniños, sacada do libro
"Veciñas do home. Aves urbanas de Galicia".
Os estorniños están moi mal vistos onde hai olivares
( non é o caso de Galicia, en xeral ), pero en Galicia seica son
beneficiosos xa que o seu alimento son evidentemente insectos, e fan moito
ben nos pastizais comendo típulas.
Os dormideiros poden ter miles destes paxaros.
Repito miles...
Trátase dunha ave gregaria, tanto para comer como para dormir: hai dormideiros en Santiago, A Coruña e Lugo.
En Galicia son moi famosos os de Monforte de Lemos,
no Parque de Lugo, e en Vigo.
Ourense mal, xa que os parques xa eran pequenos e cada
día son moito mais pequenos. De tódolos xeitos na Alameda, en setembro do 2001, hai
unha boa bandada que dorme nos plátanos que quedaron. Son varios miles.
Dende o ano 2007 ata o 2019 dormen nos plátanos que hai no Pabellón dos Deportes. É moi espectacular,
pero moi porcallento, deixan a zona perdida...
No 2019 fixeron que non dormiran na zona...
Ver o baile destos estorniños...
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Ave gregaria:
O seu canto (é moi variado, a base de notas parloteantes, chasqueantes
e aflautadas) está sacado dunha www italiana que recolle os cantos dos
paxaros europeos.
Sensacional.
Trátase dunha ave gregaria, tanto para comer como para dormir:
hai dormideiros en Santiago, A Coruña e Lugo.
Estorniño pinto.
Tamen se ve moitas veces os
estorniños negros mezclados cós estorniños pintos e viciversa. Inda que
o estorniño pinto é menos abondoso.
Estorniño pinto. Sturnus vulgaris.
Distínguese perfectamente do outro
xa que sobre unha base negra ten moitas motiñas brancas.
No ano 2008 vexo estorniños pintos
en Ourense a carón do río Barbañica pola zona da Valenzá. Hai varias
bandadas.
O estorniño pinto considérase
cazable na Comunidade autónoma de Galicia (2018-2019)
Ir a
características
|
O seu canto |
O seu canto:
O seu canto (é moi variado, a base de notas parloteantes, chasqueantes
e aflautadas.
Oir o seu canto.
Por certo o estornino
decimos os galegos que chifra.
Idea recollida do libro "As
linguas dos animais", dentro da colección "Contos do Miño" de
A nosa terra. O autor do libro é Anxo Fariña. 2006. Bonito conto.
Ir a
características
|
Bibliografía
A Información anterior está sacada, o mesmo
tempo que o dibuxo, do libro Guía das aves de
Galicia de Xosé M. Penas.Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Tamén do libro "Veciñas
do home, aves urbanas de Galicia", de onde saquei a fotografía
espectacular do vo dos estorniños e outras cousas. O libro é de Xurxo de
Vivero, X.C. Castro Laxe e Nicolás Muñoz Toro. Un libro básico.
Ir a
características
O
BALLET DOS ESTORNIÑOS.
O día anterior vira unha exhibición
en Ourense ó pé do río Miño, era o día 26/11/2007, polo que ó día seguinte decidín sacar unhas fotografías de algunhas das figuras que
forman.
A verdade non perdín o tempo; tiven
moita sorte; que vós gusten.
Ó fondo a bandada de estorniños
preparándose para o gran "ballet".
Lugar Ourense. Ponte Vella. 27/11/2007. Fotografía Secundino Lorenzo.
Ese día o "ballet" compuxo as seguintes figuras para mín,
entre outras:
|
Vou poñerlle nome as figuras:
Primeira figura:
"o can de palleiro"...Fotografía
Secundino Lorenzo. |
|
Segunda figura: "a carreira do xabarín"...Fotografía
Secundino Lorenzo. |
|
Terceira figura: "o salto da ra no
barrio do Couto"...Fotografía Secundino
Lorenzo. Fotografías sacadas todas en Ourense, dende
o paseo Barbaña o 27/11/2007 |
|
Final do ballet: "unha pomba a descansar".Fotografía
Secundino Lorenzo. |
A verdade, sorte aparte: trátase dun espectáculo fora de serie...
A pregunta está clara, como logran estas figuras,
estos bailes, este ballet?
Hai moitas teorías, algunhas para reir, así
nunha revista científica bastante seria chegouse a decir que estaban
dotados os paxaros telepatía...
O caso que hoxe sábese que cada paxaro sigue unhas
poucas reglas elementais, como por exemplo manterse a certo número de
centímetros dos paxaros que van diante e dos que van a dereita, basta
con esto para garantizar un voo coordinado de todos, inda que sexan
moitos e fagan cousas raras, como se poden ver nas fotografías.
Ir a
características
|