Fringilla coelebs.
Pimpín común. (Pinzón vulgar).

Este paxaro atopámolo prácticamente
en calquera lugar de Galicia: fragas, xardíns, soutos, terras de
cultivo, etc.
Realmente é moi esbelto e conta
cunha coloración marabillosa.
É do tamaño dun pardal. Ten o pico cónico
apropiado para comer grans, e tamén ten a cola gallada.
É gregario, ou sexa andan moitos xuntos.
A femia é distinta do macho,
é máis parda. A esquerda é un macho.
Ten un canto
especial.
Ver características.
Saír

Pimpín común:
características.
Nome
científico |
Nome científico:

macho
Fringilla coelebs
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden: Passeriformes.
Familia:
Fringillidae
Xénero:
Fringilla
Especie : Fringilla coelebs.

Femia.
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome galego:

Pimpín común.
En Galicia ten moitos máis nomes:
Pimpín, peu, pimpiniña, pimpón, chasco, chincarro, chincharro,
chinchín, chincho, chinchón, chinchorra, cuncheiro, maceiriña,
maceiro, maceirudo, tentillón, tinque, trigao, trigueiro, etc.
Nota: en Portugal chámanlle Tentilhao comum, en Cataluña chámase
Pinsá común e en Euskadi Txonta arrunt..
Ir a
características  |
Nome
castelán |
Nome castelán:

Pinzón vulgar.
Ir a
características  |
Dimensións |
Dimensións:

Sobre 14 cms. Pesa 15 grs. Ten unha
envergadura media sobre 26 cms.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

O macho ten a cabeza azul e o resto
vermella. Realmente paréceme moito o pardal, pero é moito máis fermoso.

A femia é parda verdella e un pouco máis
clara por abaixo.
O voo é forte e ondulante.
Voz moi característica "pin-pin"
Ten un canto especial.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Preferentemente insectos, arácnidos
e bagas e pequenas sementes.
Gústanlle moitos as eirugas.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:

É bastante común en toda Galicia.
Pode atoparse en calquera lugar: fragas, xardíns,
soutos, terras de cultivo, campos ermos, etc.
Ir a
características 
|
Niños: |
Niños:

Anida en árbores e arbustos.
Pon entre 3 a 6 ovos brancos
sucios.
Choca a femia sobre 15 días e
deixan o niño en outros 15 días.
Dúas roladas.

Ir a
características 
|
Vese
nos meses: |
Vese nos meses de :

Todo o ano.
Preferentemente de abril a xullo.
Ir a
características  |
Interés: |
Interés:

Moito.
Entra en Galicia polo norte preferentemente en
grupos moi numerosos e cara o mes de outubro.
Téñense contado ata 6000 exemplares nunha destas
entradas.
Nos anos fríos a súa abundancia é espectacular.
Fuxen do norte de Europa e veñen a lugares máis cálidos.
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

Non está protexido.
Ir a
características  |
Como
canta |
Como canta:

A voz de alarma é un pin - pin .
O seu canto e moi variado e fermoso.
Ten un canto especial.
Máis cantos do pimpín.
Ir a
características 
|
Curiosidades: |
Curiosidades.
O pimpín é moi gregario, ou sexa andan moitos xuntos,
fora das épocas de cría, nesta época o macho acompaña a femia para
apartar os intrusos e axuda desta forma.

O seu canto é bastante coñecido xa que se utiliza de
fondo en moitas películas por exemplo en "Abeja Maya".
"Facer o pimpín" é unha frase que utilizábamos moito
de pequenos e a tradución é facer o parvo ou facer tonterías.
Podedes oir o canto neste link.
Canto do pimpín.
Ir a
características  |
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. Tamén utilizo o libro "As aves do río
Gafos" de Ramón Sineiro.
FOTOGRAFÍA

https://www.fotonatura.org/galerias/fotos/usr17692/11835027FM.jpg
Ir a
características 
Saír

|