Upupa
epops.
Bubela. Abubilla.

Esta é unha ave que se deixa ver moito en
Galicia, sobre todo na Galicia sur. É moi doada de identificar xa que ten unha
coloración moi característica, ás moi anchas, un peteiro como un día
sin pan e unha crista rechamante, eréctil, como se pode ver na
fotografía.
Por riba ten un voo tamén moi característico, xa
que é moi baixo e cun batido moi irregular das ás. Parece unha mariposa.
Ver características.
Saír
BUBELA: Características
Nome
científico

Upupa epops. (Linn.) Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden:
Coraciiforme
Familia:
Upupidae
Xénero: Upupa
Especie : Upupa epops
Ir a
características  |
Nome galego:

Bubela. Bubela común.
Outros nomes: en Portugal chámase Poupa,
en Cataluña Puput e en Euskadi Argi oilar.
Ir a
características  |
Nome
castelán:

Abubilla
Ir a
características  |
Dimensións:

27 cms. 65 grs. Presenta unha envergadura media de 46 cms.
Ir a
características 
|
Identificación:

É inconfundible.
É moi doada de identificar xa que ten unha
coloración moi característica, ás moi anchas, un peteiro como un día
sin pan e unha crista rechamante, eréctil, como se pode ver na
fotografía.
A crista pode mantela aberta como unha especie de
abanico moi curioso.
Por riba ten un voo tamén moi característico, xa
que é moi baixo e cun batido moi irregular das ás. Lembra o seu voo a
unha mariposa.

Ir a
características 
|
Alimentación:

Preferentemente todo tipo de insectos, miñocas
arácnidos, larvas, etc.
Ir a
características 
|
Habitats:

Cultivos, hortas e en
xeral espacios abertos. Non é raro a carón dos ríos sempre que estos
discurran por lugares abertos, bosques de coníferas e tamén mixtos.
Vese ata 1500 metros.
Ir a
características 
|
Niños:
O niño faino en ocos de edificios bellos e tamén en
árbores. Pon entre abril e xuño de 4-7 ovos brancos cincentos que
choca a femia durante 18 días.
Os polos están voando ás 4 semáns.
Non defende o territorio inda que si, por suposto,
o niño.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses de ...

Entre marzo e novembro. Inda que hai exemplares que
permanecen todo o ano en Galicia. De feito vin en xaneiro do 2001 unha
bubela preto de Bande en Ourense.
Ir a
características 
|
Interés:

Moito debido os seus cores.
Ir a
características 
|
Protección:

Non está protexida. Dentro do que cabe
é unha ave bastante abondosa.
Ir a
características 
|
Curiosidades:
Inverna en África e chega a Galicia sobre marzo.
Vaise o máis tardar en novembro.
A verdade é que os polos da bubela salpican os
intrusos con excrementos semilíquidos que cheiran fatal, ese é un
recordo que teño eu destes paxaros.
Antonio Pestaña,
o que dou as gracias, faime chegar estas
curiosidades sobre a bubela:
* Sobre la bubela, hay un
refrán gallego que dice:
"Ave que vuela
a la cazuela, todas menos la bubela"
* Y por otro lado, hay una
onomatopeya con su canto que dice así: Al
preguntar a la abubilla
Bubela, bubela,
¿quien te robó
los huevos?
y ella
responde
"Tututú,
tututú, tututú"
Ir a
características 
|
Oir como
canta:

Pódese
visitar esta páxina www. para oir como canta
.
O seu canto aparece estudiado na revista
Quercus de xaneiro do 2001 (a bubela canta coa cabeza baixada ,
inchando moito o cuello e co pico para abaixo, con cada canto a ave
palpita e incluso pecha os ollos, dando a sensación de que realiza un
gran traballo ou polo menos un traballo costoso). No traballo
demóstrase que a lonxitude da estrofa dice moito dos machos e por
suposto e apreciada pola femia. Un traballo "El canto de la
abubilla" de Manuel Martín-Vivaldi, que repito, aparece en la
revista Quercus 01-01-2001.

Os datos do canto están sacados
dunha www
sensacional
Ir a
características 
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Subir.

|