Nome
científico |
Nome
científico:
Coturnix Coturnix Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero:
Coturnix
Especie: Coturnix coturnix
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome
galego:
Paspallás.
Ir a
características
|
Nome
castelán |
Nome castelán:
Codorniz.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
18 cms. O peso entre 70-150 grs.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
O macho ten a coloración xeral acastañada,
como se pode ver na fotografía.
O ventre é mais pálido, ten tamén unha lista
superficial clara e mancha branca e moura na gorxa a modo de colar.
As femias son máis apagados, sen o colar na
gorxa e pencas oscuras no peito.
O voo é curto, directo, con rápido bater de
ás a pouca altura.
É raro que levante o voo, so si se ve moi
comprometida.
O seu canto é pas-pallás, pas-pallás
...repetido.
Nota : o paspallás pódese confundir coa
perdiz charrela, pero esta é moito máis grande , entre 29-33 cms.,
o seu lombo é distinto non ten a rallas típicas, e dende logo no
pescozo non se parecen en nada, a charrela non ten o collar típico
do paspallás.
Esta é a charrela.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Come moitas sementes e grans de
herbas parásitas e tamén lle gustan os caracois, os vermes e todo
tipo de insectos.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
O paspallás vive en terrenos
sin grandes costas e con moita finca de cultivo, especialmente si
son cereais. Atópase en Ourense ata unha altura de 1500 metros. O
que busca é vales que sexan abrigados e soleados.
Atópanse moitas no val do Limia, sobre todo en
Sandiás e Sareaus, onde se rexistran capturas importantes de
codorniz durante a caza, fora da temporada propia de esta especie.
Tamén se atopan en menor número nas
zonas da Gudiña, Viana, A Veiga e o Bolo.
Tamén en Rubia na zona do Barco.
Outros lugares bons son Vilar
de Barrio e Montederramo.
Ir a
características
|
Niños: |
Niños:
O celo xa comenza mismo cando remata a
emigración. O macho soio se aparea cunha femia ata que esta inicia
a posta. Dende este momento busca a outra e compite cos demais
machos.
Anida no chan, na espesura onde a femia pon
entre 8 a 13 ovos, esta fecundidade é a que evita que o paspallás
desapareza.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese nos meses de ...
Veses xa polos meses de abril e fai a súa
marcha cara Africa sobre agosto - setembro.
De tódolos xeitos as veces atópase en Galicia
en inverno.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito. Hoxe o paspallás atópase en granxas e
pódese mercar nos supermercados perfectamente. De feito na
provincia de Ourense hai varias granxas.
A nivel natural é moi importante atopar o
paspallás se mire por onde se mire. A codorniz ou paspallás
sustitue á perdiz en moitas xornadas de caza de pluma debido a
escasez da perdiz en moitos lugares. Está habendo moitos paspallás
que realmente non emigran e quedan na zona, facendose sedentarios.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Non sei que esté protexida. O que está claro
é que existen moitas perdas de novos e niños durante as
colleitas, polo que certo control sobre o sentido da marcha da
maquinaria e o respeto os niños é importante.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
É a única galliforme que ten
costumes migratorias.
A principio do siglo XX, a abundancia de
codornices ou paspallás durante o paso migratorio convirtiu a esta
aves en obxeto dunha verdadeira industria, basada no delicioso da
súa carne ( realmente ten moi bon sabor, pode testificalo). Está
caza abusiva levou a súa disminución.
Hoxe inda se practica en Egipto e outros
paises, nos que participan un gran número de cazadores europeos.
Ir a
características
|
Oir
como canta e ampliar datos. |
Oir o seu canto e ampliar
datos
Oir
como canta.
Ir a
características
|