Streptopelia turtur.

Rula. (Tórtola común).

Esta é unha ave que prácticamente visita Galicia dende abril ata setembro, dende 1980 está en disminución, no sei as causas. 

Habita en monte baixo, arbustos e mesmos bosques para aniñar. 

A rula é moi rápida, a sua voz é un  "tuur...r...r", suave , pausado e melodioso .

Está moi ameazada en España, por suposto en Galicia, non debera cazarse...remataremos con esta ave marabillosa...

Ver características.

 

  Saír                                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rula Común: características

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Niños Vese nos meses de ...
     
Interés Protección Curiosidades              
     
Canto Videos Canto

 

Saír                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Streptopelia turtur (Linn.)

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Columbiformes

Familia: Columbidae

Xénero: Streptopelia

Especie:  Streptopelia turtur

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Rula, rola.

Outros nomes. en Portugal rola, en Cataluña Tórtora e en Euskadi Usapal arrunt.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Tórtola europea.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

27-29 cm / 99-170 gr. Envergadura entre 49 a 55 cms.

 É máis pequena cunha paloma. É moito máis estilizada.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Son os dous sexos iguais. Cabeza cincenta e partes superiores apencadas pardas en escuro; partes inferiores rosadas.

  

Ventre branco. A ambos lados do pescozo presenta mancha branca con 3/4 riscas negras. Rabo negro con banda terminal branca.

A rula é máis xareliña que a pomba e tamén máis pequena e de prumaxe máis feituquiño de cor.

O seu canto é un "ruur....r...r " , semellante ao arrolo que se lle fai os nomes, de aquí o seu nome.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Aliméntase de pequenas sementes: trigo, gramíneas, etc.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Rula. Non sei de quen é a fotografía.

Habita en monte baixo, arbustos e mesmos bosques para aniñar.

Sempre combinando o arbolado e os cultivos. Por debaixo dos 1000 metros.

A Galicia chega a mediados de abril ata setembro. o paso migratorio comenza en agosto e dura ata octubro.

Rula. Non sei de quen é a fotografía.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Dúas poladas o ano. Cría en mato. O niño é unha plataforma sinxela de garabullos situada entre 1 e 2,5 metros. Gústalle facer o niño nos arbres e chamberizos, as veces nos loureiros, espiñeiros, silveiras e abelairos.

Posta en maio e xuño. Dous ovos brancos que chocan os dous macho e femia, durante 14 días.

Os pichóns voan os 14 días.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

De abril a octubro.

De tódolos xeitos non é doado vela xa que ten un voo rapidísimo con batidos das ás espasmódico e sin ruido chamativo.

É moi tímida. É normal vela coa súa parella, inda que cando emigra faino con abandamentos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moitísimo. A rula é moi importante en Galicia, fálase da rula ruliña con moitísimo agarimo identificando a este paxaro co amor. Trátase dun paxaro de parella única, coidan os dous o niño e inda por riba arulanse entre elas todo o tempo... mesmo para imitar...

En peligro de desaparecer...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Catalogada como especie onde os  efectivos teñen un status de  conservación desfavorable, polo gran gran declive, as recomendacións internacionais plantexan o retirala da lista de aves cazables. O libro bermello falaba de prohibir a súa caza durante catro anos.

Hoxe en Galicia todo o revés na guía 2018-19 considérase especie cazable para os anos 2018-19.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Esta ave é migratoria. Ven dende o sur do Sahara, onde cada día hai menos.

É normal decir "miña rula", ou "miña ruliña", para indicar os amores. Dícese tamén arrularse. Por algo será.

"Cando a ruliña rula, colle o fouciño e ponte a xeifar", dice un dito sobre a rula.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Oir o seu canto:

Oir o seu canto:

Oir o seu canto.

 

Outros cantos.

 

O pombo e a rula  dise que arrola.

Arrolo: un canto monocorde e rouco co que a rula e o pombo atraen as súas femias.

 

 

Idea recollida do libro "As linguas dos animais", dentro da colección  "Contos do Miño" de A nosa terra. O autor do libro é Anxo Fariña. 2006. Bonito conto.

 

 

 

 

 

Ir a características