Caprimulgus europaeus.

Noitebra. (Chotacabras gris)

Fotografía de Miguel Rouco. 

Está ave non é escasa en Galicia, pero resulta moi difícil de ver xa que actua no luscofusco ou na noite. Gusta so dos piñerais con áreas abertas ou cultivos intercalados.

A Xunta cita a avenoiteira como unha especie a protexer no Canón do Sil.  Descoñezo este dato. Sei que existe, por exemplo, no bosque que a Asociación Ridimoas ten no Ribeiro e tamén no alto Bibey. Eu vinas por primeira vez cando fun a Presa Rota de Ribadelago, no nacemento do Esla, ao regresar na noitiña había moitas no camiño e levantaban o voo.

Aniña no chan ó pé dun piñeiro, e o seu  mimetismo é incríble. Aliméntase de insectos.

Ver as características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noitebra: características

 

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Caprimulgus europaeus (Lin.)

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Aves

Orden: Caprimulgiformes

Familia: Caprimulgidae

Xénero: Caprimulgus

Especie : Caprimulgus europaeus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Fotografía de Miguel Rouco.

Noitebra, avenoiteira cincenta, denoiteira, noitébrega, noitevuá, noiteboa cincenta, dormitona e páxaro cabra.

 

Noutros lugares: en Portugal Noitibó da Europa, en Cataluña Enganyapastors e en Euskadi Zata arrunt.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Chotacabras gris

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Fotografía de Pablo Rodríguez (Oitabén).

Sobre 27 cms de media. É un pouquiño máis grande cun merlo, coa diferencia de ter as ás e o rabo bastante longos.  Sobre 50 cms de envergadura. En voo vese unha ave grande.

Ten unha boca moi grande, que vai flanqueada de vibrisas e rematada nun diminuto peteiro negro. Este tipo de boca vaina  habilitar para comer insectos que caza en voo, como por exemplo unha bolboreta calquera.

Os ollos son moi grandes como pode verse no dibuxo e na fotografía. Estos ollos tenos pechados cando está en reposo.

Ten tamén unhas patiñas moi pequenas con catro dedos, destos dedos o central ten sobre 20 mm. é o maior; o menor ten 7 mm.

Ten unha cor parda grisácea na plumaxe que vai facer que cando esté no chan pase bastante desapercibida.

Vese dende maio a xullo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Ave de costumes nocturnas, con ás e cola longas; plumaxe pardo-grisáceo de camuflaxe; boca orlada con cerdas; o macho ten manchas blancas cerca da punta das ás.

 

Ten unha boca moi grande, que vai flanqueada de vibrisas e rematada nun diminuto peteiro negro. Este tipo de boca vaina  habilitar para comer insectos que caza en voo, como por exemplo unha bolboreta calquera.

 

Tamén ten un canto en ronroneo ( parece unha ra).

Dice Oitabén no libriño "O voo da noitebra" que xa desde maio, pero principalmente en xullo, podemos observar noitebras cazando, no luscofusco, a partir das vintedúas horas. Antes é posible escoitar o grave rosmar desta ave que, ás veces, mesmo parece que alguén estivese trafegando auga, desde un caldeiro alto a outro situado no chan.

Os ollos son moi grandes como pode verse no dibuxo. Estos ollos tenos pechados cando está en reposo.

Ten tamén unhas patiñas moi pequenas con catro dedos, destos dedos o central ten sobre 20 mm. é o maior; o menor ten 7 mm.

Frank V. Blackburn

O macho ten unhas manchiñas nas plumas das ás e na cola que se ven perfectamente de noite. Polo demais son iguais en tamaño.

No dibuxo vese en primeiro plano o macho logo a femia e finalmente unha noitebra nova. Observar as manchas do macho nas ás e na cola.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Alimentación:

Insectos, especialmente os que caza nó voo.

Gústanlle moitos as bolboretas e os saltóns, pero come calquera insecto voador, como as moscas, chinches, moscardos, incluso escaravellos de casca dura.

Por certo rematada a dixestión, as partes duras dos insectos que non poderon ser trituradas pola moella da ave, volven á boca outra vez e son explulsadas ó exterior en forma de egagrópilas dun centímetro de longo, por término medio.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Está ave non é escasa en Galicia, pero resulta moi difícil de ver xa que actua no crepúsculo ou na noite.

Gusta so dos piñerais con áreas abertas ou cultivos intercalados.

A Xunta cita a avenoiteira como unha especie a protexer no Cañón do Sil. 

Descoñezo este dato.

Pola miña banda vín moitas nunha excursión que fixen dende Porto ata o encoro de Vega de Tera, polas montañas zamoranas. Pola noite o regresar, no último tramo da estrada aparecían no chan cantidade de avenoteiras, que por certo cegábanse coas luces do coche e non levantaban voo. Unha cousa curiosa.

Vexo que aparece censada como estival vulnerable no libriño "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez (Oitabén).

A noitebra voa por casi toda Europa e Asia e parte do norte de Africa.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños no solo en buracos sin forro, a menudo cerca das árbores secas; pon, de maio a xullo, dous ovos blancos, xaspeados de castaño e gris.

A incubación, faina principalmente a femia, uns 18 días; os polos, alimentados por ambos pais, deixan o niño tras 7 días, permanecendo preto e voando ós 17 días; normalmente dúas crías.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de...

De maio a xullo.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Interés:

Trátase dunha especie de interés especial, ademais está protexida.

"A noitebra é das aves máis atípicas, por non dicir enigmáticas da fauna galega" (Oitabén)

En Galicia poucos animais teñen tantos nomes, por algo será...

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Ó atardecer, o Chotacabras Europeo deixa o seu escondrixo diurno e voa silenciosamente, coas súas ás longas e blandas plumas, indo e vindo no  crepúsculo, perseguindo insectos en voo e colléndo nas suas fauces. 

Tamén é después de porse o sol cando emite a súa voz, un ronroneo característico. Hai cambios bruscos no tono do chirrido, cando a ave volve a cabeza ós lados, xa que se posa ó largo da rama e raramente cruzado nela. 

Dice Oitabén no libriño "O voo da noitebra" que xa desde maio, pero principalmente en xullo, podemos observar noitebras cazando, no luscofusco, a partir das vintedúas horas. Antes é posible escoitar o grave rosmar desta ave que, ás veces, mesmo parece que alguén estivese trafegando auga, desde un caldeiro alto a outro situado no chan.

Comprobareino. Oir o seu canto en xeno-canto.



Durante o día estos Chotacabras son casi invisibles, permanecendo quedos no chan; a certa distancia, as delicadas marcas das súas plumas asemellan a follas secas. Con frecuencia atópanse trozos de madeira (que inda fan máis difícil ver ó ave posado) cerca do seu niño, que é un buraco sin revestimento, e onde volve ano tras outro.

A avenoiteira está non chan e nonos enteramos é incrible. Pecha os ollos e non se levanta ata o último momento.

Chámase chotacabras ou engaña-pastores xa que se creía absurdamente que esta ave mamaba das cabras pola noite.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fontes :

"Guía das aves de Galicia". Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Tamén o Libro "As aves". Tomo II. Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.

Outro libro utilizado é "O voo da noitebra" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén), un pequeno conto que fala dunha noitebra. 2001. Libriño dentro da colección Historias de Ridimoas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Saír.