A nosa troita común está ameazada de morte: ten
moitos inimigos. Non se atalla a contaminación, non se depura, día
sí e día tamén envelénanse ríos: o Xubia, o Lagares , o Louro , o
Barbaña, Miño, Limia, Tamega, Camba ou Lonia, etc. son exemplos de ríos contaminados. O
desove da troita ou non poden facelo ou si o fan acaban morrendo sen
auga ou na boca de depredadores, mal botados en Galicia, como a carpa
e outros "criminais ecolóxicos" xa lle chaman en EEUU a
estas pragas. Galicia non
mira polos ríos, e os peixes non son amigos dos nosos políticos.
A política aplicada cós ríos galegos é totalmente nefasta.
Non se fixo nada practicamente nos últimos anos. (1997-2015) ¡¡ Unha magoa!!.
Dende esta folla un berro ¡¡ temos que cuidar a
nosa natureza !! . ¡¡ Xa está ben !!. O mellor da nosa terra, a
nosa natureza, estamos rematando con ela día sí e día tamén.
O progreso, desfacendo a natureza, para mín no é
progreso é unha desfeita. A coña do desenrolo sostible, é eso,
unha coña. Palabras para a galería.
Os peixes galegos teñen actualmente
moitos problemas nos nosos ríos. Algúns están desaparecendo como o salmón , a
anguía, a lamprea , o sábalo , a saboga, e outros moitos.
A contaminación vai en aumento, as industrias non
depuran; os puríns arruinan os nosos ríos; por si fora pouco as centrais
eléctricas ( 40 grandes encoros) e as minicentrais ( soio en
Ourense hai previstas 100) rematan co pouco que queda, están
arruinando os mellores regatos troiteiros de Galicia.
A troita e outros peixes están ameazados de morte
en Galicia. Por si fora pouco o anterior, especies de fora, como a
carpa, o bass, e un longo etc., botados xa fai anos, están rematando
o que queda, sin que a Consellería, diga nada. En Canadá e EEUU
están francamente preocupados con estas especies foráneas e
asesinas. Están a tomar medidas. En Galicia no nos preocupa, de
momento... A Consellería
de Medio Ambiente debera tomar en serio estos problemas, ou cando se
entere será tarde...
Ultima hora. (Voz de Galicia do
07/11/2005, páxina 51)

A contaminación está a chegar de forma alarmante os ríos
galegos. Según científicos da U. de Santiago hoxe hai
concentracións de sustancias artificiais que non deberan estar
nos ríos, pero están. As consecuencias as veces non chegan a
morte dos peixes pero si a deformacións, asimetrias, cousas
raras como dúas cabezas e un longo etc.
Casos concretos: nun
informe de Greenpeace e con análisis realizados pola
Universidade de Exeter, concluia que as anguias que foron
extraidas no río Miño, na zona de Tomiño contiñan HBCD e PCB que
son tóxicos (estos tóxicos úsanse hoxe en electrónica e
decoración). De feito os exemplares galegos eran os terceiros
máis tóxicos de Europa. Sin máis comentarios...
O anterior no é un feito aislado. En Galicia non se están a
cuidar os ríos en absoluto, polo menos ata o ano 2005 no que
estamos. Moito muro bonito, moito paseo, moito folclore de
gastos, pero nada de nada en saneamento. Ver sinon Ourense, en
novembro do 2005 os ríos Barbaña e Lonia son auténticas cloacas,
o Miño vai tamén penoso inda que aguanta todo. Pero esto pasa
con casí todos os ríos ( o Avia, Arenteiro, Barbantiño, Támega,
Arnoia, etc.). As cloacas típicas, únense as industrias que non
tratan os seus resíduos, os pesticidas e un longo etc. Así non
vamos a ninguna parte...
Pobres peixes e pobre fauna galega...
¡Dende esta páxina www UN BERRO MOI GRANDE PARA PORLLE FRENO
A ESTA DESFEITA.
Subir.
