Chondrostoma arcasii.
A Vermelliña. (Bermejuela)

É un peixe máis ben pequeno ata 12 cms.).
Tamén se chama Reñosa.
Outros
chámanlle o Rubio.
Este peixe está presente en moitos ríos de Galicia como O Miño,
O Sil, o Limia, Umia, Tea , etc.
A fotografía (de F. Gómez Caruana) está
sacada do libro "Atlas y Libro rojo de los peces continentales de
España", publicado no 2001 polo M. de Medio Ambiente e o CSIC.
Ver
características.
Saír.

VERMELLIÑA:
características
Nome
científico:

Chondrostoma arcasii ( Steindachner , 1866).
Taxonomía:
Clase |
Actinopterygii |
Orden |
Cypriniformes |
Familia |
Cyprinidae |
Xénero |
Chondrostoma |
Especie |
Chondrostoma
arcasii |
Nota: un sinónimo é o
Rutilus arcasii.
Ir a
características 
|
Nome galego:

Vermelliña , Rañosa. O
Rubio. Peixe. Manciguana.

Fotografía de Delgado Saez, J.A.
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Bermejuela.
Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por
suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses.
Merece a
pena velo. Espectacular.
Ir a
características 
|
Dimensións:

Talla entre 4,7 e 10,8 cms.
É moi pequeniña. Edade máxima 6 anos.

Ir a
características 
|
Identificación:

O Exemplar da fotografía ( fot. Martín
Mayo) , é do río Tea en Ponteareas e está sacado do libro "
Inventariación piscícola de los ríos gallegos".
Perfil arqueado da cabeza, o fuciño
tende a redondearse polo seu cabo. A boca é algo ínfera, e dende logo
e característico a coloración vermella da base das aletas e da
aleta anal. Esta coloración é o elemento distintivo cos demáis
ciprínidos.
O número de escamas na linea lateral oscila entre
36 e 48 escamas, sendo a media de 42.

A aleta dorsal está colocada a metade do
lombo e presenta 7 radios ramificados, pero o que destaca é a cor vermella da intersección das
aletas situadas por debaixo da liña lateral.
O número de dentes farínxeos é de 4 a 6
sendo o máis frecuente 5 en cada lado.
Ver esta fotografía de David Pérez:

Sensacional fotografía de David Pérez, sacada de su
link de fotografías. Río Duero ano 2009.
Ir a
características 
|
Habitats:
Augas de fluxo lento e encoradas.
É moi abondosa nos afluentes do Miño.
Hai tamén moítisimas no río Tripes en Tui.
Non acepta as augas saladas.
No Ribeiro aparece como residente,
pero en perigo. Libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo
Rodríguez Fernández (Oitabén).
Forma, normalmente unha asociación moi
característica coa troita.
Ir a
características 
|
Desove:

Reprodúcense entre os meses
de maio e xuño, con fecundación externa deixando os ovos sobre un
sustrato. Normalmente a reproducción comenza no segundo ano de vida.
As femias entre 3,6 e 4,4 cms. e os machos entre
4,2 e 5 cms.
Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por
suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses.
Merece a
pena velo. Espectacular.
Ir a
características 
|
Alimentación:

A súa alimentación está
basada en invertebrados principalmente, inda que pode consumir tamén
plantas.
Ir a
características 
|
Vese nos meses de ...

Todo o ano.
Ir a
características 
|
Interés:
Dende logo, moito xa que é un endemismo
. Atópase nos ríos Miño , Sil, Limia, Lerez, Umia , Ulla ,Tambre e
Mandeo.
Probablemente sexa máis abondosa do que parece
esta especie, da que faltan estudios en Galicia.
O que está claro é que un peixe tan pequeno, que
non destaca pola súa pesca deportiva non é demasiado coñecido.

O
Atlas e Libro rojo de los peces continentales de España la da como
especie vulnerable, basándose na introducción de especies exóticas, e
nas estructuras hidroeléctricas que están a rematar con todos os
peixes autóctonos. O anterior está
avalado polo Ministerio de Medio Ambiente de España e o CSIC. Quero
decir os factores de amenaza citados para a vermelliña.

Dan
ademáis medidas de conservación de esta especie como : minimizar os
impactos das minicentrais ou non facelas, depurar as augas e por suposto
non botar especies exóticas, que o único que fan e rematar coas nosas
especies totalmente.
Ir a
características  |
Protección:

Na lista vermella figura como VU -A3ce.
É polo tanto vulnerable.
Defeito está a desaparecer dos nosos ríos a mans
das especies foráneas.
Ir a
características 
DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

VERMELLIÑA
Non é moi abundante, atópase no Umia, Mandeo,
Verdugo, Miñor, Deva, Tea, Avia, Bibei, Ladra, Alto Ulla.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos".
Xunta de Galicia 1997. Tamén aparece no atlas de invertebrados de
Galicia, tomo I, editado pola sociedade galega de Historia natural.
Aquí fálase da ausencia de estudios sobre este ciprínido que quizáis
sexa máis abundante do que reflexan os poucos estudios que hai. Vai en
contra desto a súa pequena talla, o seu pouco interés deportivo e a
súa posible confusión con outros ciprínidos.
Subir.
|
|