Carassius
auratus. Pachorro.
(Carpín)

O Carpín é de menor tamaño que a Carpa, e
amosa diferentes razas.
O corpo é curto e lateralmente comprimido.
Como moito achégase os 30 cms.
Distínguese da carpa en que non ten barbelas no labio
superior, cousa que a carpa si as ten.
Este peixe non é autóctono de Galicia, é decir, é
introducido.
As carpas van a máis nos
nosos ríos.
Características.
Saír.

PEIXE ROXO.
CARPIN: características
Nome
científico |
Nome
científico

Carassius auratus ( Linnaeus 1758)
Clasificación:
Reino: animalia
Filo: chordata
Clase: Actinopterygii
Orden: Cypriniformes
Familia: Cyprininae
Género: Carassius
Especie: Carassius auratus
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome galego:

Pachorro. Peixe roxo. Serrán, pimpao.
Tamén lle chaman en Ourense Carpa vermella. Os
nomes de serrán e pimpao aparecen no libro Pescadores do río Miño de
Eliseo Alonso. Dice Eliseo que estas carpas de nome pachorro pola
súa pachorra no río, proceden dun estanque de cultivo delas que había en
Monzón e que nunha ocasión inunduo o río Miño cunha gran crecida.
Ir a
características 
|
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Pez Rojo. Carpín. Carpa dorada. Carpín dorado.
Ir a
características  |
Dimensións |
Dimensións:

É un ciprínido que raramente supera os 30 cms. A talla
máxima coñecida é de 45 cm. 2 kg. de peso cunha edade de 30 anos.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:
O Carpín é de menor tamaño que a Carpa, e
amosa diferentes razas.
O corpo é curto e lateralmente comprimido.
Como moito achégase os 30 cms.
A cabeza é grande en relación o corpo, que é estreito.
Distínguese da carpa en que non ten barbelas no labio
superior, cousa que a carpa si as ten.
A aleta dorsal é pechada e distínguese as espiñas
perfectamente. As dorsais son curtas e anchas. A caudal e ancha e
grande.

A aleta dorsal é alargada é cóncava.
Ten entre 25 e 35 escamas na liña lateral.
Este peixe non é autóctono de Galicia, é decir, é
introducido.

carpín.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Come de todo dende algas ata
invertebrados bentónicos.
Vaille todo.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:
Prefire augas con correntes, en todo caso augas
pouco profundas que teñan abondosa vexetación e fondos blandos.
Atópase sempre polas beiras.
É un peixe que case resiste todo, pouco osíxeno,
contaminación, etc.
Durante o inverno métese no fango e está medio
aletargado.
A Xunta únicamente detecta o Carpín nos ríos Miñor
,Baixo Mero e Tea.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos".
Xunta de Galicia 1997.
Ir a
características 
|
Desove: |
Desove:

Desove en maio - xuño, en lugares con
moita vexetación.
O normal é que
durante o cortexo, os machos persigan con
insistencia ás femias, acariciándolles o abdomen coas eflorescencias
nupciais para incitalas a desovar. A posta realízase entre ramas e
plantas acuáticas, inda que en estanques colocan penachos de
cordón ou calquer material textil introducido na auga, sobre o que fixan
a posta.
As veces a reproducción é un tanto rara xa que
poden ser todo femias, neste caso a reproducción realízase por
gimnogénesis, os ovos necesitan neste caso para o seu desenrolo o
estímulo do esperma dun macho doutra especie. Os individuos que nacen
neste caso son clones das mais.

Incrible.
A información anterior está sacada, case o pe da
letra do libro Atlas e libro rojo de los peces continentales de España.
de I. Doadrio, el Ministerio de Medio Ambiente y el CSIC.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

É moi utilizado como ornamental.
Tamén o parecer únicamente ten interés utilizado como
cebo vivo para conseguir outras especies.
Ir a
características 
|
Ameazas: |
Ameazas:

En España aparece no libro vermello dos
Vertebrados como especie non ameazada.
Ir a
características 
|
Outros
datos: |
Outros
datos:

Trátase dun peixe orixinario de Asia, china e
Xapón. Fálase de que en España debeuse meter no século XVII, e o
parecer está por toda a Península.
A verdade é que non acabo de entender esta teima
de traer animais, neste caso peixes doutros paises e veña, o río. Non
me cabe na cabeza.
¿ Alguén pode explicarme a filosofía destas
historias ?.
Ir a
características 
|
Subir.

DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.
CARPÍN
A Xunta únicamente detecta o Carpín nos ríos Miñor
,Baixo Mero e Tea.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos".
Xunta de Galicia 1997.
Ir a características

|