Phoxinus
phoxinus. Piscardo. (Piscardo)

O Piscardo tamén é un peixe introducido en
Galicia. Non é polo tanto autóctono.
(Ollo o dato, xa que en
Cantabria e Asturias é autóctono).
Trátase dun cíprinido máis ben pequeno, sobre 10 cms.
Persoalmente descoñezo este peixe.
Puden ver este peixe no
río Navia en maio do 2011, a verdade é que está moi extendido no
río, polo menos no couto de Navia. Unha desfeita.
Según o libro "Inventariación piscícola de los
ríos gallegos", este peixe téñeno detectado ou censado no río Navia en Lugo.
Características.
Saír.

PISCARDO: características
Nome
científico |
Nome
científico

Phoxinus phoxinus ( Linnaeus 1758)
Clasificación:
Reino: animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orden: cipriniformes
Familia: Ciprinidae
Xenero: Proxinus
Especie. Phoxinus phoxinus
Ir a
características 
|
Nome
galego |
Nome galego

Piscardo
Ir a
características 
|
Nome castelán: |
Nome
castelán:

Piscardo, morito, Chipa , Barb roig.
Ir a
características 
|
Dimensións |
Dimensións:
Trátase dun cíprinido máis ben pequeno sobre 10 cms.
Chegan a vivir ata
14 anos.
Ir a características 
|
Identificación: |
Identificación:

Trátase dun peixe pequeniño que
raramente alcanza os 14 cms.
As aletas son cortiñas, como se poden
ver nas fotografías, tendo a dorsal e a anal sobre -8 radios ramificados.
Escamas pequenas variando entre 80-90 na
línea lonxitudinal como media.
A coloración é variable e presenta,
por norma xeral, manchas oscuras dispostas trasversalmente.

Na época da reproducción os machos
presentan tubérculos nupciais, e a base das aletas, excepto na dorsal,
tíñense de vermello. A coloración xeral nesta época soe ser escura.

Macho do piscardo.
Nota importante: a información
anterior está tomada o pé da letra do libro Atlas e libro vermello dos
peixes continentais de España, xulio 2001, publicado por I. Doadria co
aval do Ministerio de Medio Ambiente de España e a CSIC.

Na fotografía vese un piscardo na boca dunha cobra de río
A foto está sacada no río Navia en maio do 2011.
Ir a características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Fotografía do piscardo tomada da
www que figura na foto.
Son onnivoros, inda que a maior parte da
súa alimentación son invertebrados acuáticos.
Seica no río Navia comen os ovos das troitas. Unha
desfeita.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:

Vive preferentemente en zonas de correntes pedregosas
no fondo. Polo tanto nas zonas altas dos ríos, sempre con moito
osíxeno, comparten polo tanto lugar coas troitas, que por certo lle
gusta moito este peixiño, o cal é unha explicación de que se botara,
posiblemente, no río Navia, xa que en Galicia prácticamente non
existe.
Andan en manadas por partes, os machos por un lado
as femias por outro.
A Xunta únicamente detecta Piscardo no río Navia.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.
Ir a
características 
|
Desove
e reproducción: |
Desove e reproducción:

Descoñezo o autor da fotografía.
Chega a formar grandes cardúmenes, que
na época da reproducción poden estar compostos soio por exemplares
machos.
A reproducción fana de abril a xuño na Europa
meriodional e de maio a xulio no norte.
Os ovos eclosionan entre 14 días e 17 días .
Depositan entre 200 e 1.000 ovos.
A reproducción é externa e os ovos deposítanse
sobre chan de grava xeralmente.
Para reproducirse fan como as troitas migran as
cabeceiras para atopar os chans pedregrosos e con pouca auga onde
poidan depositar perfectamente os ovos e que estos vaian para arriba,
ou sexa teñan posibilidades de vivir.
Os machos e femias teñen a madurez sexual entre un
e dous anos.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

Vive preferentemente en zonas de
correntes pedregosas no fondo. Polo tanto nas zonas altas dos ríos,
sempre con moito osíxeno, comparten polo tanto
lugar coas troitas, que por certo lle gusta moito este peixiño, o cal
é unha explicación de que se botara, posiblemente, no río Navia,
xa que en Galicia prrácticamente non existe.
Ir a
características 
|
Ameazas: |
Ameazas:

As amenazas son as típicas: a
introducción de especies exóticas como o peixe gato (de momento non
existe en Galicia) , o lucio, a carpa
americana, o luciperca, etc que rematan con este peixiño.
Tamén as repoboacións indiscriminadas de troita.
Os encoros e minicentrais rematan tamén con este
peixiño, e por suposto todo tipo de contaminación aféctalle.
O anterior está escrito polo Ministerio de Medio
Ambiente de España e o CSIC, non por mín.
Seica comen os ovos das troitas, polo tanto é unha
desfeita o botar este peixiño no río Navia. A xente queixase...
Ir a
características 
|
Estado
de conservación: |
Estado de
conservación:

Hay que distinguir según o libro
"Atlas e libro roxo dos peixes continentais de España" según
de que zona se trate.
Así zonas atlánticas: Non ameazada.
Zonas mediterraneas: ameazada.
En Galicia: prácticamente no existe.
Ir a
características 
|
Outros
datos: |
Outros datos

Según o libro citado sobre o atlas dos
peixes, hai dúas poblacións en España, unha na vertiente atlántica onde
é probable que foxe introducido, por exemplo é o caso do río Navia e
outra na vertiente cantábrica, onde é unha especie autóctona, sendo
bastante abondoso.
Non se coñece, polo tanto, con
exactitude en que concas foi introducido e polo tanto nelas é
exótico e en cales xa existía e polo tanto nelas é autóctono.
Ir a
características 
|
Subir.

DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.
A Xunta únicamente detecta Piscardo no río Navia.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos".
Xunta de Galicia 1997.
Subir.
|