Chondrostoma miegii.
Loina. (Madrilla)

O Chondrostoma Miegii tamén se
chama Madrilla en castelán e Loina na Rioxa; en galego non teño nin
idea, en principio vou a supoñer que se chama loina.
Según ADEGA existe no río Navia, onde
podría desaparecer si se fai o encoro que sempre se falou.
Gustaríame ter máis datos deste peixe en
Galicia. Dende logo en Ourense penso que non existe.
Características.
Saír.

Loina:
características
Nome
científico:

Chondrostoma Miegii (
Steindachner 1866)
Outro nome (sinonimias): Chondrostoma
toxostoma (Vallot 1837)
Taxonomía:
Clase |
Actinopterygii |
Orden |
Cypriniformes |
Familia |
Cyprinidae |
Xénero |
Chondrostoma |
Especie |
Chondrostoma miegii |
Ir a
características 
|
Nome galego:

(Descoñezo). En principio
Loina.
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Loina (na Rioxa) ,
Madrilla (no resto).
Ir a
características 
|
Dimensións:

Ata 51 cms. Media entre 20-40 cm. O peso ata 1,5-2 kg.
Ir a
características 
|
Identificación:
Non é doado. O corpo é alongado,
fusiforme. O labio superior é groso e presenta unha lámina cornea de
forma arqueada, nesto diferenciase da boga de río que ten unha lámina
córnea que é recta.. A boca transversal, arqueada
, en posición inferior e dotada de labios córneos bastante
desenrolados. Ten entre 6-7 dentes farínxeos a cada lado, dispostos
nunha soia serie. O dorso varía do pardo grisáceo o gris azulado. Os
flancos son máis craros e o ventre branco amarelo.

O pedúnculo caudal é largo e estreito.
As aletas son largas, a dorsal ten oito radios e a anal de oito a
dez.
Ir a
características 
|
Alimentación:

Aliméntase de algas filamentosas ,
diatomeas, etc. Tamén por suposto de crustáceos, insectos, ovos de
peixes , etc..
Ir a
características 
|
Habitats:

Especie que prefire os ríos con
correntes. O Navia é o tal. É unha especie de fondo, onde vive en
bandadas grandes.
O atlas de peixes continentales da península non da a existencia
deste ciprínido en Galicia, soio fala de Cataluña. Tampouco está
inventariado pola Xunta de Galicia.
Repito os únicos que falan del é ADEGA que dice que existe no
río Navia.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses de...

Abril a Agosto.
Ir a
características 
|
Interés:

Especial. Debe ser dos poucos lugares
de Galicia , onde hai este ciprínido. Polo tanto debe ser unha especie
a conservar.
Ir a
características 
|
Reproducción ou desove:

Ten lugar dende marzo a xulio, neste
período realizan breves migracións, que non se podrían realizarse si
se fai un encoro. Durante a freza a cabeza e a parte anterior do corpo
cúbrense de tubérculos nupciais e ambos sexos. Os ovos, moi xuntos e
verdosos, de 1,5 mm de diamétro e en número de 600-15000 son
depositados sobre as pedras do fondo. As larvas eclosionan as 2-3
semáns.
Ir a
características 
|
Protección:

Debera estar protexido xa que non parece
moi abundante en Galicia.
Sobre este punto conviene saber o que dice o libro que poño a
continuación:
ATLAS Y LIBRO ROJO DE LOS PECES CONTINENTALES DE ESPAÑA.
Publicado en el 2001. Por I. Doadrio, el Ministerio de Medio
ambiente y el CSIC.
Categoria Mundial UICN : no catalogada.
Categoría para España : Bajo riesgo - no amenazada.
Justificación de los criterios:
Se estima un declive del 20% en los próximos años debido a la
introducción de peces exóticos como el pez sol, el pez gato, la perca
americana y el lucio.
Le pueden influir muchísimo las construcciones hidroeléctricas
así como los vertidos de todo tipo.
Las poblaciones de este ciprínido van en declive pero aun son
importantes.
-----------------------------------------------------------
Efectivamente non está en declive en lugares como Cataluña,
dende logo según ADEGA si está en peligro en Galicia.
Ir a
características 
|
Non
o encoro do Navia:

foto Delgado Saenz.
O Chondrostoma Miegii descoñecía que existira en Galicia, as miñas
noticias deste ciprínido veñen de cara de ADEGA, que indica que
esta especie se ve ameazada co encoro que dende o ano 1939 están
prometéndolle os veciños do río Navia, un río marabilloso e unha
xente sensacional que non se merece este desprecio por parte da Xunta
de Galicia.
Digo esto, xa que ano si e ano tamén, fálase deste encoro, os veciños
de Navia, sempre viviron con este tema, xa está ben, a xunta debe
decretar que o río Navia, é un entorno a conservar no seu estado
natural. Somos moitos os pescos galegos e non galegos que visitamos
este marabilloso río e quedamos estaxiados...¡¡ O río Navia
debe vivir para sempre !!.
Ir a
características 
Subir.

DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

Loina ou madrilla.
A madrilla ou Loina non está inventariada pola Xunta de
Galicia, polo menos no seu libro "Inventariación piscícola de
los ríos gallegos" feito en 1996-97, non aparece para nada.
Si é certo que existe, que nono sei,
pero polos datos que da ADEGA atópase en Galicia, é lamentable por parte da
Xunta, que no seu inventario non apareza.
Según Adega este peixe ciprínido esta ameazado de desaparición
sempre que se faga o encoro do Navia ( que na miña opinión non se
fará nunca). O FACER O ENCORO DO NAVIA, ASÍ COMO ENCORO DE SELAS NO
MIÑO , SERIA TANTA ABERRACIÓN HISTÓRICA COMO A DESECACIÓN DA LAGOA
DE ANTELA. UNHA SALVAXADA SIN PERDÓN, XA REALIZADA, NA DÉCADA DOS
CINCUENTA. ¡¡¡¡ BADOCOS !!
Subir.

|
|