Squalius carolitertii. O Escalo.
( Bordallo)

O escalo.
O Escalo ou Cacho era
un ciprínido moi abundante nos ríos de Ourense e nos ríos
galegos en xeral, hoxe é totalmente vulnerable.
Ten moitísima espiña e
non é de moita calidade gastronómicamente falando.
O seu tamaño medio
anda por 25 cms.
Ver
características.
Saír.

O escalo:
características
Saír.

Nome
científico:

Squalius carolitertii
(Doadrio,1987)
Taxonomía:
Clase |
Actinopterygii |
Orden |
Cypriniformes |
Familia |
Cyprinidae |
Xénero |
Squalius |
Especie |
Squalius
carolitertii |
Nota: sinónimos son o
Leuciscus Cephalus cabeda Risso, 1827 e o Leuciscus
carolitertii Doadrio 1987
Ir a
características 
|
Nome galego:

Escalo. Tamén
se chama Cacho. Cachizo. Xardo.
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Bordallo,
Cacho, Leucisco, Cabezudo.
Ir a
características 
|
Dimensións:

Ata 40 -50 cms, a media é de 25-30 cms. Pode
chegar en peso ata 1,5 kg, o normal 200-300 grs..
Ir a
características 
|
Identificación:

Escalo fotografía de F. Palacios "libro roxo e
atlas dos peixes de España". 2001.
Corpo alargado, cabeza grande e
boca subterminal.
O aspecto é moi característico,
pero a súa librea, o seu lombo, cambia moito según os
ríos: pode ir dende verde negruzco ou pardusco a verdoso ou
obscuro.

É un peixe estilizado, co
corpo afiado e as veces casi negro no lombo e ten unhas
manchiñas negras o longo do corpo.

Escalo. Un tipo o máis corrente.

Escalo ou cacho do río Tea, cóstame máis
identificalo con esta librea tan rara. Aparece no libro
Inventariación piscícola de los ríos gallegos.

Ir a
características 
|
Alimentación e hábitos:
Estos peixes aliméntase de
bichos do río casullo, pequenos anfibios, ovos, etc. Tamén
mosquitos, moscas, etc.
Moi gregario de xoven e
solitario de adulto.En Galicia vive tamén nas correntes de non
moita velocidade. A súa reproducción faina entre abril e xulio.
Ir a
características  |
Habitats:
Poden vivir nos encoros de todo
tipo, aguantan a eutrofización perfectamente, polo menos de momento.
Tamén se atopan en ríos de
correntes máis rápidas e dende logo son os mellores.
Ir a
características 
|
Desove:
A reprodución faina entre abril
e xulio. Durante a freza, os machos mostran uns tubérculos nupciais
moi característicos na cabeza e na parte inferior do corpo. Os ovos
en número de 50.000 ata 200.000, dunhos 2 mm de diámetro son postos
en augas moi baixas e terrenos pedregosos e de pedriñas ou arenosos.
As larvas eclosionan entre 5 e
8 días e miden 4 mm, tras 1-5 anos o escalo pasa a ser adulto.
Ir a
características  |
Vese
nos meses de ...

Vense moítisimos nos meses de maio e xunio.
Actualmente vense un pouco menos que fai anos.
Ir a
características 
|
Interés:

Normal. Son imprescindibles nun río.
Están caendo moitos en mans do Bass un
auténtico depredador dos escalos e outros tipos de peixe.
Ir a
características 
|
A súa pesca:

A súa pesca é bastante
doada incluso para os novatos. Un cana , un sedal fino ( ata 500 grs
o 1 kg de resistencia), o típico corcho ou flotador, un anzó do 15
ou 16 un bicho blanco ou o sasullo ( que se pode coller no mismo
río) e vella a sacar peixes. Hai dende logo auténticos mestres que
os sacan a pares...
As veces entran a pluma. Fai
pouco na desembocadura do río Bubal, no Miño, farteime de
sacar escalos que por certo devolvía o río. Era tirar e sacar, non
daba feito...
Ir a
características 
|
Protección:
Normal. Son moi abondosos. Son
capaces de vivir en augas contaminadas e dende logo aguantan a
eutrofización ( podrecen as algas) , moi común en Ourense no encoro
por exemplo de Cachamuiña (no 2007 non hai nin o primeiro) e tamén
no encoro de Castrelo de Miño.
Según o libro recentemente
publicado, febreiro do 2001, "Atlas y libro rojo de los peces
continentales de España" está especie é vulnerable debido á
introducción nos nosos ríos do lucio e a perca americana ( Bass).
Ir a
características 
|
Curiosidades:

Fai xa moitos anos vendíanse na
praza de abastos de Ourense, tódolos días, o río Miño tiña miles e
eran de bastante calidade, dende logo con moita espiña, hoxe
cada día vense menos ou ningún. As razóns están claras: a
contaminación galopante e os peces exóticos que botaron en Castrelo
de Miño e outros lugares, rematan coa nosa especie autóctona.
As carpas, carpins, Bass, e un longo etc que unha mente
calenturienta botou nos nosos ríos, non teñen perdón...
O da plaza de abastos pasou a
historia.
Ir a
características 
|
DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

Cacho do río Tea en Pontevedra.
ESCALO - PEIXE- CACHO |
O Cacho abunda en moitos ríos de
Galicia: Umia, Lerez, Tea, Arnoia, Avia, Bibei, Neira, Ladra, etc.
Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos
galegos". Xunta de Galicia 1997. |
Subir.
|