....
Salmo trutta
trutta e. migrador.
Reo. (Trucha de mar).

O reo, tamén é galego.
É a
troita de mar, a troita maresa. Cada día tamén hai menos xa que non suben
cós encoros.
Científicamente chámase Salmo trutta
trutta, igual que a troita de río pero o reo e o ecotipo
migrador.
Pode medir por riba dos 90 cms. e
pesar 15 kgs. O normal é pescar reos entre 38 e 60 cms con un peso
entre 500 grs. e 3 kg.
Habita todos os tramos dos ríos preto do mar, ata onde pode subir, é
decir, ata os encoros. Este peixe ven os ríos a desovar en agosto.
Pódese pescar no Miño, no Tambre, no Sor, Eume, Mandeo,
etc. Sempre preto das
desembocaduras ó mar.
Características.
Saír.

O reo
(Salmo trutta
trutta):
características
Subir.

Nome
científico

Salmo trutta trutta (
Linnaeus 1758)
Taxonomía:
Clase |
Actinopterygii |
Orden |
Salmoniformes |
Familia |
Salmonidae |
Xénero |
Salmo |
Especie |
Salmo trutta |
Subespecie |
Salmo trutta trutta. |
Os Actinopterygii son peixes con aletas
radiadas.

Nota:
no 2015 rectifico o nome científico da troita e
do reo e sigo
o escrito por Fernando Cobo Gradín e
colaboradores, libro "La trucha en la pesca a mosca".
La biología de la trucha común" , Sekotia 2015. Onde
fala de unificar os nomes referidos a troita común
(residente nos ríos) e o reo (migrador) no sentido de
ser da misma especie e duas formas distintas. As duas
son polo tanto Salmo trutta trutta (o reo) e a
outra Salmo trutta trutta morpha fario (troita
común). Tamén poderíamos decir
que a troita é Salmo trutta trutta ecotipo residente e o reo Salmo trutta trutta ecotipo
migrador.
Así o reo é
a troita común son a misma familia, unha é residente no río e outra
é migradora, o reo, o mar para o cal ten unha adaptación peculiar. A troita común chámase científicamente Salmo trutta
trutta morpha fario ou dito doutro xeito Salmo trutta trutta,
ecotipo residente.
Volver a características.
Nome galego:
Reo, troita maresa.

Reos de entrada.

Esta sin dúbida é a mellor fotografía que atopei
en internet dun reo pescado en Galicia. Descoñezo o autor da misma,
así como o río no que foi pescado.
O link
onde ven a fotografía é este: anzuelos y peixes. Trátase dun reo
de entrada.

Reo vello.

Dibuxo de reo.
Volver a características.
Nome
castelán:

Reo, trucha marisca.
Trucha marina. Trucha de mar. Troita de mar.

Volver a características.
Dimensións:

Chega a pesar 15 kg. e botar unha lonxitude de 90
cms.
Pode ter una vida ata os vinte anos, pero o normal está entre 8-10
anos.
Con 6-7 anos pode botar 3-4 kg que son o que se pescan
normalmente. Son sin dudalo os mellores

Volver a características.
Identificación:
Este é un reo típico que sube aproveitanto as
mareas e que ven do mar. As súas pintas negras no lombo, a aleta dorsal
recta e o seu corpo plateado delátano bastante. Observar que as
pintas non teñen a aurea clara bordeandoas.

Reo no seu medio. Fotografía de
José Luis González.
Ver na fotografía seguinte os corpos plateados
característicos.

Moi plateado en xeral, sobre todo
cando son reos de entrada. Tamén ten a aleta adiposa no lombo,
o que non ten, normalmente son pintas roxas (sobre todo canto entra do
mar).
A cabeza tamén é máis pequena que a da troita. A cola é pouco escotada ou recta.
Normalmente son máis grandes que as troitas.
A nivel científico hai diferencias
nos dentes, o reo por suposto ten os dentes como a troita, ou sexa no
maxilar, no premaxilares, na lingua e no vómer, pero no vómer son
distintos os dentes que leva dos da troita:

Neste dibuxo vese unha cabeza de reo,
nela está situado o vómer que aquí leva tres dentes transversais
e un lonxitudinal mentras que na troita común leva unha fila de tres dentes
trasversais seguidos de dúas filas de dentes lonxitudinais. No
dibuxo da dereita abaixo aparece o maxilar superior dunha troita,
similar o do reo salvo o vómer,
onde se ven os dentes do maxilar, logo os dentes interiores do
paladar da boca ou premaxilares e os dentes do vómer.
No libro "Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en
materia de Pesca Fluvial", editado por
AGAIA (Asociaicón galega de investigadores da auga),
Estación hidrobiolóxica "Encoro do Con". Escrito por
F. Cobo e R. Vieira-Lanero,
como coordinadores, aparece unha clasificación dos peixes
existentes en Galicia de onde está sacado o dibuxo do
vómer que aparece na figura anterior.
Nesa clave considérase básicos
para identificar o reo: o vómer e o feito de que nas
pintas que son polo xeral soio negras e non presentan unha area esbrancuxada o redor
como na troita.

Sobre o dorso presenta unha banda estreita (como
unha raia) de cor oscuro.

Nesta fotografía dun reo vese
perfectamente esa raia no dorso.

Tamén neste dibuxo.
O reo o tocalo perde máis escamas que a troita.
O reo para o pescador tamén é doado de diferenciar
da troita, o pescalo loita ata a morte, a troita é loitadora pero
moitísimo menos.

As diferencias coa troita común non son doadas de
distinguir, dependendo do tempo que o reo leve no río (é máis doado de
distinguir cando sube por primeira vez, os zancados (xa baixou varias
veces o mar) e os esguíns (baixan por primeira vez ó mar) non é tan doado, confúndense máis coa troita común):

Na fotografía sacada do libro "La pesca
tradicional del reo en Galicia" de Miguel Piñeiro, vese un reo, que
é o de arriba, onde a librea é de manchas negras, mentras que a troita,
a de abaixo, (Salmo trutta fario) é con manchas vermellas. Tamén,
por regra xeral a aleta caudal é menos escotada que na troita.

Esta sin dúbida é a mellor fotografía que atopei
en internet dun reo pescado en Galicia. Descoñezo o autor da misma,
así como o río no que foi pescado.
O link
onde ven a fotografía é este: anzuelos y peixes.
De todas formas, está claro actualmente que,
o reo e a troita pese a ser distintas, moitas veces aparéanse xuntas,
producindo un ou outro. As diferencias xenéticas son mínimas. Son dúas
formas dunha misma subespecie.
De feito hai científicos (Fernández Cobo e Marcos
A. González) que únicamente distinguen dúas especies autóctonas dentro
dos Salmonidae: o salmón e a troita. Así troita e reo serían dúas formas
dunha misma subespecie cuia denominación correcta debera ser Salmo
trutta trutta para o reo e Salmo trutta trutta morpha fario para a
troita común galega.
Evidentemente nesta páxina www non vou entrar en
algo que me parece tan complicado e limítome a deixar constancia dos
últimos adiantos no tema.
Volver a características.
Alimentación

Fotografía de Pedro Luaña
Insectos de todo tipo. Peixes, ras, a propia troita máis
pequena. No mar come mariscos, calamares, etc.
A diferencia do salmón, o reo si se alimenta nos
ríos, e moito.
A alimentación do reo polo día é mínima, polo día
está prácticamente inactivo, non así pola noite que perda a súa
desconfianza.
O reo o entrar nos ríos sitúase en lugares cómodos
que lles proporcione co mínimo esforzo comida e seguridade: grandes
pozos, lugares profundos, pedras, rochas, raíces, árbores caidos, etc.
Volver a características.
Habitat:
Os reos están nos ríos que dan o Atlántico.
Ver o mapa da súa distribución:

Distribución xeográfica do reo. Ver que únicamente hai
reos na vertiente atlántica.
Son máis abundantes na vertiente galega que na
cantábrica.
Desembocaduras dos ríos no mar. Tamén na zona da costa preto da
desembocadura dos ríos. Sube ata onde pode. As centrais ou grandes
encoros e minicentrais
cortan a súa subida.
O reo ó entrar nos ríos sitúase en lugares cómodos
que lles proporcione co mínimo esforzo comida e seguridade: grandes
pozos, lugares profundos, pedras, rochas, raíces, árbores caidos, etc.
O reo non é sedentario como a troita, de feito vive
no mar e no río indistintamente. Os ríos normalmente remontaos no
verán e efectúa logo a posta no outono.
Trátase polo tanto dun peixe anádromo (vive
indistintamente no río ou no mar).
Dado que nace no río e polo tanto en auga doce, o
cabo de aproximadamente dous anos esguina (trátase dun cambio
fisiolóxico para soportar o cambio de río o mar), este esguinamento
tamén se chama esmoltificación: cambea de cor e de comportamento.

O reo cando volve o mar (unha vez que cambia a súa
librea como xa está dito) non se mete mar adentro, normalmente
merodea pola costa, inda que poden separarse moitos kilómetros de
distancia. Normalmente volven o río onde naceron inda que pode non
ocurrir esto.
Volver a características.
Vese
nos meses de:

Vese nos mes de xullo e agosto preto da desembocadura no mar.
A súa pesca faise pola noite, na media hora que se
concede a nivel de Galicia.
Pescase con todo, cucharilla, mosca, etc. Pero o
máis normal é pescalo con "risco". Especie de moneco
artificial que varía moito según os lugares de pesca.

Riscos de Sito Fernández.
Fonte libro "La pesca
tradicional del reo en Galicia" de Miguel Piñeiro.
Os interesados neste cebo e na súa técnica poden
consultar o libro La
pesca tradicional del Reo en Galicia (reseña da miña páxina sobre
o libro), onde se describe con todo luxo de detalles esta modalidade de
pesca.
Volver a características.
Reproducción:
O reo, como xa está dito remonta o río
ata os lugares de posta e a partir de novembro a femia pon 1.500 ovos
por kilo de peso. O chegar a primavera os ovos eclosionan e aparecen os
alevíns. O cabo de dous anos os alevins vanse para o mar, regresando (o
pasar dous ou tres anos) o
río para desovar.

Reo vello.
Antes de ir o mar prodúcese o chamado
esguinado que é un
cambio fisiolóxico que opera para soportar o cambio osmótico que
representa o cambio do medio fluvial o medio marino. Este esguinado
tamén se chama esmoltificación.

Reo novo.
A freza faina en pequenos ocos de gravilla entre
octubro e xaneiro. Entre 1000 e 2000 ovos dependendo do peso. Os ovos
son amarelo-alanraxados que eclosionan entre os 70-120 días. Os
alevíns pasan entre 1-5 anos no río.
O reo a diferencia do salmón aliméntase no río e
moito. Outra diferencia (có salmón) é que non morren normalmente despois de
desovar.
Moitos adultos (os zancados) regresan o mar.
Así pois o reo pasa por distintas etapas ou fases no
seu ciclo vital: esguín (que baixa o mar por primeira vez, os
dous ou tres anos), postesguín ou Finnock (exemplar que volve o
río o mesmo ano que baixou), adulto de retorno (exemplar que
despois de pasar un inverno no mar volve o río a reproducirse), reproductor múltiple (adulto que entra no río para reproducirse por
segundo ou máis veces), e por último zancado (exemplar que xa
realizou a reprodución e volve o mar).
Volver a características.
Interés:

Especial. Cada vez quedan menos. Abundan en algúns
ríos galegos. Ver a tabla de pescas nos últimos anos.
ANOS |
REOS PESCADOS OFICIALMENTE. |
1995 |
3.035 |
1996 |
2.264 |
1997 |
2.256 |
1998 |
1.161 |
1999 |
1.676 |
2000 |
2.144 |
2001 |
2.949 |
2002 |
2.790 |
2003 |
2.613 |
2004 |
2.464 |
2005 |
1.873 |
2006 |
1.638 |

Máis completo:


Serie
histórica
última
2009-2019

O reo ten moito interés tanto deportivo (a súa
pesca está de moda en Galicia no ano 2005) , como interés comercial. O
reos vense moitas veces a venta como un peixe especial.
A pesca do reo atrae a moitísima xente.
Efectivamente trátase de algo especial, o reo é moi loitador e ademais
non se engana fácilmente. Por outra banda o reo que entra a un cebo, non
volverá entrar a outro en varios días, cousa que non ocurre coa troita.
Os días de moita calor son malos para pescar reos,
salvo a mañanciña e no sereno, ou sexa que a cousa é bastante dificil.
Para ver estos e outros detalles da súa pesca
podedes consultar este link.
Link sobre a pesca do reo.
Distribución
en Galicia e Tablas de pesca.
Volver a características.
Protección:

Tende a desaparecer dos ríos. En
principio non está protexido en Galicia, que eu sepa, inda que si teñen que levar a
guía, o que supón un control dos que se pescan.
De tódolos xeitos hai moitos reos que non pasa
pola guía, polo que os datos non son exactos.
Volver a características.
O reo en
Galicia:
É un peixe emblemático, loitador, astuto. Non é
doado
de pescar. Os grandes encoros, as minicentrais, a contaminación, os envelenamentos, as repoboacións mal
feitas, os malos pescadores, a sobrepesca, rematan con esta especie.
O reo dase actualmente nos ríos Anllóns, Eume,
Grande, Landro, Lérez, Mandeo, Masma, Miñor, Sor, Tambre, Ulla, Umia e
Xubia.

Reo de 70 cm. pescado no río Sor
por Dionisio Beltrán. Fonte libro "La pesca tradicional del reo en
Galicia" de Miguel Piñeiro.
Os ríos máis reeiros en abril do 2004,
son o Sar, o Eume, o Tambre e o Mandeo (polo menos de reos guiados).
No ano pasado 2019 o mais
reeiro foi o Mandeo con 28 reos.
Por suposto no río Miño tamén se dan moitos reos,
probablemente tantos como nos outros ríos, pero non se guían os reos.
Nota: Por reos guiados enténdese aqueles que unha
vez pescados pasan o control de Medio Ambiente, que é o legal.
Esta é actualmente a serie histórica:
Serie
histórica
última
2009-2019

Volver a características.
Libros de pesca do reo en
Galicia:

La
pesca tradicional del Reo en Galicia (reseña da miña páxina sobre
o libro).
Páxina
do autor do libro, onde fala da súa pesca e demáis.
Reo de 2,7 kg. capturado nun afluente do río
Miño.
Aparece no libro xa citado de Miguel Piñeiro.
Volver a características.
Links
sobre o reo:

O libro do reo en Galicia.
Sobre o reo en Galicia.
Volver a características..
Fotografías enviadas de reos
galegos.

Fotografía enviada por Pedro Luaña Louzao. O reo
foi devolto o río Tambre para que crecera un pouco máis. É bonito.
Botou 26 cms. ¡Moitas gracias Pedro!

Reo no seu medio.
Fotografía de José Luis González. Esta fotografía está sacada
dunha exposición que fixo o autor en Ourense. É unha foto dunha
foto.

Reo sacado
deste link. Parece un reo de entrada...
Volver a características.
DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

O Reo está presente actualmente en case que tódolos
tramos finais dos ríos importantes galegos: Eo, Masma, Ouro, Landro,
Sor , Baleo, Sor, Mera, Xubia, Eume , Lambre, Mandeo, Anllóns, Tambre,
Sar, Umia, baixo Miño... etc.
En Galicia esta é a tabla de pesca nos últimos
anos:
ANOS |
REOS PESCADOS OFICIALMENTE. |
1995 |
3.035 |
1996 |
2.264 |
1997 |
2.256 |
1998 |
1.161 |
1999 |
1.676 |
2000 |
2.144 |
2001 |
2.949 |
2002 |
2.790 |
2003 |
2.613 |
2004 |
2.464 |
2005 |
1.873 |
2006 |
1.638 |
2007 |
1.300 |
2008 |
1.943 |
Os mellores exemplares están entre 38 cms. e 65
cms. con un peso entre os 500 grs e os 3 kgs.
Por ríos levan a palma os ríos da
Coruña como o Eume (616/2003) , Sor (628/2003), Tambre (274/2003),
Grande (262/2003) , Mandeo (255/2003), Xubia (128/2003) e Anllóns
(26/2003).
En Pontevedra o mellor río é o Ulla (213/2003)
, seguido do Umia (18/2003) e Lérez (16/2003) a moita distancia.
En Lugo o Landro (112/2003), Masma (46/2003) e
Eo (9/2003). No
2008 os ríos de máis capturas son o Tambre (401), o Grande do porto
(363), Xubia (256), Mandeo (237), Sor (218), Ulla (186),
Landro (92), Eume (43), Anllóns (64), Mera (43), Masma (23),
Lambre (10)... ata 1.943 reos en total en Galicia- 2008. Non é abondoso. A
tendencia parece ser a estabilización inda que hai ríos nos que a
disminución é alarmante. Por
regla xeral os pescados e analizados tiñan oito anos de vida, con seis
no mar. Subiron catro veces a desovar. Os
que teñan máis interés sobre estos datos sobre os reos poden consultar a Páxina
do autor do libro xa citado, onde fala da súa pesca e
outras moitas cousas.
Serie
histórica
última
2009-2019

Estos datos están
sacados da Xunta de Galicia, concretamente o link que
aparece a continuación: Ver os datos en
Histórico de reos da Xunta de Galicia.
Volver a características.
REO DO NARCEA.

Sensacional reo pescado no río Narcea. A
fotografía pertenece a este
link. de Carmele G. Zanón. Xulio 2004
Volver a características.
REO DO
CARES 10/06/2011

Volver a características.
REO DO SOR.

Esta imaxen, dun reo pescado no río Sor,
sírveme perfectamente para presentar un blog que me gusta e fala
de reos e outras cousas.
Este é o link, merece a pena.
Link interesante.
Por certo tendes unhas fotografías moi
bonitas, por qué non me mandades unha fotografía do vomer dun
reo galego para poñer nesta ficha?. A min vai a serme dificil
pescalo...
Seguro que calquera día teño a
fotografía...
Este é o meu email
slorenf@gmail.com
Volver a características.
|