Nome
científico:

Chondrostoma polylepis
( Steindachner ,
1864)
Clasificación:
Reino: animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orden: cipriniformes
Familia: Ciprinidae
Xenero: Chondrostoma
Especie. Chondrostoma polylepis
Ir a
características 
|
Nome galego:

Boga de río, peixe
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Boga, pepa.
Ir a
características 
|
Aclaracións sobre o nome:
Despois de moitas voltas, estas
fichas da miña páxina web distinguen entre o chamado peixe de río a
secas e a boga de río. Estou escribindo dende Ourense, onde según
Argibay a boga chamámoslle peixe, e o escalo boga.
Aclaro as distincións, por suposto
discutibles.
Vou poñer unha fotografía miña da
boga e outra do peixe:

Chondrostoma polylepis ( boga de
río)
Boga pescada no río Navea, na presa dos
Peixes, o día28 de julio do 2001. Tamaño 15 cms. Cebo : bicho
branco.
Por certo o 90% dos peixes que se collen
actualmente neste río son bogas do estilo da fotografía. Unha
magoa xa que penso que o peixe e moito mellor. |

Chondrostoma duriensis ( peixe).
Este é o que eu chamo peixe, pescado no
río Navea, na presa dos Peixes, o día 28 de julio do 2001.
Tamaño 18 cms. Cebo : bicho branco.
Por certo o 10% dos peixes que se collen
actualmente neste río son desta especie, que para mín é fora de
serie. Unha magoa xa que penso que este peixe e moito mellor e
superior a boga.
|

Nesta fotografía, cunha parte dunha pescata
feita polo autor da web, vense casi todos peixes e catro
bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas.
Arriba a segunda a dereita é boga.
Nesta fotografía os peixes e as bogas están
limpas polo que aparecen sin aletas e aberta o corpo.

Esta é unha
boga
para os pescos de Galicia. Por certo menos apreciada que o peixe,
ten moita máis espiña e peor sabor.

Este é un
peixe
para os pescos de Galicia. Por certo con moito mellor sabor que
a boga.
Nesta fotografía os peixes e as bogas están
limpas polo que aparecen sin aletas e aberta o corpo.
Ir a
características  |
Dimensións:

Este dibuxo reproduce bastante ben a boga de
río.
Talla máxima 25 cms.. O normal é que boten 10
cms.

Fotografía dunha boga. S. Lorenzo. Autor da
www.
Viven entre 8 a 10 anos.

Ir a
características 
|
Identificación:

Boca ínfera, case terminal e sen
barbelas. Color castaña-dourada no dorso, máis clara na zona ventral.
A boga é bastante panzurrona, ten unha escama forte ,
blanca é nítida. A súa librea brila.

Boga. Fáltanlle as aletas, que foron cortadas.
Ir a
características 
|
Habitats:
Augas de fluxo lento e encoradas. Tamén se atopa
nos cursos medios dos ríos.
Tamén suben as correntes.
Ir a
características 
|
Alimentación:

Come un pouco de todo, preferentemente
vexetación inda que lle gustan, por suposto, todos os animais
invertebrados. Concretamente o casullo vólveas tolas. É un decir
...
Ir a
características 
|
Desove:

Primaveira - verán. Suben en grandes
bandadas por todo o río e fan a posta en lugares de area e
seixos.
Os paisanos e a xente que entende
chámanlle "a raña" dos peixes. Cando se collen soltan leite, son os ovos
por suposto.
Os machos desenrolan numerosos tubérculos nupciais
moi pequenos por todo o corpo.
Alcanzan a madurez os 3 - 4 anos.
A reproducción fana entre marzo e xuño.
As femias poñen entre 1000 e 8000 ovos.
Ir a
características 
|
Vese nos meses de...

Todo o ano.
A mellor boga é a de principios de maio que é cando
suben os ríos, si temos un encoro por baixo, por suposto.
A boga dos encoros sabe moito a lodo por regra
xeral.

Ir a
características 
|
Interés:

Aguanta moito a contaminación, incluso
a eutroficación das augas. Aliméntase de algas inda que tamén comen
invertebrados acuáticos.
Ir a
características 
|
A súa pesca:
A súa pesca deportiva é doada. Un
anzó do 16 , uns plomos e un corchiño.
Como cebo vale perfectamente o bicho do casullo ou
o gusano da carne o asticot. Turran bastante .
Persoalmente prefiro o chamado
peixe,
paréceme máis sabroso que esta boga.
Este é o que chamamos peixe en Ourense.
O peixe ten menos espiña e si é pequeno cómese
todo. A boga pola contra ten máis espiña, hai que ter cuidado. É menos
sabrosa. É certo que si se cociñan ben,
as bogas, poden resultar sabrosas, o modo de Ourense é moi
rico: con sal, allo, perexil, pimentón e aceite, todo moi ben
revolto e logo fríense derretindo previamente un pouco de
unto no aceite. (Argibay).
Ir a
características  |
Protección:

Según o libro recientemente publicado,
febreiro do 2001 "Atlas y libro rojo de los peces continentales de
España" está especie non está amenazada
pero reducirase nun 20% os próximos anos debido á introdución
nos nosos ríos de especies exóticas como a carpa e outras.
Ademais as
minicentrais e encoros ( en Galicia non paran, a Xunta en xulio do 2001
ten previsto facer 34 encoros e 100 minicentrais ata o 2010, unha
desfeita auténtica) , a extracción de áridos, o mal uso dos regos
no verán que deixan os ríos secos e morre todo canto hai, e sobre todo
a contaminación galopante rebaixaran o número de bogas nos próximos
anos.
Ir a
características 
|
Fotografías:
Mándame Marco Arruda estas fotografías
da Chondrostoma Polylepis, dime que son do río Tejo :


Moitas gracias polas fotografías Marco.
Pola miña banda incorporo posteriormente as seguintes:

Grupo de peixes e bogas xa limpas para comer...

Boga. (Sin aletas)

Peixe.(Casi sin aletas)
Ir a
características 
DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

BOGA DE RÍO
A boga de río habita casí todos os ríos galegos,
quizás sexa menos común na provincia de Lugo, salvo o Miño, e máis
común en Pontevedra e Ourense.
Dende logo hai moitas no Tambre, Ulla, Umia , e no río
Miño. A
boga abonda moito máis que o peixe ou escalo. Soporta a eutrofización
das augas e de feito aliméntase de algas, sobre todo cando xa ten anos.
Vai polo tanto para arriba e cada día hai máis.
Ir a
características 
O PEIXE (
OUTRO TIPO) Cando vou de pesca "ó peixe" , a lugares como Leboreiro, Chandrexa de
Queixa, etc. , á volta, na miña cesta veñen dous tipos de peixes:

Chondrostoma polylepis ( boga de
río)
Boga pescada no río Navea, na presa dos
Peixes, o día 28 de julio do 2001. Tamaño 15 cms. Cebo : bicho
branco.
Por certo o 90% dos peixes que se collen
actualmente neste río son bogas do estilo da fotografía. Unha
magoa xa que penso que o peixe e moito mellor.

Chondrostoma duriensis ( peixe).
Este é o que eu chamo peixe, pescado no
río Navea, na presa dos Peixes, o día 28 de julio do 2001. Tamaño
18 cms. Cebo : bicho branco.
Por certo o 10% dos peixes que se collen
actualmente neste río son desta especie, que para mín é fora de
serie. Unha magoa xa que penso que este peixe e moito mellor e
superior a boga.
Agradezo a axuda recibida dende Portugal
para aclarar o nome destes peixes.
Nota : efectivamente
no seu día recibín dende Portugal unha aclaración no sentido de que o primeiro (a boga) é
un Chondrostoma polylepis e o segundo (o peixe) é unha subespecie
chamada Chondrostoma polylepis duriense.
Agradezo esta aclaración.
Fago
unha nova ficha efectivamente deste peixe, que para mín é dos
mellores. Por certo
está información está confirmada no libro "Atlas y libro rojo de
los peces continentales de España" de I. Doadrio e avalado polo
Ministerio de Medio Ambiente de España e o CSIC ( Consello superior de
investigacións científicas). Xulio 2001.

Nesta fotografía, cunha parte dunha pescata feita
polo autor da web, vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas
teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda á dereita é boga.
Nesta fotografía os peixes e as bogas están limpas
polo que aparecen sin aletas e aberta o corpo.

Esta é unha
boga
para os pescos de Galicia. Por certo menos apreciada que o peixe, ten
moita máis espiña e peor sabor.

Este é un
peixe
para os pescos de Galicia. Por certo con
moito mellor sabor que a boga.
Nesta fotografía os peixes e as bogas están
limpas polo que aparecen sin aletas e aberta o corpo.
Ir a
características  |