Alosa alosa.
Sable. (Sábalo).

Era un peixe que subía polo
río Miño e o
río Ulla, entre outros. No río Miño chegaba a Lugo. Hoxe (ano 2013) non
ó deixa Fenosa (actualmente Naturgy) subir, quédase no encoro de Frieira e por suposto
cada día entran menos no baixo Miño.
O sable era, según Eliseo Alonso, o peixe
símbolo do río Miño, tanto polas súas derivacións
socio-económicas como polo mundo da pesca.
Tiñan, algúns
exemplares, máis
de 40 cms e sobre 3,5 kg a 4 kg.
En peligro de extinción en tódolos ríos galegos.
A contaminación, os encoros e unha
política nefasta cós ríos, están a facer que o sable prácticamente non
exista.
Características.
Dicen, os que tuveron a sorte de telo no plato
para comer, que o sable do río Miño, era exquisito de sabor;
da categoría do salmón.
“Boa é a troita, millor o
salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.
Saír.

O sabel:
características

Modificado
-->28/06/2022 Saír.

Nome
científico:

Alosa alosa (Linnaeus 1758).
Reino: animalia.
Clase: actinogterygii
Orden: Clupeiformes
Familia: Clupeidae.
Género:
Alosa

Sabel. (Descoñezo o autor da fotografía)
Ir a
características 
|
Nome galego:

Fotografía Mincn
Sable , tamén sável ( Portugués). Sábalo.
Sabre.
Tamén foi chamado "Cocho do río".
Tamén "Samorja"
si pesaba menos de tres quilos.

Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Sábalo, sábalo del Miño.
Nota:
Fotografía Eliseo Alonso, sacada do seu libro
"Pescadores del río Miño" 1989. Mostra un sabel, un peixe que era o
máis importante do río Miño.
Outros nomes
Castellano: |
Sábalo |
Italiano: |
Cheppione |
Francés: |
Slose vraie. Poisson de mai.
Allache |
Inglés: |
Allis Shad |
Alemán: |
Maifisch |
Galego |
Sable, sábalo, cocho de río |
Vasco |
Kodaka |
Catalán |
Guerxa |


Ir a
características 
|
Dimensións:

Pode botar ata 83 cms os 10 anos e
4,5 kg. de peso. O
normal son 35-40 cms con pesos entre o 1 kg. e 4,5 kg.

Na pesca no baixo Miño, en tempos, soio se
collían exemplares superiores a 3,5 kg. de peso.

Nesta fotografía sacada do libro
Ribeiras del "Baixo Miño" 1997 de
Praxiteles González vese a un pescador, Plácido
Martínez mostrando tres "promesas" que lle corresponderon na pesca
do día. As "promesas" son tres sábalos de máis de 3,5 kg. Cando nun
lance a rede traía máis de 20 peixes eran dúas "promesas" si ademais
traía un salmón era unha máis. Os menores
de 3 kg. llamabanse "samorjas"
Ir a
características 
|
Identificación:


Dorso azúl verdoso, azúl crisaceo ou
azúl celeste, flancos e ventre de color branco platexado (as veces con reflexos dourados), 1 mancha negra na marxen superior da fisura
branquial ( seguida as veces por 1-7 manchas negras máis pequenas e
desteñidas).

Normalmente unha mancha grande e visible xusto
onde a apertura branquial. Ollos con párpados adiposos. As escamas
son grandes. Non ten linea lateral. O corpo é moi comprimido
lateralmente e ancho. A aleta caudal é moi característica.
Tamén a linea media ventral forma una
quilla máis ou menos patente. (Pode observarse polo menos nesta
fotografía).
Ten dúas escamas alargadas na base da aleta
caudal que son características típicas das alosas.

Nesta fotografía vese o aspecto xeral do
sable.
A aleta anal ten 21-27 radios, a dorsal 19-21 ,
etc...sigue a descripción... Realmente as descripción de Silvio Bruno
e Stefano Maugeri son incríbles do detalle que dan...merece a pena
velas.
As veces pode ter máis manchas:

Neste caso ten unha moi pronunciada, que é
típica, seguida de sete máis ou menos claras.
Nota: pódese confundir a Alosa alosa (ou sable en galego) cóa Alosa fallax (sabela ou zamborca en galego), xa que son moi parecidos.
Diferencias sable-sabela.
 |
A Alosa alosa, o
sable, é normalmente máis grande, as escamas
máis visibles, a cola é distinta, a liña lateral
inexistente e dende o medio para atrás parece unha
quilla. Presenta normalmente unha soia mancha negra
postopercular, que nesta fotografía se ve perfectamente.
Ten tamén branquispinas moi numerosas entre 85 a 130 e
máis longas que os filamentos branquiais.
|
 |
A Alosa fallax, a
sabela ou zamborca, é máis pequena pero máis
robusta. O aspecto é distinto. Ten unha mancha negra na
parte lateral superior do corpo, pero logo
presenta de 5 a 10 manchas que disminuen de tamaño o
longo do corpo. Ten tamén branquispinas pero son curtas
e o seu número varia de 30 a 60, ou sexa que ten a mitade.
|
Ir a
características 
|
Alimentación:

Aliméntase sobre todo de crustáceos
pelágicos planctónicos cando está na mar.
O Sabel sube os ríos cando é maduro cousa que
acontece con catro anos máis ou menos.
No río, aparte de animais pequenos, como as pulgas, no baixo Miño,
tamén non desprecia os peixes pequeniños, así
como pequenos animais...
Ir a
características 
|
Habitats:
Viven no mar e soben a desobar os ríos,
son o que se chaman anádromos. En Galicia soio se ven algúns na zona
baixa do río Miño, no Umia e no Navia.
Bueno, rectifico, no río Umia, co
encoro de Caldas e cós últimos desastres de contaminación xa lle poden
decir adeus ao sabel.
No río Miño únicamente ata Frieira. Pero moi
poucos xa que o encoro de Frieira no lle gusta a esta especie. E non lle
gusta xa que os encoros baixan moito a temperatura da auga,
fundamental para esta especie. Por suposto tamén a contaminación non
anima os sables a desovar no río Miño. Aparte nos encoros non deixan
subir a desovar a esta especie.
En tempos colleuse sabel no río
Miño en Ourense. Casi nada...
Hai constancia de atopar sábalos no
río Miño en Lugo.
Según Cornide 1788 o sables
chegaban poo río Sil ata Ribs de Sil
Penoso.
Hoxe, ano 2013, a xente do Baixo
Miño sabe que o sábalo desapareceu casi totalmente. As razóns hai varias
pero en primeiro lugar as grandes presas como Frieira, Castrelo que fan
que a temperatura da auga non sexa a adecuada. O sábalo non sube por
esas augas. Ademais a contaminación fai o resto.
O sábalo era abundantísimo no río
Miño, nos anos de abundancia e soio co método de rede do "alxarife" as
capturas podían superar as 30.000 exemplares. esto botaba un peso
incrible xa que neste sistema de pesca soio se quedaban na rede os que
superaban os 3,5 kg. O lector que multiplique...
Ese número quédase corto xa que o
sábalo tamén se pescaba ó trasmallo polas noites e tamén entraban algúns
nas lampreeiras.
Era unha riqueza incrible para
todos.
Ir a
características 
|
Desove:

A freza ten lugar de febreiro a xuño e en
xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores , os
adultos revelan a súa presencia gracias a axitacións moi visibles na
auga.
O sábalo alcanza a madurez sexual
os catro cinco anos.
Suben ata augas máis templadas e
dende logo limpias, desovan e a maioría morren.
O sable pón 50.000 ovos por kilo de
peso.
A temperatura da auga ideal está
entre 17 a 18º cousa sumamente dificil cós encoros, que enfrian
moitísimo a auga do río Miño e outros.
Os ovos, deposítanse sobre o fondo e logo a deriva. Eclosionan o
cabo de 4-5 días. Os novos unha vez que alcanzan unha lonxitude de
8-12 cms, abandonan as augas doces entre os meses de agosto e octubro e
permanecen no mar ata alcanzar 30-40 cms. A continuación suben e volve
a comenzar o ciclo.
Fan ata desplazamentos de 700
km. Outra data importante é que o sabalo desova onde naceu.

Este é o seu ciclo, dibuxo tomado da páxina migramiño:

Ir a
características 
|
Vese nos meses de ...

Na primaveira e no verán víanse a
centos, dicen, na zona de Barbantes- Estación e incluso en Ourense. Eu na miña vida
vín ningún, salvo en fotografía.
Dice o meu amigo e peluqueiro Caride
(decía xa que morreu no 2007, D.E.P. ) , un entendido
da pesca do río Miño (a súa nenez pasouna xunto a Melias e o seu
pai tiña unha barca para pasar o río ) que vía a centos na zona de
Mélias, Barra de Miño e os Peares, denantes de facer os encoros.
Hoxe é unha mágoa xa que non
existen nesas zonas e o parecer en todo o río Miño. Os encoros de Fenosa
(Naturgy)
sobre todo o de Frieira, Castrelos e Velle remataron coa especie. As augas saen frías e o sabel non sube. Pobreza a cambio dun progreso
que non e tal para Galicia. Por suposto tamén a contaminación do río
Miño ten bastante que ver.
Triste a poesía que se sabe na
zona:
Riveiras do río MIño
lugar onde me criei,
herdeite de meniño
nada ós meus de ti deixei.
Ir a
características 
|
Interés:
A súa carne é de calidade media (son
moito millor o parecer os exemplares de río),
a súa carne véndese fresca, afumada ou seca e tamén se transforma en fariña de
pescado.
Hai xente que dí que o sabel,
de río por suposto, tiña
unha carne exquisita, pescado azul de calidade do salmón.
Ademais parece que ao carecer de
aparto dixestivo o sabel e todo el comestible.
O parecer as femias tiñan no
ventre as "millaras" que eran os ovos do sabel e seica eran da
calidade do caviar. Os machos tamén poseen unha especie de fígado,
llamado "leiteiras" (esperma) tamén moi sabrosos e nutritivos.
O sabel sempre foi, tamén para
os romanos un peixe de moito valor, fonte de riqueza e alimento de
primeira calidade.

Nesta fotografía sacada do
libro Ribeiras del "Baixo Miño"
1997 de Praxiteles González
vese un grupo de pescadores do Baixo Miño, , pescadores
de alxarife (tipo de pesca con rede grande), son a "Quebrada de
los Labucos".. A todos lles corresponden "promesas"
polo tanto a
captura de ese día superou os 500 sábalos. Observar os
exemplares que levan pra casa.
A súa pesca deportiva ten moita
importancia, por exemplo en Francia.
“Boa é a troita, millor o
salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.

Outra quebrada e todos con
"promesas". Estas fotografías xa son historia...
Ir a
características 
|
Protección:
Ninguna.
Está abandonado a súa sorte.
Eu penso que e un peixe totalmente descoñecido
polo galegos que non sexan ribeireños dos grandes ríos galegos..
Os encoros está clarísimo que desgracian esta
especie. A contaminación tamén lle afecta.
Cando se fan estudios de impacto ambiental non se
ten en conta, pois xa ben...o que se pode estropear nun río cun
encoro ou cunha minicentral... Claro que o progreso... a enerxía...
Pois ben señores, o progreso non está reñido coa
conservación das especies... hai que gastar os cartos... hai que ser
máis respetuoso co mundo... é a nosa vida.
É un peixe que está protexido polo anexo III do
Convenio de Berna . "Especie de fauna protexida".
¡¡¡¡ Pero esto non sirve para nada !!.
Importante ano 2020
Proxecto MigraMinho
Actulmente no proxecto MigraMinho-Miño que se está a levar sobre o
río Miño e no que interven a Unión Europea, Portugal e España,
estase tratando de recuperar no Baixo Miño o Sable.
Ver este link.
Ir a
características 
|
Interés
económico:
O sabel foi chamado "O
cocho do río" por varias razóns: primeiro pola cantidade de
cartos que deu a súa pesca e segundo pola exquisitez da súa
carne e a súa abundancia.
“Boa é a troita, millor o
salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.
Vexamos algúns datos que demostran dabondo o
anterior:
O jesuita portugués P. Joaquin da
Silva daba a cifra en 1914 de 100.000 sabel anuais.
En 1932 en tres horas e media
pescou un pescador 3.600 sables cun promedio de 3 Kg por peixe.
Na década de 1.920-1.930 capturábanse no
río Miño un promedio de 145.000 exemplares de sabel ó ano.
( Dato
sacado da revista Trofeo Pesca de octubre do 2000 , artículo firmado
por Benigno Elvira, da Universidade complutense de Madrid).
Hoxe, dice Eliseo Alonso no seu
libro sobre o río Miño apenas se pescan na parte española 200 sables.
1989.
En algún lugar o sable tiña por nome o cocho do río, non me
estraña. Por suposto hoxe non é o cocho dos ríos...
No ano 2.000 : as capturas foron prácticamente cero.

Noutros paises como Francia, por exemplo, o Sable move
moito a pesca deportiva.

Nesta fotografía sacada do libro Ribeiras
del "Baixo Miño" 1997 de Praxiteles
González vese a un pescador, Plácido Martínez mostrando tres
"promesas" que lle corresponderon na pesca do día. As "promesas" son
tres sábalos de máis de 3,5 kg. Cando nun lance a rede traía máis de 20
peces eran dúas "promesas" si ademais traía un salmón era unha máis.
Eran anos onde se pescaban máis de 30.000 exemplares de 3,5 kg ou
superior.

Outra quebrada e todos con
"promesas". Estas fotografías xa son historia...
Para rematar vexamos esta estadística sacada de datos da Garda
Civil e relativos únicamente o Baixo Miño:

Trátase dos anos 1941 a 1945 figuran de blanco os
sables pescados ou comprados por Portugal e en negro por España.
Observar a burrada de kg. que se pescaban únicamente usando a rede
alxarife, nesta estadística non está o uso do trasmallo que se facía
pola noite. Noutro dos datos está o valor
aproximado en pesetas. A estadística non está ben feita xa que
aparece o precio por kg. cada o precio dábase por peza. Correxindo
este dato e por poñer un exemplo sae unha media de 7 pts. por peza
no ano 1944. Lembrar que os sábalos daban un mínimo de 3,5 a 4 kg.
por peza. Nota: hoja sacada del libro
"Riberas del Baixo Miño" de
Praxiteles González.
Ver esta estadística desde 1914 ata 2011, fonte
capitania do Porto de Caminha, datos soio de Portugal:

-------------------------------------------------------------
Triste a poesía que se sabe na zona:
Riveiras do río MIño
lugar onde me criei,
herdeite de meniño
nada ós meus de ti deixei.
Ir a
características 
|
Solucións para esta especie:
Para a recuperación de esta especie
sería necesario (dice Benigno Elvira) rehabilitar as vías
migratorias, acondicionando as presas con pasos eficaces para o remonte
de reproductores río arriba e para o descenso dos novos cara o
mar. Asimismo, resulta imprescindible a mellora da calidade da auga nos
tramos baixos e nos estuarios.
¡¡¡¡ FENOSA - IBERDROLA TOMEN NOTA!!!.
Fenosa hoxe xa se chama Naturgy, outra forma de
desimular que ben pouco fai pola natureza...a pesares do nome.
¡¡¡¡A Consellería de Medio Ambiente, na miña
modesta opinión, debera defender os ríos galegos e non os intereses de
estas empresas, auténticas depredadoras dos ríos galegos!!!! (ano 2001)
O progreso non ten que desfacer a natureza, si o
fai non é progreso.
No ano 2013 a Xunta de
Galicia defende as hidroeléctricas, claramente. Estas cuestións dos
ríos, ó que desaparezan especies como o sábalo tenlle a
Xunta sin cuidado, é o progreso dicen.... Un precio que hai que
pagar.
Evidentemente para calquera que
pense un pouco darase conta da falsedade destas afirmacións...as
cousas poden e deben facerse mellor e compatibilizar o progreso coa
vida e fauna...e cuestión de vontade e de diñeiro...o
demais está claro a pouco que se tire da corda...
Ir a
características 

Fotografía Eliseo Alonso, sacada do seu libro
"Pescadores del río Miño" 1989. Mostra un sable, un peixe que era o
máis importante do río Miño.
El mismo dice sable, savel ou sábalo do río Miño.
Saír.
DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

Mapa distribución Xunta de
Galicia 1999. Observar que o sable chegaba a Lugo e
subía polo sil ata a Labrada polo menos. Hoxe
este mapa xa non é correcto, o sable xa no existe no
río Miño, salvo exemplares esporádicos.
SÁBALO

|
O Sábalo prácticamente xa non existe en Galicia, está
limitado a parte baixa do Miño, ata Frieira, algún no Umia e algún no
Ulla na parte baixa.
No baixo Miño prácticamente
xa non suben, datos de 2013.
O resto únicamente no río Navia na parte
baixa. Tamén no río Eo ata a presa de Abres.
Unha pena. Está en peligro de extinguirse. A culpa?:
os encoros mal feitos e que non pensan na natureza; a contaminación e a
pesca intensiva.
Progreso mal entendido...
|
Subir.

O
sábalo no Ribeiro.

Fotografía Eliseo Alonso, sacada do seu libro
"Pescadores del río Miño" 1989. Mostra un sable, un peixe que era o
máis importante do río Miño.
El mismo dice sable, savel ou sábalo do río Miño.
Conta Luis Domínguez Castro no libro "Viños,
viñas e xentes do Ribeiro", editado por Xerais en 1992:
..."Nesta época preferroviaria o único peixe
fresco consumido procede dos ríos: sábalos, salmóns, lampreas, troitas,
anguías...aparecen na mesa do señor. Ocupa un lugar de privilexio o sábalo,
un peixe moi apreciado no Ribeiro onde o dito popular afirma que "Marzo e
abril para min, maio para o criado e en San Xoán para o Can"..."
Luis Domínguez fala de finales do século XIX
antes de 1881 que foi cando chegou o ferrocarril ao Ribeiro, concretamente a
Ribadavia, onde a partir de ese ano xa chegaba tamén peixe fresco
diariamente...
O sabel sempre foi, tamén para
os romanos un peixe de moito valor, fonte de riqueza e alimento de
primeira calidade.
O sábalo subía polo río Miño, naqueles tempos,
ata Lugo, e polo Sil ata a Labrada. Hoxe límítase a subir polo Miño
nos primeiros kms.
Eran tempos...

Nesta fotografía sacada do
libro Ribeiras del "Baixo Miño"
1997 de Praxiteles González
vese un grupo de pescadores do Baixo Miño , pescadores
de alxarife (tipo de pesca con rede grande), son a "Quebrada de
los Labucos".. A todos lles corresponden "promesas" polo tanto a
captura de ese día superou os 500 sábalos. Observar os
exemplares que levan pra casa.
Lembrar finalmente o dito:
“Boa é a troita, millor o
salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.

Outra quebrada e todos con
"promesas". Estas fotografías xa son historia...
Saír.
A pesca con rede do sabel.
Información sacada do libro de
Eliseo Alonso "Pescadores del río Miño", tema
ao que dedica todo
un capítulo, concretamente os chamados "Legendarios alcharifeiros":
A pesca de día utilizábase o
alcharife que é a rede que se ve na fotografía e pola
noite o trasmallo.

A pesca con
Alcharife ou Alxarife,
era considerado
polos pescadores do río Miño como a rede máis noble. O Alxarife
ó parecer xa era usada polos romanos no río Douro.
A fotografía está sacada
do libro "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso, que é tamén
o autor da foto. Esta rede era usada para a pesca do sábalo e do
salmón inda que podía caer tamén escalos e troitas.
A rede tiña unha
lonxitude entre 120 a 160 metros e era extendida polo ríos por
medio de barcas e bastante xente na beira, xa que formaban unha
especie de copo e o arrastre era manual. Eliseo Alonso dedica
varias páxinas do seu libro a esta arte que era incrible.
A malla era de 12 cms,
polo tanto soio pescaba sábalos ou salmóns que superaran os 3,5
kg.
-----------------------
Pola noite utilizábase a
pesca con trasmallo:

Trasmallo ou tresmallo.
O trasmallo era
a que se utilizaba pola noite, para a pesca do sabel. . Tamén se chama tresmallo. Trátase dunha rede, que se utiliza
preferentemente no mar, para pescar besugos, fanecas e
salmonetes. As veces tamén nos ríos como una pesca o fondo. Ten
tres panos, dous exteriores. O central ten a malla entre 1,5
cms e 3 cm. As exteriores son máis grandes. A rede mide entre 20
a 50 metros as que se utilizan no mar, pódense unir varias. O
alto vai entre dous a tres metros. As dos ríos son máis pequenas.
Vai con chumbos no fondo ou saquetes de area, que se chaman pandulleiros. A
parte de arriba leva cortizos e chámase cortizada. O
peixe queda preso nunhas bolsiñas que fai o mismo peixe o mover
a rede do medio. Estas bolsiñas chámanse rufos.

Nesta fotografía sacada do
libro Ribeiras del "Baixo Miño"
1997 de Praxiteles González
vese un grupo de pescadores do Baixo Miño , pescadores
de alxarife (tipo de pesca con rede grande), son a "Quebrada de
los Labucos".. A todos lles corresponden "promesas" polo tanto a
captura de ese día superou os 120 sábalos. Observar os exemplares que levan pra casa.
A pesca do sabel estaba regulada
polo "Reglamento de pesca do Río Minho" de 17/05/1897 e
iniciabase o 15 de febreiro ata o 30 de xuño. Daquela estaban
permitidos o trasmallo pola noite e o alcharife polo día.

Outra quebrada e todos con
"promesas". Estas fotografías xa son historia...
Decir para rematar que a pesca do sabel
é a que mais mermou no río Miño, as presas de Fenosa (hoxe
Naturgy) teñen totalmente a culpa polo menos nunha gran porcentaxe,
por outra banda, por suposto a contaminación.
P. Joaquín da Silva Tavares fala dunha
pesca superior anualmente os 100.000 exemplares, entre 1914 e
1926. Vamos "O pai Miño" sin lugar a dúbidas.
Pola década dos anos 1940 a quebrada
dos mariñeiros de A Guarda logrou nun só lance 700 sábels, cun
promedio de 3 kg. por unidad.

O Sábel é o peixe simbolo do río
Miño, tanto polas súas derivacións socioeconómicas como polo
mundo da pesca. Texto e fotografía de Eliseo Alonso. Libro
"Pescadores del río Miño".
En 1989 Eliseo Alonso xa escribe sobre
200 sábel ao ano, casi nada.
Descoñezo a estadística actual no 2020
pero podo imaxinala. Un desastre.
Saír.
|
|