Liza
ramada.
Muxo. (Mugil)

Os muxos son peixes que se atopan no interior
das rías galegas e que as veces soben tamén polos ríos.
Este muxo ( Liza ramada) é o que máis penetra nos ríos sobre todo
nos meses de xullo e agosto, así o dito:
" muxo ouro cando o
pan vai louro" .
En agosto do 2000 vín muxos en Frieira,
no río Miño, xusto a pe do encoro.
Incríble que suban tanto.
Ver
as características.
Saír.

Liza ramada. MUXO.
Saír.

Nome científico

Liza ramada
Clasificación:
Clase: actinopterygii
Orden: mugiliformes
Familia: Mugilidae
Xéro: Liza
Especie: Liza ramada.
Ir a
características 
|
Nome galego:

Muxo, capitón, albur, etc.
Ir a
características 
|
Nome
castelán:

Múgil.
Ir a
características 
|
Dimensións:
Pode botar ata 50-70 cms. ( A media
está entre 25 e 40 cms.)

Dibuxo do muxo
Fotografía do muxo: Liza aurata.
Poden botar un peso de ata 5 kg.
Ir a
características  |
Identificación:
Os muxos son peixes que se atopan no interior
das rías galegas e na costa e que no verán soben tamén polos ríos.

É un peixe inconfundible. A manchiña
dorada que se ve nos opérculos é típica deste peixe.

O maxilar é invisible ou casi coa
boca pechada. A marxen inferior do preorbital é pouco curvo ( casi
recto), o espacio xugular é ovalado. As escamas que ten na linea
principal están entre 40 a 47.
A primeira aleta dorsal ten 4 radios
espiñosos, a segunda ten soio o primeiro radio espiñoso.
Repito detrás do ollo aparece unha
pequena mancha dorada.
Ver na fotografía:
Liza ourata.
Este muxo é o que máis penetra nos ríos sobre todo
nos meses de xullo e agosto, así o dito " muxo ouro cando o
pan vai louro" .
O muxo é fácil de identificar,
na parte central é redondeado e moi estiloso na parte de atrás. O
párpado é adiposo. As aletas tamén son moi significativas:

As de arriba está claro que as
primeiras son espiñosas. As pectorais a primeira é redondeada e a
segunda escotada.
Hai xente que os confunde coa lubina
pero eu penso que claramente se diferencia (boca, corpo, aletas, etc.).
Ir a
características 
|
Alimentación:

Realmente comen de todo:
algas, larvas de insectos, crustáceos, restos orgánicos, etc.
Ir a
características  |
Habitats:

Fotografía de Meyer.
Viven no mar e suben polo ríos moitos
kilómetros. De feito vin muxos no pe da presa de Frieira no río Miño,
cando ata a desembocadura hai moitos kilómetros.
É unha especie gregaria que frecuenta, polo tanto
as costas. Vive en grandes bancos.
Ir a
características  |
Desove:

O desove faino únicamente no mar.
A freza pode ter lugar durante todo
o ano.
Ir a
características 
|
Interés:

É unha especie moi coñecida pola
xente, sobre todo xa que aparece subindo os ríos, na foz do río, nos
portos, etc.
Aguanta moitísimo a contaminación das
augas.
Este muxo ( Liza ramada) é o que máis penetra nos ríos sobre todo
nos meses de xullo e agosto, así o dito " muxo ouro cando o
pan vai louro" . O dito típico pola zona de Padrón indica
en que época sube o muxo, neste caso polo Ulla e os ríos da zona.
Muxo ouro: a manchiña cor ouro.
No verán : cando o pan vai louro.
Ir a
características  |
Outros
muxos:
Hai varios tipos dos que soben polos ríos: o muxo negro (
Chelon labrossus) tamén chamado Corcón e Taiña

Fotografía do Chelon labrossus de Luquet. D.
o muxo saltón
(Liza aurata)

Liza aurata. Fotografía.
O muxo común ( Liza ramada ) tamén chamado
Capitón e Albur :

que é o descrito nesta ficha.
Ir a
características  |
Curiosidades da súa pesca:

O muxo é un peixe moi desconfiado,
enseguida se asusta. A súa pesca hai que facela con cebo e anzós
pequenos. Come de todo.
A súa carne deixa moito que desexar,
sobre todo en portos ou lugares de alcantarillas.
Fora do anterior a carne é boa.
Ir a
características  |
Protección:

Non incluido na lista vermella do UICN.
Ir a
características 
|
|