Alosa
fallax. Sabela. (Saboga).

É un peixe que subía polo río Miño e
o río Ulla entre outros.
Dicen que chegaba ata Ourense. Hoxe non lle deixa subir Fenosa. Dende o encoro
de Frieira xa non sube a desovar. Polo río Ulla inda van subindo...
Acada 40 cms. e un
peso de 2 kg sendo as femias maiores. Son características as súas manchas polo lombo,
unha mancha negra, e de 4 a 9 difuminadas.
Arman moita troula o desovar. Está desaparecendo, desgraciadamente.
Os encoros non lle gustan. Tamén se chama
Zamborca e Sabella.
É da familia das sardiñas, pero trátase dunha especie
anádromas, viven no mar e suben a desovar os ríos.
Características. Saír.

A sabela ou
zamborca:
Características
A Saboga prácticamente xa non existe en Galicia,
pásalle o mesmo que o sábalo, está limitado a parte baixa do Miño,
ata Frieira, algún no Umia e algún no Ulla na parte baixa.
Unha pena. Os encoros mal feitos son a principal
causa de desaparición desta especie en Galicia.
Fenosa (hoxe Naturgy), empresa hidroeléctrica que explota o
encoro de Frieira, Castrelo de Miño e outros, e que presume de
ecoloxista, debera estar gastando algúns dos que gaña en acondicionar
as suas presas para que estas especies salvaran o encoro e sobreviviran.
Por lei debera facelo.
¿ Por qué nono fai ? . Seguro que é máis
cómodo pagar unha cantidade ridícula...de multa...
Pero que non presuma de ecoloxista...que eso é
unha burla os galegos...que coñecemos e amamos a nosa terra.
Progreso mal entendido...


A distribución da Zamborca é unha magoa hoxe.
Desapareceu do río Miño a pouco que había. O mapa é de 1999
Hoxe no 2019 sabemos que a Zamborca ou Sabella
non sube practicamente do estuario do río Miño. Non lle gustan as augas
contaminadas dalgún xeito e menos as que baixan de 18º C. Os encoros
baixan moito as temperaturas das augas.
Estase intentando recuperar no baixo Miño a
Zamborca pero hai moitos problemas, ver esta páxina de
Migramiño.
Ir a características

Nome
científico

Alosa fallax (Lacépède, 1803) .
Clase: actinogterygii
Orden: Clupeiformes
Familia: Clupeidae.
Ir a
características  |
Nome galego:

Sabela. Zamborca. Sabella. Saboga
En Portugal chámanlle savelha.
Ir a
características  |
Nome castelán:

Saboga, Alosa.
Ir a
características  |
Dimensións:

Pode bota ata 70 cms os 7-8 anos. O
normal son 35-40 cms con un peso de 1 kg. inda que pode botar ata 3 kg.
Ir a
características 
|
Identificación:

Especie autóctona.
Dorso azúl verdoso, azúl crisaceo ou
azúl celeste, flancos e ventre de color branco platexado ( as veces con
reflexos dourados), 1 mancha negra na marxen superior da fisura
branquial ( seguida as veces por 4-12 manchas do mismo cor), a aleta
anal ten 20-24 radios ( menos que o sábel) , a dorsal 17-20 ,
etc...sigue a descripción... Realmente as descripcións de Silvio Bruno
e Stefano Maugeri son incríbles do detalle que dan...merece a pena
velas.

Corpo aplanado mais pequeno que o sábalo, inda que
máis robusta.
Pódese confundir o Sable e a sabela.
Diferencias sable-sabela.
 |
A Alosa alosa, o
sable, é normalmente máis grande, as escamas
máis visibles, a cola é distinta, a liña lateral
inexistente e dende o medio para atrás parece unha
quilla. Presenta normalmente unha soia mancha negra
postopercular, que nesta fotografía se ve perfectamente.
Ten tamén branquispinas moi numerosas entre 85 a 130 e
máis longas que os filamentos branquiais.
|
 |
A Alosa fallax, a
sabela ou zamborca, é máis pequena pero máis
robusta. O aspecto é distinto. Ten unha mancha negra na
parte lateral superior do corpo, pero logo
presenta de 5 a 10 machas que disminuen de tamaño o
longo do corpo. Ten tamén branquispinas pero son curtas
e o seu número varia de 30 60, ou sexa que ten a mitade.
|
Ir a
características 
|
Alimentación:

Aliméntase sobre todo de crustáceos
pelágicos planctónicos o mismo que o sábel.
Ir a
características 
|
Habitats:
Na fotografía unha zamborca. A
fotografía é de Pedro Luaña, o que lle dou as gracias.
Viven na mar e soben a desovar os ríos,
son o que se chaman anádromos. En Galicia soio se ven algúns na zona
baixa do río Miño, no Umia, no Ulla e no Navia.
Bueno, é un decir, no Umia dende que fixeron
o encoro no creo que chegue moi arriba...
No Miño únicamente ata o encoro de Frieira.
Hoxe no 2019 sabemos que a Zamborca ou
Sabella non sube practicamente do estuario do río Miño. Non
lle gustan as augas contaminadas dalgún xeito e menos as que baixan
de 18º C. Os encoros baixan moito as temperaturas das augas.
Estase intentando recuperar no baixo Miño a
Zamborca pero hai moitos problemas, ver esta páxina de
Migramiño..
Penoso.
Ir a
características 
|
Desove:

A freza ten lugar de febreiro a xuño, en xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores , sempre
pola noite, os
adultos revelan a súa presencia gracias a axitacións moi visibles na
auga. Os ovos, deposítanse sobre o fondo e logo a deriva. Eclosionan o
cabo de 4-5 días. Os novos unha vez que alcanzan unha lonxitude de
10-15 cms, abandonan as augas doces entre os meses de agosto e octubro e
permanecen no mar ata alcanzar 30-40 cms. A continuación suben e volve
a comenzar o ciclo.
Hoxe no 2019 sabemos que a Zamborca ou
Sabella non sube practicamente do estuario do río Miño. Non
lle gustan as augas contaminadas dalgún xeito e menos as que baixan
de 18º C. Os encoros baixan moito as temperaturas das augas.
Estase intentando recuperar no baixo Miño a
Zamborca pero hai moitos problemas, ver esta páxina de
Migramiño.
É moi posible que únicamente frezen na
desembocadura.
Esquema sacado da páxina web migramiño, que
está loitando actualmente pola Alosa:

Ir a
características 
|
Vese
nos meses de...

Na fotografía unha zamborca. A
fotografía é de Pedro Luaña, o que lle dou as gracias.
Na primaveira e no verán víanse a
centos, dicen, na zona de Barbantes e incluso en Ourense. Eu na miña vida
vín ningunha.
Ir a
características 
|
Interés:

A súa carne é de pouca calidade, según Eliseo
Alonso, a súa carne e pouco apetecible. Ademais o feito de que penetren
no río Miño é porque o sable vai a menos.
Hai outra xente que non está
dacordo có anterior, xustifica plenamente a súa pesca dende o punto de
vista deportivo, xa que turra e se defende moitísimo e incluso no plato,
dicen que sabe ben...
Ir a
características 
|
Protección:

Ninguna.
Está abandonado a súa sorte.
Eu penso que e un peixe totalmente descoñecido
polo galegos.
Os encoros está clarísimo que desgracian esta
especie.
Hoxe no 2019 sabemos que a Zamborca ou
Sabella non sube practicamente do estuario do río Miño. Non
lle gustan as augas contaminadas dalgún xeito e menos as que baixan
de 18º C. Os encoros baixan moito as temperaturas das augas.
Estase intentando recuperar no baixo Miño a
Zamborca pero hai moitos problemas, ver esta páxina de
Migramiño..
Cando se fan estudios de impacto ambiental non se
ten en conta, pois xa ben...o que se pode estropear nun río cun
encoro ou cunha minicentral...
Claro que o progreso...a enerxía...
Pois ben señores o progreso non está reñido coa
conservación das especies...hai que gastar os cartos...hai que ser
máis respetuoso co mundo...

A nivel da UICN está considerada como non catalogada.
Para España é de categoría VU 2cd, ou sexa vulnerable.
Ir a
características 
|
Ameazas:

Categoria mundial UICN : non catalogada.
Categoria para España :VU . Vulnerable ( o u sexa non
está en período crítico neste momento, pero vaino estar no futuro si
seguimos así...).
Está no libro vermello dos vertebrados de España
1992.

Na fotografía unha zamborca. A
fotografía é de Pedro Luaña, o que lle dou as gracias.
AMEAZAS.
A principal ameaza é a sobrepesca sobre todo en
Galicia. Tamén a contaminación de estuarios, a construcción de
presas, extracción de gravas e outras canalizacións.
MEDIDAS DE
CONSERVACIÓN.
A depuración das augas residuais e a creación de
pasos nas presas, adecuados para a especie, son imprescindibles.
ACCIONES PARA A SÚA RECUPERACIÓN EN ESPAÑA.
Ningunha, sí noutros paises europeos onde se
fixeron escalas e ascensores para que emigre esta especie.
Fonte:
Atlas
y libro rojo de los peces continentales de España.
Ignacio Doadrio ( editor).
Consejo
Superior de Investigaciones Científicas.CSIC. Ministerio de Medio
Ambiente. Madrid 2001.

Ir a
características 
|
|