Dicentrarchus labrax.
Robaliza. (Lubina)

É un peixe moi buscado en
Galicia e por suposto en Europa enteira. Habita preferentemente en augas mariñas ou salobres e máis ben de estuario; pero tamén se
adapta as augas doces, desplazándose frecuentemente dun a outro
medio. Nas augas salobres prefire as
lagoas e nas augas doces as veces sube moitos kilómetros remontando
incluso rápidos.
Os pescadores saben moi ben que
este peixe é especial. As veces unha boa cuchariña fai milagros...é si non que llo pregunten o meu amigo e compañeiro
de pesca en outros tempos Oscar Villán, a quen perteñece a
fotografía da esquerda. ( Botou 7 Kg. 89 cms. Foi pescada o día 14-10-95 .
As 20:30).
¡Enhoraboa!
Características.
Saír.

A robaliza: características
Nome
científico |
Nome científico:

Dicentrarchus labrax
Clasificación:
Clase: Osteictios
Orden: Perciformes
Familia:
Moronidae
Xénero
:
Dicentrarchus
Especie:
Dicentrarchus labrax
Ir a características

|
Nome
galego |
Nome galego:

Robaliza, rabaliza, lubina.
Ir a características
 |
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Lubina, robalo, robaliza.
Ir a características
 |
Dimensións |
Dimensións:

O normal está entre 40-70 cms ( pode
medir 120 cms.) e pode botar ata 12 kg. de peso.
Ir a características

|
Identificación:
|
Identificación:
|
A fotografía da esquerda é da lubina
pescada por Oscar, o meu amigo e en tempos compañeiro de pesca
( non descarto volver algún día a lembrar vellos tempos), a da
dereita é unha fotografía do ano 1973 que descoñezo o autor.
|
O dorso é gris ou gris verdoso, ten
unha boca amplia e unha mandíbula prominente. O corpo é oblongo e
lixeiramente comprimido. Non é dificil de distinguir.
Corpo vigoroso, ovalado en forma de huso. Cabeza puntiaguda
coas aberturas nasais pequenas, ollos pequenos e boca grande. A mandíbula inferior é algo prominente.

A primeira aleta dorsal é triangular con catro radios duros, a segunda
é de igual lonxitude e trapezoidal con 1 radio duro e 12 blandos.

Coloración gris plomo, máis oscura
na parte dorsal. Sobre o opérculo ten unha mancha negra.

Nesta fotografía vese perfectamente
a sombra negra xunto o opérculo. Pois ben, esta sombra é un dos
elementos identificativos dunha lubina.
Alcanza un tamaño de hasta 70 cm de longitud.
Para unha descripción máis detallada ve-lo libro de Silvio Bruno onde da todo
tipo de detalles.
Ir a características

|
Alimentación: |
Alimentación:

Cefalópodos , crustáceos, moluscos,
poliquetos, peixes e mamíferos (ratas e ratóns). En fin que come un
pouco de todo.
Os calamares gústanlle moito. Tamén as anguías
sobre todo si son pequenas, defeito, penetra moitas veces nos ríos en
busca destas anguías.
Tamén lle saben moito as sardiñiñas pequenas (5 a 6
cm.), as parrochiñas, pero canto máis pequenas mellor.
Ir a características
 |
Habitats: |
Habitats:
Última parte dos ríos, ou sexa nos
estuarios máis ben tipo laguna si son salobres.
Este peixe sube tamén polo río bastantes
kilómetros arriba, incluso remontando rápidos.
Podíamos decir que é unha especie do litoral que vive sobre fondos arenosos, rocosos ou de guixarros ata os 100 m de profundidade. Frecuenta os estuarios e lagoas
litorais. Cando xoven nada en grupos e de adulto faino en solitario.
Tolera amplias variaciones de temperatura (euriterma) e salinidade (eurihalina)
da agua.
Gústalle moito andar polas praias, con apenas
metros de profundidade, nos rompentes, ahí é onde pesca. Fai caso
omiso de lanchas e embarcacións, é bastante osada e así lle vai as
veces...

A lubina péscase entre outros enganos "o currican"
pondo un peixe ou unha carnada. Vaille todo. É unha depredadora nata...
Ir a características

|
Desove: |
Reproducción - desove

Ten lugar entre febreiro e xuño, reúnense
en bancos. Os ovos, máis de 100.000 por
cada kilo de peso de hembra, son flotantes e teñen un diametro de 1,2
mm e eclosianan o cabo de poucos días. No momento da eclosión as
larvas miden 3,5-4 mm e no curso de 40-60 días alcanzan o estadío de
alevín, fase evolutiva durante a cal comenzan a deambular polas
lagunas e desembocaduras dos ríos.
Non presenta dimorfismo sexual, si ben as femias crecen
máis deprisa e son de maior tamaño cós machos, e teñen a cabeza máis
longa e puntiaguda.
Ir a características

|
Interés: |
Interés:
A súa importancia como peixe, dende logo é xunto co
salmón dos máis apreciados e finos. Xa era famoso na época dos
romanos que prefirían sobre todo os exemplares pescados entre as dúas
pontes do Tiber e chamaban no seu mercado lupi lunati. Hoxe as lubinas
salvaxes e autóctonas xa prácticamente non se collen , é a lubina que
se comercializa é de piscifactoría, dende logo no se pode comparar.
Unha magoa.

Encontrar unha lubina da ría é case un tesouro hoxe
nas pescaderías, e como tal hai que pagalo, pero merece a pena.
A súa carne ten un gran valor. Realmente é moi
sabrosa.
Ir a características

|
Protección: |
Protección:

Ninguna en Galicia.
Deberan pescarse robalizas por riba dos 35 cms.
dimensión dos adultos machos.
En Galicia a lubina ou robaliza pescouse ata con
explosivos. Incrible.
Ir a características
 |
Curiosidades: |
Curiosidades:

Pez moi buscado por todo tipo de pescadores, incluso os
de pesca submariña. ¡¡¡ Por algo será !!!
Cando desova, os ovos flotan na auga cunha gotiña de
aceite.
Os xóvenes andan todos xuntos en bancos. Os adultos
son solitarios.

Os que entenden de lubinas falan de que é un peixe
único polo seu sabor, incluso hai xente que preconiza que se prepare,
sin limpiar, ou sexa coas vísceras, e únicamente con sal. A lubina
ten que ser de bon tamaño xa que as pequenas son todo espiñas... Ou sexa
lubina a sal, xa que así conserva todo o seu sabor. Os lomos da lubina
así preparada son, dende logo, sublimes...
Hoxe a lubina de piscifactoría é outra cousa...
Ir a características
 |

DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

LUBINA |
Algunhos exemplares poden verse nas desembocaduras de moitos ríos
galegos. Por suposto é moi perseguida e está considerada como un
trofeo de pesca extraordinario.
A lubina
pode atoparse en toda a costa galega. |

Ir a características

|