Petromyzon marinus.
A Lamprea.
( Lamprea)


(A lamprea pode medir ata 70 cms.)
Chámanlle en castelán "La
vampiresa del agua" e tamén "La Reina del río".
A Lamprea é un dos
invertebrados máis primitivos e menos evolucionados da terra. Leva
nela máis de 400 millóns de anos. Nace no río, logo crece no mar (anádromos),
tamén vive no fondo dos ríos e do mar (demersal), tolera moio ben a
sal, por eso soporta o río e a mar (eurihalino) e aliméntase de peixes,
ver a fotografía, os que, entre outras cousas, lles chupa
o sangue. Amosa un corpo
cilíndrico e alongado. É unha pena que este peixe non pase do encoro de Frieira, no río
Miño. Era moi abondosa ata fai moi pouco, hoxe sigue sendo moi
apreciada pero cada día
hai menos. Os encoros e a contaminación rematan con ela.
Están censadas, dentro de Galicia, lampreas nos ríos : Eo,
Masma , Ouro, Mera, Mandeo, Anllóns, Ulla, Umia, Deza, Sar, Tea e
Miño.
Gastronómicamente é
moi apreciada por moita xente, como un manxar dos deuses e penso
que teñen razón. Un consello básico: -ir a comer a lamprea con alguén
que lle guste de verdade-.
Ver
Características.
Saír.

CARACTERÍSTICAS.

Subir.

Petromyzon marinus.
(
Linnaeus 1758)

Clase: Cephalaspidomorphi
Orden: Petromyzontiformes.
Familia: petromizonydae
Xénero: Petromyzon
Especie: Petromyzon marinus

Nota:
Decir
que a lamprea, perteñece á orden dos ciclóstomos (boca
redonda) é un dos primeiros vertebrados que apareceron no planeta. O nome
griego de Petromyzon e o latino de Lampreta ven a significar chupador de
pedras, o cal, efectivamente, ten a súa razón xa que a lamprea fíxase
as pedras ou rocas coa súa boca.
(Por suposto de chupar as pedras nada de nada...o que chupa é o sangue
dos peixes, as pedras son unha axuda para que non as leve a corrente...)
A lamprea mariña e unha especie anádroma (nace
e vive no río, vai o mar, e volve o río a aparearse) distribuida no
hemisferio norte entre as latitudes 25ºN e 72ºN. Está citada en
Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia,
Irlanda, Italia, Holanda, Portugal Suecia e Gran bretaña.

Coñécense 41 especies de Cefalaspidomorfos
(que é a clase a que perteñece a lamprea) repartidas polo mundo,
das que 8 habitan Europa. En Galicia é única.

Na fotografía
sensacional de José Luis González, sacada dunha exposición que
fixo en Ourense có título "Ríos de Galicia, Tesouros de
vida", vese unha lamprea chupando, é un decir, unha pedra.
É a súa forma de estar no río.

Esta fotografía, sacada
de internet, e da que descoñezo o autor, é para mín unha das
mellores fotografías que coñezo da lamprea, denota como á
anterior a súa forma de estar no río.
Subir.
|
Lamprea, lampreia,
lamproia, lamparda, lambepedras, peixe dos sete
buratos, chupona de mar, son os nomes que recibe en Galicia.



Subir.
|
O seu nome en
castelán é

Lamprea.
Outros nomes:
•
Catalán:
Lampresa de mar
•
Galego:
Lamprea
•
Vasco:
Itsas-lamproia
•
Portugués:
Lampreia

Ver este pequeno video:
Pulsar este link.
Subir.
|
Pode medir preto do metro. O normal entre 60-90
cms. Como moito pode chegar a pesar entre 2 kg a 3 kg.
Vive sobre nove anos.

Subir.
|
Identificación:

É doada de identificar xa que é un peixe inconfundible.

O corpo é cilíndrico e sen escamas.
Conta con dúas aletas dorsais separadas, a primeira e maior que a
segunda. A segunda xa casi está en contacto coa aleta caudal.

Posee sete orificios branquiais a
cada banda da parte anterior do corpo. Ten na cabeza un orificio
nasal, na fotografía vese perfectamente.

Na fotografía
sensacional de José Luis González, sacada dunha exposición que
fixo en Ourense có título "Ríos de Galicia, Tesouros de
vida", vense os ollos da lamprea.
Os ollos son moi rudimentarios e
atópasen por debaixo da pel.

A boca é unha ventosa. Pechada ten forma de funil.

Fotografía da TVG.
Subir.
|
Alimentación:


Chupa a sangue de outros peixes, tamén chupa os fluídos da degradación dos tecidos de peixes marinos.

A boca destes animais é incríble: posee entre 120-130
lamelas labiais, así como numerosos dentes.
A súa táctica está clara pégase,
gracias a boca, na pel de moitos peixes e chúpalle a sangue e os
líquidos corporais.
Ten un sistema que
é anticoagulante, que evita que a ferida que fai que non se
tapone a ferida.

Na imaxen duas lampreas
una colgada do lombo e a outra metida nas agallas dun peixe.
As veces tamén se alimenta de
carroña.
Teño visto fotografías de peixes,
sobre todo o muxo onde se ven pegadas ao corpo as lampreas.

Na fotografía collida dunha exposición (de feito
vese a miña sombra detrás,ó que non debera quitar méritos a este gran
fotógrafo) vense unha chea de muxos e moitos deles teñen adosado
os seus corpos as lampreas. A fotografía é de
José Luis González.
Subir.
|
Habitat:


É unha especie migradora: nace no
río e os adultos viven no mar como uns 30 meses. Para volver a desobar
os ríos.
Seica no mar viven en profundidades
entre 200 a 300 metros.
A lamprea é típicamente anádroma, é
decir, nacen no río , viven no mar pero veñen a desovar os ríos e morrer. Sobre todo os grandes ríos, ata os encoros. Dende logo, si poden, suben
ata os regatos para desovar en augas puras , osixenadas e correntes (pero xa quedan poucas). Hoxe Fenosa
(Naturgy) primeiro, e
logo Iberdrola, non deixan subir a lamprea, que cada día hai menos e que
se queda no río Miño en Frieira.
Por certo en abril do 2004 falan de facer tres
minicentrais en Arbo, pode ser o final...De momento 2024 non se fixeron,
a que puxeron foi na misma presa de Frieira.
Subir.
|
A lamprea vese
nos meses de febreiro e marzo polo menos pola zona de Arbo.

En realidade sube entre os meses de xaneiro e
maio. As mellores, gastronómicamente falando, son as de febreiro.

Subir.
|
Inimigos.

Os principais problemas que se atopa esta
especie son os encoros, obstáculos insalvables para que os
adultos suban a desovar, a sobrepesca, efectivamente estase a
pescar moitísima lamprea en tódolos ríos lampreeiros de Galicia
por mor do seu precio en moitos restaurantes. Tamén por suposto
o furtivismo e a destrucción sistemática dos habitats fluviais
por dragados e extraccións de áridos, especialmente en zonas de
desenvolvemento larval (COBO, 2009). Tamén as porquerias que se
botan ao río son un auténtico problema, a eutrofización das augas é
mortal para todos os peixes...

Subir.
|
Interés:

Especial. As lampreas son os vertebrados
máis primitivos e algúns científicos nonas consideran peixes. Hai que
pensar que o esqueleto é cartilaginoso, non ten mandíbulas, tampouco
escamas nin aletas pares, as impares atópase pouco desenroladas. As
branquias son diferentes as de outros peixes...etc.
En fin o interés da lamprea é máximo.
É un dos vertebrados máis primitivos e ancestrales da terra, leva
nela 400 millóns de anos...
Subir.
|
Protección:

Tende a desaparecer dos ríos. En Galicia non hai ningunha
política para conservar este peixe, as poucas iniciativas que hai son
folklóricas e de cara a galería e nada efectivas. Que eu sepa, os
políticos galegos, soio se lembran da lamprea nada máis que para
ir a comela a Arbo, Crecente ou mismo na Cañiza (no Reveca, que por
certo a preparaba fora de serie. O Reveca xa non é o que era, problema
de xeneracións e continuidade, unha mágoa ).
Unha mágoa ó que está a
ocurrir cos ríos en Galicia.
Fotografía da TVG. A lamprea no Miño.
Ten sobrepesca na época de pre-freza, tamén a extracción
de áridos vaille moi mal, e non digamos a contaminación e por suposto
as centrais eléctricas. Dificil de
sobrevivir.
A lamprea aparte de comela fresca, consúmese
salada ou afumada.
A categoría para España é de
vulnerable no Libro vermello dos Vertebrados de España (1992), aparece tamén citada
no anexo III del Convenio de Berna 82/72 e no Real
Decreto 1095/89 aparece declarada de pesca especial.
Pouco lle queda...
Subir.
|
Reproducción:

Reprodúcese na primaveira e
ata ó principio do verán en augas doces, pero teñen que ser correntes e ben osixenadas, polo tanto
en Galicia xa quedan moi poiquiñas. Os encoros rematan con todo ó bon.
Ambos sexos pero sobre todo os machos excavan un
buraco de 60 cms de
diámetro entre as pedras do fondo do río onde a femia pon entre 150.000
e 300.000 ovos de cor amarelo e 1 mm de diámetro. A femia fai esta
labor fixada a unha pedra e efectua a posta, o macho, adherido á
cabeza ou o dorso da femia fecunda os ovos á medida que saen. Este
proceso repítese varias veces durante un o dous días.
Os ovos están cubertos por unha sustancia
mucilaxinosa e forman masas que quedan protexidas polos montículos
de pedras; que en Galicia reciben o nome de "morteiros".
Despois da
reproducción os adultos morren. As larvas(chamadas ammocetes) eclosionan o cabo de 10-20
días, dando lugar o que se chaman ammocetes de entre 3 a 4 mm. de
lonxitude e de morfoloxía moi diferente a do adulto. De feito a súa
boca non está transformada en ventosa, o corpo e opaco e son cegos.

Larvas de Petromyzon marinus.
Os ammocetes viven soterrados, en zona de area
fina, durante un período de 4 a 6 anos, ata que acada un tamaño
entre 15 a 20 cms., neste momento dependendo do caudal e condición
das augas sufren unha metamorfosis (a finais de verán, nesta metamorfose que dura de catro a seis meses aparecen os dentes,
os ollos e os rils) e descenden
ata a mar onde permanecen entre 1-4 anos ata 500 metros de profundidade.
A continuación o seu intestino atrofiase e entre decembro e abril
ascenden polos ríos en busca de lugares para reproducirse e así
sucesivamente.
Decir que da súa vida no mar sábese pouco. Si que
crecen entre 400 a 900 gr. e que se supón que se alimentan de sangue
de peixes e de fluídos corporais. Logo ó volver os ríos perden
moitas cousas xa que se desprenden dos dentes, perden visión e
peso, suben a desovar e logo a morrer.
Poden recorrer entre 20 a 850 kms. para
desovar, dende logo non en Galicia que como moito subirán 77 kms. no
río Miño, non máis, Fenosa (hoxe Naturgy) non as deixa...
Resumindo, tomo este esquema do libro "Estado de conservación
das pobacións de lamprea mariña en río de Galicia" do que foi
coordinador Fernando Cobo.

No esquema vese perfectamente o ciclo completo da lamprea
dende que morre no río unha vez que poñen os ovos e estes son
fecundados, nacen os xuvenís e viven no río, ata que seguindo o
sentido das horas do reloxo ten un período no mar e remonta o río
como adulto. É interesante ver este video que na parte final ten como
fan as lampreas o nido e a reproducción, espectacular, o video é
de Aquamuseun de Vilanova de Cerveira.
As lampreas viven sobre 9 anos.
Ver este video
de youtube.
Ver este
outro sobre a reproducción.
¡Sensacionais e imprescindibles videos!
Subir.
|
Curiosidades
da lamprea:
Foto da TVG. A lamprea no Miño.

Lozano-Rey fai un comentario sobre a
importancia das lampreas en tempos, e así refire que en 1908
pescáronse no río Miño, según informe oficial de marina Cervera e
Valderrama unhas 17.000 lampreas.
Hoxe está ameazada a pouca que hai. Fálase no miño do
encoro de Selas, Fenosa ande erre que erre de facerse, si se fai adeus a Lamprea.
Medio ambiente de España dice que non se fará. Pero non me fío,
seguro que presentan outro proxecto e veña.
O miño está esnafrado por
Fenosa, hoxe Naturgy. Xa non é un río é un "mar interior como lle gusta decir
os políticos"..."Deus nos colla confesados"...os galegos e as lampreas do Miño.
Na zona de Arbo, as Neves, etc. inda existe toda unha serie de
técnicas para pescar a lamprea, maila que se está perdendo todo:
pesqueiras, boiteróns, lampreeiras, etc.
A verdade é que os nosos gobernantes non teñen perdón, pasarán
a historia como os "Depredadores do medio
ambiente", si a cousa non cambia radicalmente...

A lamprea é a gran señora do río
Miño, sin dudalo. Por certo o gran Señor era o salmón, hoxe a punto
de desaparecer.
Decir que a lamprea ten unha inxusta
leyenda negra, dicen , xa adianto que é totalmente falso, que os
romanos tiñan fosos con lampreas onde botaban os esclavos vivos e logo
as lampreas lles chupaban a sangue. Por suposto é unha mentira
auténtica e imposible según os expertos. O que si podían ter os
romanos era fosos con morenas, as morenas si teñen unha dentadura ben
armada. As lampreas serían incapaces.
Decir
finalmente que a lamprea, que perteñece a orden dos ciclóstomos (boca
redonda) é un dos primeiros vertebrados que apareceron no planeta. O nome
griego de Petromyzon e o latino de Lampreta ven a significar chupador de
pedras, ó cal, efectivamente, ten a súa razón xa que a lamprea fíxase
as pedras ou rocas coa súa boca; non chupa as pedras, simplemente amárrase
a elas, pero da a sensación... Resultan curiosos algunhos
dos resultados do sensacional estudio feito polo equipo da Estación
de Hidrobioloxía da USC "Encoro do Con" e publicado no libro
do que aparece a portada .

- Os ríos da vertente cantábrica amosan valores
máis elevados en canto a densidade e biomasa. O Eo en concreto o que
máis. Os máis baixos son o Anllóns, Umia, Sar e Lérez.
.-A mellor calidade da auga máis enriquecemento
orgánico máis ammocetes e polo contrario menos calidade disminue.
.- A lonxitude e o peso está
relacionado con parámetros como o hidrodinamismo no sedimento, a
alta osixenación, e o índice de sinuosidade.
.-Seica canto máis o norte en
Europa menos peso e talla nos reproductores da lamprea.
.-A lamprea é unha pena de
vida xa que nace no río, volve a mar e logo ven a morrer o río
pero xa moi enferma, sen dentes, co corazón en mal estado
e ven a reproducirse. Unha metáfora triste...
Subir.
|
Mitos e falsedades sobre a
lamprea:

Seica as
lampreas se levaban a Roma na época dos romanos nos seus trirremes (aqueles
barcos que tiñan os romanos e que constaban de fileiras de tres
remeiros en cada lado do barco...). Esto dende logo costa creelo máximo
cando no século I no máis completo recetario latino, Marco Gavio Apicio
non escribe nin unha soia receta relativa a lamprea. Pero bueno...
Plinio
el Viejo relata na súa Historia Natural que as lampreas do río
Miño eran levadas a Roma en vasixas. Logo aquí remata o relato
ata o século XI. Que pasou neses anos?. Hai un artigo publicado
na Voz de Galicia do día 23/11/2014 que fai mención dunha
investigación da Universidade de Santiago, analizando os
depósitos de area depositados no leito do río, e que
revelan que a actividade das pesqueiras e polo tanto da pesca
das lampreas entre os séculos I e II e o XI tuvo continuidade.
Os
romanos seica eran expertos en salazón. Hai un misterio na
famosa salsa "garum". As lampreas, anguías, troitas e salmóns
eran as principais especies pesqueiras do río que se
suministraban os romanos, tanto por mar como por terra. Non
tiñan problemas de conservación xa que precisamente os romanos
eran expertos na misma. A técnica da salazón é coñecida pero ó
que parece é un misterio é o contido exacto da salsa que
utilizaban co pescado, a famosa "garum". Hai distintas teorías,
pero pouco se sabe. Ó parecer o pescado tiña que estar en pozos
con sal e vinagre e algunhas especies. Galicia se
especializou nesta producción según Ana Goy, doctora en Historia
do Arte na USC.
Ver o artigo completo.
Dicen que
a empanada que devora un condenado no pórtico dá Gloria en
Santiago, seica é de lamprea. Dende logo fai falta ter imaxinación e
moitas máis cousas para chegar a estas conclusións. Ademais eu non
entendo por que non é de anguías, que para mín é moito mellor, anos
luz...
No libro
de Torrente Ballester (La saga-fuga de J.B.) dí que cando non había
suicidios no río que bordeaba Castroforte de Barralla, as lampreas
perdían gran parte da súa exquisitez. Esto non se sostén de ningún xeito
xa que en ningún momento a lamprea se podería alimentar do suicidado. A
lamprea come ó que come, a sangue de outros peixes ou a súa carroña pero
non eso precisamente. Outro mito...
Di
Cristino Alvárez, nun artigo que ven na Voz de Galicia do día
13/01/2007, có título de "Un pez con leyenda negra" , que quedou
mosqueado, e non me estrana, con Pérez Lugín que no libro La casa de la
Troya, fai chegar o ínclito Samoeiro dende a Puebla de Brollón ata a
compostelana pensión de Dª Generosa portando dúas empanadas, unha delas
de lamprea, xusto no mes de setembro. A verdade que costa creelo, pero
bueno...
Subir. |
Pesca da lamprea:
As
pesqueiras do río Miño:
Sobre a pesca da lamprea tendes que ver este
sensacional video de Jara e Sedal
Jara e Sedal. Video.
nel podedes ver todas as técnicas
que se utilizan actualmente nos ríos galegos para pescar este peixe
ancestral, emblemático, misterioso e único que habita os nosos ríos.
Dende as pesqueiras, co
biturón ou butrón, do río Miño, tamén as redes lampreeiras e
cabeceira , as
cangallas postas nos caneiros entre outros do río Ulla, pasando
polas estacadas do río Tea, onde pescan con fisga, ata chegar os baleiros e naseiros do
baixo do río Ulla todo un sistema incrible de artiluxios e sistemas
para pescar este sensacional peixe. O video está comentado de forma
maxistral por Miguel Piñeiro.
Vexamos uns detalles das pesqueiras do río
Miño que son as que eu coñezo:


Así se pescan as lampreas, nas pesqueiras do río
Miño, feitas xa dende o tempo dos romanos. Na fotografía a rede especial
para collelas, que se chama biturón ( butrón ou nasoura).
As pesqueiras (pesquera en castellano) son muros de
pedra, soltas ou calzadas, unidadas por simple gravidade e posteriormente
suxetas por ferro o mortero. Cada muro chámase "cuerpo o poyo"
e o conxunto "pesquera o pesco". O seu asento é sempre na
orilla do río ou o leito rocoso do río.

Entre os dous corpos é onde se coloca o biturón.
Cada "poyo" fai de "antepara" encauzando a corrente e
obligando os peixes a introducirse na rede.
As dimensións son entre 3 a 20 metros
de
lonxitude, 0,60 a 3 metros de anchura e de 1 a 6 metros de altura.

Aquí vese moi ben o viturón.
Fotografía Xunta de Galicia.
Pdf dedicado a lamprea.
A productividade das pesqueras é moi variable,
antiguamente considerábase cun pesco era bon cando daba mil lampreas o
ano...tempos aqueles.

Hoxe no Miño hai sobre 500 pesqueiras.
Estas e outras historias do río Miño
poden lerse no libro sensacional de Eliseo Alonso titulado "Pescadores del río Miño". Un libro imprescindible, editado pola Diputación de Pontevedra en 1989. Neste
libro, na páxina 71 afirma o autor:
"Como estamos viendo, el Miño es
uno de los ríos del mundo con mayor variedad de especies acuícolas -un
verdadero vivero natural- que van camino del exterminio y que, en un país
adelantado, no dudarían en recuperar..."

Na fotografía (do autor desta www) pódese ver un
auténtico río, o río Miño, (por debaixo de onde lle deixa Fenosa, é decir, debaixo
de Frieira). Un río cheo de pesqueiras, ver catro pesqueiras nesta
fotografía.
Profundizar un pouco no tema
das pesqueiras no meu dicionario fluvial:
https://www.rios-galegos.com/venasg6464.htm
Pero, repito, o video é básico.
Jara e Sedal. Video.
Ampliación de datos:

Estadística de lampreas pescadas
según os anos, dende 1910 ata o 2015, chama bastante a
atención. No ano 2009 os portugueses chegaron a pescar
55.930 lampreas. Casi nada.
Sobre a pesca da lamprea copio
estos ditos interesantes:

Subir.
|
Gastronomía:

Fotografía de
Xurxo
Lobato.

Na fotografía Ricardo
González, do restaurante "El Refugio" de La Coruña, seica
que neste restaurante preparan ben a lamprea. Voz de Galicia 03-02-2002.
Gastronómicamente
é moi apreciada por moita xente, como un manxar dos deuses e penso que teñen
razón (un consello: ir a comer a lamprea con alguén que lle guste
de verdade).
O anterior é fundamental, a
lamprea hai que comela con xente que lle guste, si se cumple esa premisa
é un manxar dos deuses.
Simplemente decir que para comer
a lamprea do Miño (ollo que tamén hai lamprea no Ulla sensacional e
pódese comer en moitos lugares entre eles Pontecesures, Pontedeva, Teo
...) hai que ir a Arbo, inda que tamén na Cañiza no restaurante
Reveca son especialistas e teñen moi boa cociña.
Esta é a dirección:

Por certo, non teño comisión, simplemente, trátanme
ben as veces que vou comer a este restaurante. Aparte da lamprea, saben
facer moi ben o bacallao ó forno.
Nota importante sobre o
Reveca:
(O Reveca, que por
certo a preparaba fora de serie, xa non é o que era, problema de
xeneracións e continuidade, unha mágoa. Esto non quere decir que
non a preparen ben, simplmente non son os mismos. ).
Esta é a lamprea:

En Arbo teñen fama a Casa Mezquita (tfno.
986-665186) , a Casa Barcia (986- 665293) , Casa Reboreda (986 - 665459)
entre outros.

Faloume o meu amigo Paxaro, xa fai
máis de quince anos, do
Restaurante Os
pirús, tfno. 986663471, tamén en Arbo, díxome que
era fora de serie. Queda dito.
Xa levo unhas cantas comidas,
decir que todos os anos no mes de febreiro lle facemos unha visita
para comer a lamprea e outras exquisitezes...Moi boa comida tanto
galega como portuguesa...

Comprobado: o Restaurante Os pirus. Sensacional. Nas fotografías o típico: lamprea
estofada, lamprea seca en rollo. Lamprea en empanada. A
cal mellor...

Outra imaxen.

Xa fun varias veces a este
restaurante "Os Pirús", sensacional. Para mín xa é un clásico todos
os anos. Esta fotografía é do 07/04/2021.

Esta fotografía foi sacada por Jose,
Jose e Begoña son os donos do restaurante, por certo Begoña é
filla do dono antigo do Reveca. Nela estamos de esquerda a dereita, Raúl, Secundino (o
que escribe) e Páxaro. Amigos entrañables e compañeiros de pesca
do que escribe.
Aproveitamos tamén para ir de
pesca ao río Deva.
Vou tamén dende fai anos con
Alfonso Amorín e Pepe Varela, amigos entrañables e socios en tempos.
Como sempre en febreiro...
O viño do Condado, da casa, tamén baixa moi ben,
inda que Raúl acostuma a beber cerveza.
O plato de lamprea, que neste caso resultou de "sete estalos",
como sempre, completámolo cunhas fresas maceradas de forma especial.
Realmente foi unha sorpresa o das fresas... a lamprea neste
restaurante sempre está cos estalos que dixen...
Por suposto que hai
moitos lugares en Galicia para comer a lamprea e seguro que
extraordinarios. Eu simplemente falo dos que coñezo.

Fotografía Xurxo Lobato.

Estos son os lugares,en
Galicia, onde podedes comer a lamprea. O mapiña está
sacado da Voz de Galicia do domingo 22 de xaneiro de
2017, con motivo de FITUR en Madrid.
En Portugal hai moi bos
restaurantes para tomar unha boa lamprea, dende Caminha
ata Viana do Castelo podería citar algúns lugares.
Quedai con un nome "Restaurante o Camelo" preto de
Viana, en Portuzelo,
http://www.camelorestaurantes.com , faina
ao forno e
resulta unha auténtica pasada. Por certo hai que
encargala.
Sobre recetas e formas de
preparala non é este o lugar de tratar o tema xa que non teño nin idea.
Eu a lamprea únicamente a tomei cocida a lume suave coa salsa especial
feita co seu sangue (aparte de cebolas, allos, xamón, especies, clavo
e un longo etc), e logo servida con arroz blanco e picatostes (máis ou
menos como se ve nas fotografías anteriores). O que se chama vulgarmente "Lamprea
á Arbense".
(Ver a receta completa máis abaixo). Está fora de serie... Por certo un viño tinto mencía, ou un condado
tinto, vaille moi ben (inda que, cun rioxa ou ribera de Duero tamén combina
marabillosamente...). Tamén decir que ollo: un plato con angulas, lamprea a
arbense, unhas filloas ou leite frita e un viño tinto da zona, podedes
deixar uns cantos euros... (sobre 55 € (ano
2002), podedes levar un susto...).
No 2024 non vos chegan 100 € nin de bromas...(as angulas soio poden
valer 100 € a ración...)
Como alimento a lamprea é un peixe azul moi
rico en graxas. Ten moitas proteinas aparte de vitaminas A e D, B1 e B2.
Dicen, eu nona probei, que a
empanada de lamprea é exquisita, pero actualmente a lamprea prepárase
de moitos xeitos: a brasa, rebozada, guisada, frita, rechea, en fin aina
para tódolos gustos, xa que a lamprea é exquisita en sí.
Xa probei, posteriormente
a empanada de lamprea, está ben, pero para empanada a de anguías. A
preparación da lamprea ao forno do restaurante O Camelo de
Viana, en Portuzelo, tamén está moi rica...

Na fotografía de Xurxo Lobato vese a lamprea
afumada. A idea da súa conservación, como todas, sempre foi
quitarlle a agua. Logo sécanse. O afumado faise varios días,
mellor con leña de carballo. Realmente exquisita. O sabor é
poderoso e forte, a guarnición que se pon é a base de vexetais
en vinagre, que van amortiguando o sabor.

Nesta fotografía vese un fiambre de lamprea
afumada. Sírvese o fiambre frío, cortado en rodaxas e como
moito pónselle ensaladilla ou ben ingredientes vexetais.

Lamprea rechea, unha exquisitez, para
tomar cando non hai lamprea fresca ou xa está
cucada.
A lamprea afumada pódese tomar en moitos sitios, pero falan
moi ben de Casa Calviño, nas Neves en Pontevedra (986 648 040 ), pola
miña banda nunca estuven nesa casa, pero non descarto facerlle unha
visita. Eu proveina en "Casa Pirús" de Arbo, gustoume moito.
Por certo hai que ter en conta o dito "A anguía,
en empanada, e a lamprea, escabechada".
A estas alturas, 23 de abril
a lamprea xa está
cucada xa cantou o cuco e xa pasou as
datas das boas lampreas, quere decir que xa non está tan boa e haberá
que esperar pola fresca do ano que ven, alá por xaneiro, ou
ben, acudir a exquisiteces como a afumada.
Esta é a forma de preparala a bordalesa ou lamprea
ó arbense ou estilo Arbo.:

En primeiro
plano a lamprea a bordalesa e o seu complemento de
arroz e picatostes. Tamén hai na fotografía un bon
plato de angulas e outro de "rollo de lamprea"
con ensaladilla.

Lamprea rechea e ensaladilla. Outro plato
típico de lamprea

Empanada de lamprea: outra
marabilla.
Fotografía Xunta de Galicia.
Pdf dedicado a lamprea.
Recetas: "Lamprea a la bordalesa" o "estilo Arbo"
(copiado o pé da letra dun artigo
aparecido no Róbalo en internet)
A la bordalesa, guisada en cazuela de
barro con arroz y picatostes.
La más demandada sigue siendo la
receta "al estilo Arbo", o más comunmente conocida
como "a la bordalesa". Aunque existen distintas
variantes para prepararla, los principales pasos son
comunes a todas.
Se sumerge la lamprea viva en agua
hirviendo. Se puede sujetar con un cordel por la
cabeza para poder retirarla del agua con más
facilidad. Se raspa la piel con un cuchillo para
retirar la capa viscosa que la envuelve y se
refriega con una paño áspero. Se lava y se seca. Se
coloca en un recipiente amplio juntamente con los
vinos.
Sin retirar la lamprea del recipiente
se le corta la cabeza. Enseguida se hace un corte a
lo largo de los tres orificios inferiores. Se hace
otro corte en la región anal. Es muy importante no
perforar el tubo digestivo y estropear el vino con
el contenido del mismo. Se retira rápida y
cuidadosamente la tripa entera.
Se corta la lamprea en trozos de 4 a
6 centímetros y se deja a sazonar en el líquido con
sal y pimienta. En esta marinada quedará durante una
hora.
Se pica la cebolla y se dora en
aceite levemente. Se van añadiendo los trozos de
lamprea escurridos, el jamón troceado en taquitos y
se deja rehogar todo 10 minutos. Se riega con la
marinada en la que se ha desleído la harina.
Se deja cocer a fuego suave durante
20 minutos, agitando el recipiente de vez en cuando.
Cuando lamprea estuviera cocida, se retira y
reserva. Se deja cocer la salsa 10 minutos más y se
pasa por un chino a otro recipiente donde se le
añade la lamprea de nuevo y se lleva al fuego a
calentarse.
En una fuente se colocan las
rebanadas de pan tostado. Sobre cada una se coloca
un trozo de lamprea. Se salsea y se espolvorea con
perejil picado. Se sirve aparte arroz blanco cocido.
--o--
Para rematar, este apartado
culinario, nesta pdf tendes
os mellores restaurantes onde poder comer a
lamprea en Galicia. Páxinas 60 e 61.
Aparece o lugar, o restaurante e o teléfono,
mellor imposible. ¡Bón traballo!.
Subir.
|
Festas das lampreas.


Festas da lamprea en Galicia:
Algúns carteis:



- Arbo: Festa da lamprea.
Celébrase
dende 1960, a finais de abril. É das máis famosas.

- Pontecesures:
Festa da Lamprea. Celébrase
dende 1995.

- Arbo: Festa da Lamprea Seca. Celébrase
dende 1995 a mediados de agosto..
Outras:

- Padrón:
Festa da Empanada de Lamprea.
Celébrase dende 1993, coincidindo co sábado santo.
Subir.
DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.


LAMPREA |
A Lamprea figura en Galicia nos seguintes ríos : Eo ,
Masma , Ouro ,Mera , Mandeo, Anllóns , Baixo Ulla,Deza,
Liñares-Vea, Sar , Umia , Tea e Miño.
Estos son os datos que figuran no
" Inventario da Xunta de
Galicia " de 1998, hoxe soio podo asegurar que hai algo de lamprea
no baixo Miño, dende Arbo a desembocadura.

A Lamprea tende a desaparecer en Galicia, por
catro simples razóns: a primeira que non está en absoluto protexida, a nosa Consellería de Medio Ambiente
nin se entera, a segunda os encoros, a terceira a contaminación que nona deixan vivir
e a carta as extracción de áridos que cambian o seu habitat. A lamprea quere
para desovar ríos limpos, osixenados, de augas rápidas....esos ríos
¿onde están ?. Cantos de estos ríos quedan ata Arbo? . Moi poucos e
cada ano desaparecen, por exemplo o Deva en Arbo, unha minicentral...e suma e sigue.
Un progreso mal entendido... Un progreso que
non cumple as leis de pesca fluvial. Un facer paseos, praias fluviais e
un longo etc. cós ríos, e non poñer depuradoras, que é o máis
importante. Unha política de medio ambiente feita cós pés.
Unha magoa.
Eso sí, os políticos a degustala en Arbo,
Crecente...mismo na Cañiza no Reveca, eso si que o fan ben. Son únicos...
Ata aquí o que tiña escrito no ano 2000 sobre a Distribución
da Lamprea. Realmente non existía un estudio afondo da
distribución da lamprea ata o 2010, no estudio que aparece a
continuación.
---------------------------------------------------------------------------
DATOS DA LAMPREA
EN GALICIA -2010.
(Resumen do estudio levado a cabo por trece
persoas vinculadas a USC e a Estación Hidrobiolóxica
"Encoro do Con)
No libro "Estado de conservación das poboacións de lamprea mariña en río
de Galicia" aparece un estudio maravilloso realizado por un
equipo investigador de 12 persoas coordinadas por Fernando Cobo,
relativo as lampreas en Galicia.
Director do Traballo: Fernando Cobo Gradín.
Equipo investigador: Sergio Silva Bautista,
Rufino Vieira Lanero, Naría J. Servia García, Javier Sánchez
Hernández, Sandra Barca Bravo, Sheila Rivas Rodríguez, Maria
Teresa Couto Mendoza, Pablo Gómez Sande, David Nachón García,
Carlos Morquecho Cobas, Lorena Lago Meijide y María del Carmen
Cobo Llovo. Decir
que dito estudio supera en moito o caracter simplemente
ilustrativo desta ficha da lamprea, pero que vexo moi
interesante o mostrar que existe, como se traballa actualmente
nestes campos en Galicia, e finalmente expoñer as
conclusións finais do traballo que indican o grado de saude
actual das lampreas en Galicia.

Este é o libro
que ten data do 2010, nel faise un estudio da
poboación de lamprea en dez ríos da comunidade
autónoma.
O libro aparece
comentado noutro lugar da ficha.
O coordinador do libro
foi fernando Cobo.
O libro está editado
pola Xunta de Galicia, concretamente a
Conselleria de Medio Rural. Dirección Xeral de
Conservación da Natureza. 2010. ISBN
978-84-693-6307-2
Os ríos estudiados foron os seguintes,
que aparecen no mapa:
Lérez, Umia, Ulla, Sar, Anllóns, Mandeo, Mera, Ouro,
Masma e Eo.
Decir que en cada un dos ríos foron
selecionadas as estacións de mostraxe; que o traballo de
campo foi realizado nos dez ríos entre o 2007 e o 2009 en
total eran 36 estacións de mostrase, sete no Ulla, cinco no
Umia e tres en cada un do resto.
A captura dos xuvenís foi realizada
no río Con, pescando precisamente muxos que tiñan pegados os
seus corpos.
Nos adultos aproveitouse a pesca
comercial no río Ulla e no Miño e tomáronse mediddas de
exemplares capturados en toda a tempada de pesca dende o 2
de xaneiro ao 15 de abril dos anos 2008 o 2010.
No libro citado explícase como
foron selecionadas as estacións de mostraxe. Cales foron as
técnicas de mostraxe e como quedaron caracterizados tódolos
ríos estudiados.
Un traballo incrible.
Poño un exemplo dos datos
presentados do río Lérez, da estación Lérez I:
Debe entenderse que no citado libro
están presentados os parámetros hidromorfolóxicos da conca
estudiada así como a caracterización fisicoquímica e os
parámetros morfométricas de todas e cada unha das estacións.
Neste exemplo posto e da Estación
Lerez-I de coordenadas UTM: 29 T 534331 4699456 que era unha
zona moi fangosa situada na marxen esquerda do río, só uns
centos de metros augas arriba da presa de Bora O tramo
presentaba un considerable estancamento das augas, xa que
está baixo a influencia da presa o haber pouca pendente na
zona. A captura das larvas foi realizada nunha superficie de
21 m2. A insolación neste tramo era moi elevada, posuíndo
unha coberttura arbórea de tqan só un 5%.
Estos datos, repito, de todas e cada unha das estacións en cada un dos ríos citados.
Análisis das
poboacións nos ríos estudiados.
.- Ammocetes

Ammocetes
Fase primeira onde viven as
larvas da lamprea en sustrato de area. Son cegas e
sen dentes. Tamaño 3 a 4 mm de lonxitude e moi
distintas dos adultos.
Os datos obtidos refírense os ríos
estudiados e os tres anos de duración do estudio.
Ter en conta que a densidade media é
neste caso o número de ammocetes ( que hai nun m2.
A biomasa media e o seu peso por m2.
Pero a cousa non foi tan doada como se
expón aquí (un resumo e unha copia) os ammocetes son as
larvas das lampreas e lovou un ano selecionar os lugares dos
ríos escollidos onde reunian as condicións optimas para
vivir. A verdade é que as lampreas proxenitoras teñen certo
contaxio a escoller estos lugares, pero eso con quita que
eses lugares se teñan que escoller. Repito levou un ano a
todo o equipo.
Os datos obtidos foron:

Datos de densidade media, ou
sexa nº de ammocetes por m2 de terreo ou leito. A tabla
presenta claramente dous datos que chaman a atención un
o aumento según o ano e outro os grandes datos do Eo.
Os datos da biomasa, ou sexa
gr. por m2 confirman o anterior, observar os datos.
O método usado foi a pesca
eléctrica en tódolos casos.
Tamén, observando bastante vese
que non guardan moita proporción os datos do Eo en canto
a densidade e masa seica o tema estuvo en que os
ammocetes xa estaban dispostos a ir o mar coa diferencia
lóxicamente en masa.
As densidade máis baixas son as do
Anllóns, Umia, Sar e Lérez.
Non hai moitos datos en España para
comparar, si no Sella onde había 13,5 ind/m2 un pouco
superiores as nosas.
O libro fai outros análisis comparados
dos ammocetes en canto a lonxitude e peso, tamén análisis en
función da vertente. Tamén dos lugares idóneos o que se
chama o hábitat idóneo, ademáis de estudios correlativos en
canto a correlación peso medio pendente do terreo, lonxitude
pendente media, lonxitude dos ammocetes indice de
sinuosidade
Unha conclusión interesante, como
hipótesis confirmada polo traballo é que as población de
ammocetes , os individuos máis desenvolvidos están río
abaixo.
.-Fase postmetamórfica.

Fase metamórfica.
Fase posterior o das larvas
ou ammocetes, onde os individuos lles aparecen os
dentes, os ollos e os riles, aparte sufren unha
disminución no peso. A lamprea sae do sustrato e
descende o mar.
Neste estadio cando baixan o mar e cando parasitan os
peixes de auga dulce, como no río Con onde se ven moitos muxos
coas lampreas colgando deles e amarrados.

Muxo coa lamprea colgando.
De tódolos xeitos este proceso no é
letal parqa estos peixes xa que non dura moito, o contrario
sería que a lamprea foxe adulta, neste caso son palabras
maiores.
Do río Con foi de inde colleron no
estudio estas lampreas ata un nº de 108 individuos cunha
media de peso de 25,8 g e lonxitude de 231,4 mm (as
desviación típica do peso de 9,41 e 29,76 gr. no peso).
.-Fase adulta.

Lamprea mariña adulta
Neste período que dura de 1 a
4 anos a lamprea vive no mar e non se sabe
exactamente, xa que non está feito o estudo de que
especies se alimenta. Si se sabe que chupa o sangue
e fluidos doutros peixes.
Neste apartado do traballo faixe
unha descripción dos pormenores que sufre a lamprea
cando alcanza a súa madurez sexual.
A mostraxe presentada está feita
no Baixo Miño e no Ulla. No Ulla en base a 297 lampreas
pescadas entre os anos 2008 a 2010 e no Miño en base as
pescadas no ano 2009.
Así no Miño sae unha media en peso
de 1,385,1 gr. de peso medio dos machos e 1,414,1 as
femias (as desviación típicas son de 123.10 nos machos e
140.93 as femias).
No Ulla o peso medio dos machos
foi de 1,114.8 gr e as femias 1,112.0 (con desviación
típicas de 247,45 e 268.47 respectivamente).
Claramente os exemplares do río
Miño teñen máis peso.
Seica canto máis o norte, en
Europa, menos tamaño das lampreas.
(No que sigue poño un resumen das
conclusións do traballo anterior, pensando un pouco nos
autores do libro e non facendo unha copia literal, dun
libro básico para entender o estado da nosa fauna). O
libro creo que está actualmente agotado nas librerías.)
.- Tendencia xeral a aumentar os
ammocetes no tempo.
.- Os ríos da vertente cantábrica
amosan valores máis elevados en canto a densidade e
biomasa. O Eo en concreto o que máis. Os máis baixos son
o Anllóns, Umia, Sar e Lérez.
.-O río Sar ten moitísimos
problemas e o río Umia recúperase do desastre do vertido
da empresa Brenntag.
.-Do río Ouro desapareceu a
Lamprea, creese que é pola contaminación.
.-A mellor calidade da auga máis
enriquecemento orgánico máis ammocetes e polo contrario
menos calidade disminue.
.- A lonxitude e o peso está
relacionado con parámetros como o hidrodinamismo no
sedimento, a alta osixenación, e o índice de sinuosidade.
.-Seica canto máis o norte en
Europa menos peso e talla nos reproductores da lamprea.
Subir.
r
Contan os máis vellos do
lugar que en noites de lúa chea na beira do
Miño fronte a Arbo, na parte portuguesa, se
pode ver unha moura de longos cabelos loiros
que acariña cun gran peite de ouro mentres
se mira nas augas do río. En realidade
vísase antes, cando aínda se andaban a pe os
camiños, pero dende que as estradas e as
pontes internacionais cruzan por derriba das
augas non hai novas desta aparición.
Contan que era tal a súa
beleza (tan grande o valor do peite de ouro,
din os máis materialistas) que os máis
afoutos de Melgaço, e tamén os de Arbo, que
cruzaban o río nunha barca, andaban nas
noites de luar polas beiras do Miño na
procura da aparición, uns para namorar á
moura de cabelos loiros e outros co nunca
confesado obxectivo de marchar con peite de
ouro no primeiro despiste daquela beleza.
Pero nunca ninguén foi
quen de achegarse á loira que se peiteaba ao
pe do río. Moitos a viron, é certo, ou polo
menos aseguraron na taberna tela mirado ao
lonxe, co cabelo e o peite escintilando
baixo os raios brancos da lúa. Pero ninguén
tivo nunca testemuñas de tal cousa, e menos
probas de que a moura existira. Un simple
cabelo dourado sería suficiente para
convencer da súa existencia a todo un pobo
que se dividía entre os que pasaban as
noites de lúa axexando o río, aqueles que os
tiñan por tolos e os que amosaban máis medo
que atracción polo encanto, porque en
definitiva a aparición non podía ser máis ca
un encanto.
Unha noite de lúa chea de
agosto Rui, un mozo da parte portuguesa do
río, desapareceu. Ao día seguinte os amigos
declararon que estiveran na taberna tomando
unhas chiquitas e que o Rui, algo achispado,
decidira coller un candil e botarse a
percorrer as ribeiras do Miño na procura
daquela aparición co firme propósito de
namorala e establecerse pola súa conta co
froito da venda do peite, montando unha
fonda na que a súa namorada cociñaría e el
atendería a moita clientela que dunha e
outra beira do río había chegar ata alí para
comprobar cos seus propios ollos a
existencia daquela loira encantanda que
tantos buscaran sen éxito.
O candil do Rui apareceu
derriba dunhas penas ao pe do río. E días
despois aboiou o seu cadáver algo máis
abaixo. Os que o sacaron do río dixeron que
tiña na gorxa unhas marcas de dentes que
formaban círculos concéntricos, semellantes
á boca dunha lamprea. E na cara un estraño
xesto de satisfacción.
Ninguén quixo ensinarme o
sitio onde apareceron o candil e o cadáver.
Nota:
o
texto está sacado, o pé da letra deste link
http://www.colineta.com/tag/lamprea/lang-pref/gl/
trátase do blog de Miguel Vila que chama
Colineta e que trae cousas moi interesantes.
Subir.
COA LUZ DA LÚA

ariñeiros que faenan coa luz da
lúa nas augas tranquilas do río Miño.
Actualmente, ano 2010, son sobre 500
pescadores que faenan dende o mes de febreiro ata o 15 de abril
ou o 15 de maio según as zonas, Tui ou Arbo. Pescan a lamprea
nestas datas e a angula en novembro ata mediados de febreiro.
Dicen que este ano pescan 2
ou 3 na oite cando o ao pasado eran 20 lampreas. Vai por ciclos.
Os precios oscilan a
lamprea a 20 € o exemplar e as angulas entre 350 a 450 € o kg.
Dicen estos pescadores que
"a angula vese desaparecer día a día, a lamprea parece que se
recupera, sábalo e solla casi nada e o salmón é unha utopía".
Dicen que o río está
plagado de cangrexo americano, pero que non se pode pescar.
Críticas: o soterramento do
Miño na desembocadura (habería que dragalo para que o mar
entrase máis no río nas mareas e subiran as especies como
Deus manda) , a contaminación do Miño e as variacións de nivel
polos encoros.
(Resumen dun texto de J.A.
Otero Ricart aparecido no Correo Galego).
Subir.
UN TEXTO BÁSICO SOBRE LA
LAMPREA EN GALICIA

Texto editado pola Consellería de Medio
Rural, Dirección xeral de Conservación da Natureza. Ano
de edicción 2010
Figura como coordinador Fernando Cobo
Gradín o frente dun grupo de traballo de xente
especialista no tema como Sergio Silva, Rufino Vieira,
María J. Servia, Javier Sánchez, Sandra Barca, Dheila Rivas,
Maria Teresa Couto, Pabó Gómez, David Nachón, Carlos Morquecho,
Lorena Lago e María del Carmen Cobo.
O Traballo foi realizado polo equipo da
estación de Hidrobioloxía da USC "Encoro do Con".
O traballo é único en Galicia e nel
aparte da morfoloxía e o ciclo vital da lamprea estás
caracterizados os ríos: Anllóns, Eo, Lérez, Mandeo, Masma, Mera,
Ouro, Sar, Ulla, Umia.
Deste libro saquei numerosas notas para
esta ficha da lamprea, que desta forma se amplia. As súas
conclusións son básicas si queremos que no futuro sigamos a ter
lampreas nos nosos ríos.
Subir.
REGISTRO PROTECCIÓN LAMPREAS MIÑO

Para evitar a fraude que se está a dar coa
lamprea do Miño, xa que actualmente se pescan sobre 200.000 lampreas
o ano e no mercado entran outras 150.000 de Francia, estas, as
lampreas do Miño levaran unha marcaxe e una etiquetaxe. Na etiqueta
vai figurar onde se pescou e que na pescou e cando por suposto. Na
marcaxe que irá na aleta dorsal traseira irán os mismos detalles.
Con este procedemento inténtase saír o paso
das lampreas que están a chegar de Francia e que se venden como
galegas.
As comprobacións poden mirarse na páxina
http://www.pescadoriominho.com ou sea si un cliente que está a
comer unha lamprea quere ver os seus datos pode mediante móvil
visitar a páxina anterior e comprobalo.
Subir..
|
|