PEIXES
MAL VOTADOS EN GALICIA.
En Galicia, como no resto de España, botáronse os ríos especies de
fora: carpas, carpíns, black Bass, lucio, piscardo, gobio, gambusia,
etc.
Un auténtico desastre que estamos
padecendo e que padeceremos no futuro de forma incrible. Por poñer un
exemplo, no encoro das Conchas (Ourense), un lugar fora de serie para os ciprínidos
ou peixes, hoxe é unha autentica desfeita, xa que as carpas inundan este
encoro. Mal que lle pese a chamada "FESTA DO PEIXE" de Bande en
Ourense, que se terá
que convertir en "FESTA DA CARPA" un desastre auténtico.
¿Quen ten a culpa?. Que máis dá. O
mal está feito e seguramente os nosos políticos terían moito que facer... pero
algúns, non saben máis... Un auténtico desastre, xa
que actualmente un 38% das nosas especies son de fora. Estamos xogando co
noso patrimonio natural e dende este punto de vista somos uns auténticos
irresponsables.
- ¡¡ No nome da troita, entre outros peixes, a
xente que botou estas especies soio merecen para mín un
insulto, "camiñante mexa aquí,
como diría Celso Emilio Ferreiro"...!
-
- Vexamos, por riba, estos peixes mal botados nos ríos galegos, unha
auténtica ANIMALADA.
Nome- Datos. |

A carpa.
Dicen que se botou polo seu
valor ornamental nos estanques e en moitos xardíns.
Unha desfeita auténtica.
Falan que si foron os romanos, non se sabe.
Fora quen fora, é
lamentable, están a rematar co noso peixe que era sensacional.
Non teñen perdón.
|
|

Pez Gato.
Non teño constancia de
que se botara nos ríos galegos, pero dende logo dudo moito
de que non se botara en algún encoro, tanto os peixes gato
como os siluros.
O pez gato é unha
especie americana que se trouxo a principio do siglo XX.
Unha auténtica
desfeita inservible, como pesca é nefasto, come de todo, un
auténtico depredador. Eso sí, bota moitos kilos. Hoxe
dícese que "é moi deportivo"... ¡Que
burrada!.
|
|

Black Bass. Carpa
Americana.
Dicen que se botou polo
seu valor como loitador na pesca deportiva.
¡¡¡ Malditos!!!.
Desfai todo canto hai,
troitas e ovos de troitas incluidos. Un auténtico
depredador impresentable.
Dende o punto de vista
deportivo prefiro a troita de alta montaña, a pouca que
queda. O Bass é
un mal imitador desta troita galega nativa. A larga
remata coa troita. Botaron moito en San Esteban, Castrelo,
As Portas, etc. Por unha razón: os encoros non son bos
lugares para a troita, esta desaparece. Así algúns están
contentos...non saben máis.
- Pois ala, veña Black
Bass...
|

Lucio.
Dicen que o botaron no
baixo Miño e en algún lugar da Coruña. ¡¡¡ Malditos!!!.
Pero non é certo,
comprobado dende fai cinco anos..
Por eso elimino a
súa ficha con moito gusto.
|
|

Troita arco
Iris.
- Outro desastre en Galicia.
En ningún momento foi para arriba, o contrario
debilitou a nosa troita nativa (falan dun 10% de interación,
menos mal...).
- Tontarrona, pouco loitadora, come de todo, moi boa para
piscifactorias.
Como carne no plato, malísima en comparación
coa nosa troita.
Para comercializar moi ben,
crece moito, nos ríos galegos nefasta, non sirve máis que para
enganar a catro...
|
|

Gambusia.
Dicen que se botou polo
seu valor cazando larvas de mosquitos.
- Polo seu tamaño e a súa
actividade non representa nada nos ríos galegos.
-
|
|

Piscardo.
- Peixe moi cativo, non representa
nada na poboación de peixes galegos.
- Dan boa conta deles as especies
autóctonas. De feito sirve de comida as troitas.
|
|

Gobio.
- Peixe moi cativo, non representa
nada na poboación de peixes galegos.
- Dan boa conta deles as especies
autóctonas. De feito tamén se botou nos ríos galegos
para que servise de comida as troitas.
-
|
 |
Carpín.
Dicen que se botou polo
seu valor ornamental nos estanques e en moitos xardíns.
Unha desfeita
auténtica. Dicen si os trouxeron os romanos.
Fora quen fora é
lamentable, están a rematar co noso peixe que era sensacional.
Non teñen perdón.
|
|

Perca Sol
Según Alberto Rivero
un home que ten un blog fantástico sobre os
invertebrados de
Ourense este peixe apareceu concretamente no encoro das
Conchas, onde están as pozas románs do Baño e a carón do
Aquis Querquensis. Está claro que o botaron no río Limia e
agora aparece no seu canle. Este río é unha auténtica
desfeita, aguanta todo.
Non teñen perdón...
|
En EEUU e Canadá, noticia do 15 de xulio do 2002,
están cada vez máis preocupados polos efectos dañinos nos seus ríos
das Carpas e dos peixes "cabezas de serpientes", chegados
dende Asía e que están a rematar as especies autóctonas.
Prácticamente xa están na conca no río Misisipi, a 40 km. do Lago
Michigan, que conecta cós outros lagos americanos...casi nada.
Son peixes auténticamente depredadores, xa que a carpa
por exemplo, chega a botar por riba dos 25 kg. e convírtese así en
auténticos monstruos o que unha troita nada lles pode facer, por poñer
un exemplo. Depredan todo, dende as ovas, alevíns, todo... En Galicia
xa as temos, a milleiros, na cunca do Miño, Limia, Sil, e un longo etc. Somos
únicos...
Repito, en EEUU e Alaska están preocupados. En España
nada preocupados. En Galicia tranquilos... realmente de desastre.
Por certo, non creo que tardemos moito en ver en Galicia
o "Pez serpiente", dicen que camiña por terra e todo, e
trátase dun depredador nato... Seguramente, algún político deses "exóticos, sin puñetera idea", o bote nun encoro... para
potenciar os mares interiores...e algún pescador dirá que é un
peixe moi deportivo como o Bass,...e turran moito cando se collen, fai
moita ilusión...habíanlle de turrar o pescador doutros lugares...é o que merecen os que botaron estos peixes e
outros. ¡¡CAMIÑANTE MEXA AQUÍ!!
Nota: a frase de "Camiñante
mexa aquí" débese a Celso Emilio Ferreiro, no libro Cimenterio
Privado, fai alusión a frase en moitas lápidas do seu cimenterio
particular, de auténticas salvaxadas...é un decir.
Saír.
|