Nome
científico |
Nome
científico:

Gobio gobio ( Linnaeus, 1758)
Clasificación:
Reino: animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orden: cipriniformes
Familia: Ciprinidae
Xenero: Gobio
Especie: Gobio
Ir a
características 
|
Nome
galego |
Nome galego:

Gobio
Ir a
características 
|
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Gobio, Gobi, Gobioa. Góbio.
Ir a
características 
|
Dimensións |
Dimensións:

Peixe pequeno entre 10-15 cms inda que pode chegar ata
25 cms.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

Corpo fusiforme, alongado, recuberto de grandes
escamas. A cabeza é curta e grande. A boca tena en posición inferior,
ten labios carnosos e na comisura un par de barbelas que estiradas
ata atrás chegarían ó ollo. Os ollos son grandes e están situados
bastante no alto da cabeza. A aleta dorsal ten entre 7-10 radios, a anal
entre 8-11 , as pectorais entre 14-17 , as ventrais 10 e a caudal 19.
Na linea lateral aparecen de 36 a 44 escamas.
A librea é verde parduzca ou verde grisácea, os flancos son
máis claros con reflexos platexados. Tanto do dorso como nos flancos
está recuberto de manchíñas negras o pardas ( as veces con reflexos
azuados).

Está claro que a forma do seu corpo reflexa que é
un peixe de fondo.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Nútrese de crustáceos, moluscos, larvas de insectos,
ovos e crías de outros peixes.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:
Vive en augas ben osixenadas, augas doces, frescas e
limpas e moi correntes con leitos de coios e pedras.
Na nosa comunidade aparece inventariado pola Consellería de Medio
Ambiente no ano 1997 no río Tea en Pontevedra, así como no río Bibei
( neste río non cita onde). Teño as miñas dúbidas sobre o río Bibei hoxe.
Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:

A freza ten lugar nos meses de verán ( entre maio e
agosto) e dependendo da edade, unha femia pon entre 3.000 e 7.000 ovos.
Necesita augas batidas e limpas.
Este peixiño parece ser un bon indicativo de si o
río está en boas condicións.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:
Especial. Cada vez quedan menos. De feito é un peixe
descoñecido polos pescadores polo menos de Ourense.
Supoño que en vías de extinción.
Efectivamente confirmo por medio de Xosé Barcia do
grupo ecoloxista Adenco de Ponteareas que se trata dunha especie non
galega. Queda polo tanto explicado que sexa prácticamente descoñecido.
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:
En Galicia dende logo non está protexido. Eu penso
que non está protexido ningún peixe, polo menos no papel.
En Italia é un dos peixes máis raros e que presenta o maior
peligro de extinción.
En España está catalogado de vulnerable.
En Galicia ??.
Atrévome a decir por suposto que "da man do
Señor", aquí miramos soio para os peixes no plato...
Factores de ameaza sobre este peixe a nivel do
estado e según o Ministerio de Medio Ambiente e o CSIC : as presas
hidroeléctricas, as minicentrais, o botar peixes exóticos os ríos, a
contaminación, etc.
Ir a
características 
|
Curiosidades: |
Curiosidades:

A súa carne foi moi valorada en Francia onde o gobio
estaba considerado como o peixe típico para fritura. Tamén se
utilizaba moitísimo como cebo vivo para a pesca de outros peixes
depredadores máis preciados.

Ir a
características 
|