#.
LENDAS
do
RÍO MIÑO
(Leyendas sobre el río Miño)
Hai moitas lendas sobre o río Miño,
(Hay muchas
leyendas sobre el río Miño) de
momento poño as que siguen...(de momento pongo las siguen)
Recopila Secundino Lorenzo.
Email
Romanceiro do Pedregal de
Irimia. Xosé Otero Canto  
Lendas do Pedregal de Irimia (Nace
o Miño).
Lendas de
Fonmiñá. Romances.
Xosé Otero Canto  
Lenda
dos ríos Miño e Sil
.
Versión en video da lenda
anterior. (10:28 m.)
O sexo dos ríos galegos.
Antonio Fraguas.
A lenda da
Virxen e o Neno en Portomarin. Xexús Mato.
A lenda dos sete santos do Miño. (Eliseo
Alonso)
Se o río Miño queda sen auga.
Feiticeiras de Arbo e Melgaço.
Cada remadela, sete leguas. Lenda do
Miño
As
misteriosas voces do río Miño.
O túnel entre Tui e Valença
A lenda da lamprea
rubia.
A
lenda do barco fantasma no río
Miño
A
lenda da ponte romana de Ourense.
Leyenda del cántaro.
Lenda do río Miño (Dep. Lugo).
Lendas encantadas do Vale do
Minho.
San Martiño de Braga. “De correctione rusticorum”
O bispo que afogou no Pozo Maimón de
Ourense
A lenda de Ana Manana.

A lenda das Xacias do Castro de
Marce (Río Miño-Lugo)
Contos e lendas luso-galaicas do río Minho.
Chao Rego: A lenda dos tres ríos.

UN PAÍS DE RÍOS
Naceron tres fontes e puxéronse a camiñar, e o mar prometeulles que
lles entregaría unha persoa ó ano en sacrificio á primeira delas que
chegase onda el. Eran as fontes do río Eume, do Sor e do Landro,
segundo lenda que Bouza Brey nos conta coma recollida da comarca
ferrolá. Botáronse a camiñar. Con rivalidade, que rival vén da
palabra latina rivus, que significa río, como xa dixemos. Pero, cansas,
adormeceron, non sen antes establecer un pacto de que a primeira que
acordase había de avisar ás outras dúas. Pero venceu a rivalidade.
A primeira que espertou traizoou ás outras dúas, e púxose a camiñar,
silandeira, por mor de que non se desatasen as competidoras. Axiña
acordou a segunda que, furiosa porque non a chamaran, púxose a correr,
pero coidadosa de non espertar a terceira. Esta, cando se ergueu do sono
e se atopou soa, alporizouse e deu en correr, brincando por riba
dos montes e penedos, acadando o mar antes cás outras. É o río Eume,
que pasa polas Pontes de García Rodríguez e desemboca en Pontedeume;
disque tódolos anos cobra o prezo dunha persoa, que o mar lle paga. Un
río que mete medo e resulta falso.
Se principiamos por unha lenda é porque o réxime fluvial galego é
literalmente lendario. Álvaro Cunqueiro afirmou, en fase enfática, que
Galicia e o país dos dez mil ríos. Non constitúe unha afirmación
matemática, senón contundentemente simbólica. O profesor Augusto Pérez
Alberti dío de xeito máis científico, que non prosaico: «Galicia é
unha
terra de ríos». Pero a lenda pode dar xogo, porque os ríos galegos
son atípicos, como de contado imos dicir: primeiro dormen e logo teñen
que bulir por chegaren.
Se alguén olla o mapa fluvial galego percibirá axiña, coma imaxe húmida
e gratificante, un mesto urdido de raias sobre a tea de fondo da nosa
xeografía que delata que estamos perante un país de ríos. Díaz-Fierros,
xunto con Núñez Delgado e López Periago dínnolo: «Se a paisaxe de
Galicia ten algo propio e ben diferenciado é, sen ningunha dúbida,
este
urdido de vales fluviais que, dentro dunha aparente anarquía, agachan
un claro ordenamento e xerarquización, determinados polo artello da
rede hidrográfica».
¿Por que sucede así na nosa xeografía? O ceo e maila terra xúntanse
para fornecérenno-la explicación. Os dous grandes factores que
determinan a nosa condición fluvial son, por unha parte, o clima, en
particular o réxime de chuvias. Isto en canto ó ceo, que na terra son
responsables as características tectónicas e morfolóxicas; é dicir,
a forma dos solos, a orografía.
O profesor Río Barja coa colaboración de Rodríguez Lestegás, nun
minucioso estudio sobre os ríos galegos, advírtennos: «A disposición
das unidades orográficas, cunha orla montañosa setentrional e
occidental discorrendo próxima ó litoral dende a Serra do Xistral ata
a do Faro de Avión, e un máis destacado conxunto oriental e
sudoriental,
dende a Serra de Meira ata a do Xurés, facilita a configuración de
abundantes centros dispersores de augas, que envían en tódalas
direccións multitude de cursos fluviais, aínda que de curto
percorrido, coa coñecida excepción do pai Miño».
Subir
A lenda da Virxen e o neno
en Portomarín.

E a carón da Capela de Santa Mariña, que segundo as
crónicas xa era un pequeno mosteiro de monxas no século
IX, había un pouco "río arriba" un longo treito de Río
Miño -máis ou menos un quilómetro- onde as angas sempre
van mainiñas, gardando un silencio sosegado. E tamén,
uns grandes penedos que semellan botarse no río para
gañar o retiro pacífico de tantos anos, parecen querer
gardarse baixo as augas, despois de exercer de inmóbiles
pedras, inspiradoras de lendas e contos de mouras e
cristiáns, de "cestas de ouro", de tesouros agachados,
etc.
Pois ben nese mesmo lugar había unha peneda que xa
estaba entre as augas metida e que ten a súa lenda.
A metade da peneda estaba cuberta pola auga e a outra
metade fóra. Nunca desaparecía da vista dos que por alí
andaban anque houbera secas importantes .ou grandes
enchentes. Alí estaba como mostra de .veracidade do que
vos vou contar:
María, San Xosé e mais O Neno estiveron en Galicia
fuxindo de Herodes. A Virxe levaba ó neno durmidiño no
colo. San Xosé tiraba pola corda do burro no que ían
María co Neno en brazos.
Ó chegaren a aquel sitio de Portomarín, á beira do Río
Miño, os tres quixeron cruzar. As augas facían moito
ruído ó pasaren entre os penedos e os cachóns, porque
estes imprimíanlle aínda máis velocidade. María, non querendo que lle espertaran O Neno, dixo:
- Río Miño, Río Miño, pasa quedo e caladiño. Non espertes ó Neniño que xa o levo durmidiño".
-E o río voltouse calmo, pousado e silencioso naquel
tramo do seu curso en contraste cos cachóns que hai
catro ou cinco quilómetros máis abaixo.
Contan as xentes de Portomarín e Comarca que A Familia
pasou o río sen problemas e que O Neno non espertou.
Naquela peneda do río aínda está a pasada do burro
cando, para facer pé, pousou alí unha pata. Por desgracia, hoxe todo está cuberto polas augas
do Encoro de Belesar que asolagaron tantas
realidades vivas, tan só queda o recordo e tantas
lendas e soños como esta que eu vos acabo de contar.
Mero. Reelaboración da lenda
que me contou. moi ben contada, o meu amigo e
coñecedor da cultura tradicional D. Xesús Mato e
Mato.

Subir
Leyenda
del Cántaro
Nota: no tenía noticia
de esta leyenda del río Miño, es más,
pienso que es aplicable a cualquier río.
De todas formas es una más y así la
muestro.
Había
una vez, un hombre
humilde, que vivía en un
pueblo pequeñito. Su
nombre era Zacarías, y
era artesano.
Un
día que se encontraba en
su taller, un hombre
entró y le pidió que
fabricase un cántaro que
pudiese cargar todo el
agua del mundo, la de
ríos, mares, océanos,
charcos…
El
artesano le dijo que eso
era imposible, pero el
hombre le ofreció una
gran suma de dinero y el
artesano le prometió que
lo intentaría, y
decidieron verse en un
puente, encima de un
antiguo río, ahora seco.
Zacarías hizo lo que
pudo. Fabricó un cántaro
inmenso y otro más
pequeño, por si aquel
encargo tenía trampa, y
los llenó de agua.
Fue
al lugar acordado, y
justo encima del puente,
se le cayó el cántaro
grande, que rompió y
quedó vacío; al
agacharse, se precipitó
también el pequeño.
Este último no rompió,
aguantó intacto y
comenzó a echar el agua
que portaba. Siguió
echando agua sin parar.
El artesano no daba
crédito a lo que veían
sus ojos. Sin
saber de donde, apareció
el hombre que le había
hecho el encargo, y le
dijo:
-Veo
que lo has conseguido,
yo te he ayudado. A
cambio de tu trabajo
recibe esta bolsa de
monedas. No es la
cantidad acordada, pero
te satisfará.
Zacarías aceptó. El agua
del cántaro, había
formado un río, que más
tarde bautizaron como
“río Miño” que pasa hoy
por Galicia. Si te
acercas al nacimiento
del río Miño,
encontrarás el cántaro
del que surgió, que
sigue echando agua, para
que el río no seque. La
bolsa del extraño
cliente estaba llena de
monedas que nunca
terminaban, al igual que
el agua del cántaro y
que ayudó mucho a
Zacarías, quien nunca
más tuvo noticias de
aquel cliente que le
había cambiado la vida.
Subir
Lenda do río
Miño


Esta lenda está recollida do libro "Facéndolle
as Beiras O Miño", editado pola
Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia
no ano 2004.
Subir
San Martiño de Braga século VI e a
súa obra “De correctione rusticorum”

Desde tempos moi
antigos a tradición popular sitúa no Miño
diferentes seres míticos relacionados cos ríos:
homes e mulleres peixe, lavandeiras,
feiticeiras, encantos, xacios e xacias. San
Martiño de Braga (século VI) na súa obra “De
correctione rusticorum” dinos: “Numerosos
son os demos que, expulsados dos ceos, presiden
o mar, os ríos, as fontes e os bosques, aos que
os homes ignorantes do Deus verdadeiro lles fan
sacrificios, no mar adoran a Neptuno, nos ríos
as Lamias, nas fontes as Ninfas...”
Subir
|