A lenda das Xacias de Marce
No dibuxo está o Castro de Marce do que fala esta lenda. O que se ve é o río Miño no encoro dos Peares, concretamente a 7 km. da Presa.
Por certo nesa ruta está a famosa fervenza de "Aguacaída".
Fervenza de Augacaída. No dibuxo Fervenza Miradoiro. Foto Secundino Lorenzo.
Copio esta lenda do libro "A flor da auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa, publicado en Xerais no 2006.
Lenda das Xacias de Marce
Unha rapaza de Marce estaba de criada na Míllara. E resulta que a mandaban moitas veces ir coas ovellas de cara a Castelo, e non sei si o sabedes, pero hai alí unha figueira, que lle chamaban a figueira do Castelo, que daba unhas béveras negras, moi negras, que ningún paxaro nin bicho as comía, e a pé da figueira no río, no Miño, un pozo fondísimo. Agora que fixeron o encoro dos Peares, a figueira quedou debaixo, que de seu morrer non morreu. Era moi rara, follas como nada e ramas delgadiñas, e mala cara, todo béveras negras. E a o pozo non se lle vía fondo nin de día. Estaba alí a rapaciña coas ovellas e viu saír do río unha cousa rara, mitade peixe e metade persoa, que se sacudía e se poñía a subir polo souto arriba. Colleu tal medo a rapaza que nunca máis quixo volver ao sitio, e non volveu.
Dibuxo que aparece no texto de Xacias, do libro "A flor da auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa.
Por certo o meu email é mailto:slorenf@gmail.com por si os autores teñen algún inconvinte ou queren modificar calquer cousa deste texto copia.
Pero outro día andaba un señor da Míllara pescando no río, e aparecéuselle unha rapaza guapa e nova como nunca vira ningunha, Saíu do río, sen máis. O home asustouse, mais ela díxolle que non tomara medo, que era unha xacia encantada, e que se a bautizaba, desencantábaa e casaba con el.
Así se fixo e o matrimonio foi moi feliz. Tiveron sete fillos, que andaban seguido metidos nos regatos e pozos do río, no verán e no inverno. En canto tiñan tempo, á auga!. O pai reprendíaos moitas veces por este motivo. Tanto se fartou de que andasen lacazaneando na auga en vez de axudarlle cos traballos que un día díxolles:
-Ídevos de aquí, fillos dunha xacia!
A partir dese día as cousas non foron ben no casal. Non só se levaba mal o pescador cos fillos, senón tamén coa muller, e finalmente ela un día abandonounos e volveuse ao río. Pero tivo a mala sorte de que as outras xacias non a admitiron, porque era cristiá e esnaquizárona coas súas propias mans. O pobre do home, que a andaba buscando, chegou a tempo de ver o seu corpo en anacos flotando nas augas do pozo.
Pasou un tempo e unha nena pequena de Marce, da casa da Cantesa, que nada sabía diso, adoitaba ir co gando, dúas vacas e catro ovellas, ao monte do Castelo e baixaba polo souto. Todos os días ía visitala unha xacia e acabaron por facerse amigas, pois a muller acuática agasallábaa cun pano cheo de carbóns que se volvían onzas de ouro ao chegar á casa. Ora, eso si, advertíalle que non llo dixese a ninguén, e menos que a ninguén aos seus pais, porque se non habíao pagar caro.
A nena aguantou un días pero á fin, ante as preguntas dos seus parentes, non lle quedou outra que contar o segredo. Ao día seguinte volveu como sempre ao Castelo. Xa non regresou. O pai, desesperado, botouse ao monte a ver se atopaba viva ou morta. O gando estaba alí, pero a Sabeliña non aparecía, por máis que berraba por ela.
-Sabeliña, Sabeliña!
Xa volvía o home resignado para a casa, pensando en xuntar os veciños, e dar unha batida, cando pasou xunto ao curuto do monte, sempre berrando:
-Sabeliña, Sabeliña!
Daquela oíuse unha voz que lle decía:
.-Sabeliña, Sabelón,
fritida está en aceitón.
Volver a lendas ríos
Volver a lendas Miño.